|
|
|
O Galego no proxecto Abalar |
|
Proxecto Abalar.
Menudo reparto!!!!
Ver nova no bloque Carta Xeométrica. |
|
|
|
O kurdo. Unha lingua reprimida polos turcos |
|
 Sechu Sende fixo unha viagem a Turquía e o Turkintán invitado pola Editorial Avesta. Un dos seus libros, Made in Galiza, foi traducido ó Turco e o Kurdo.
Na súa viaxe cóntanos a represión que está a sufrir o Kurdo. Non coñezo perfectamente o caso, pero recórdame algo a historia da nosa lingua.
Ver a súa "Crónica contada cum rotulador"
Entrevista a unha nena Kurda
A lingua de estrela
Conferencia no Kurdistam e Istambul
Artigos relacionados: "A lingua máis dificil"
Mediciña para a lingua. |
|
|
|
Lingua de referencia inicial |
|
 O Parlamento insta á Xunta a converter o galego en lingua xeral de referencia inicial da administración
O Parlamento galego aprobou o día 8 de setembro por unanimidade unha proposición non de lei para promover a filosofía da oferta positiva que sinala o Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG). Deste xeito, os tres grupos con representación parlamentaria, PP, PSOE e BNG, aprobaron a proposta presentada polo BNG na que, textualmente, se di:
O parlamento de Galicia insta ao goberno galego a consolidar na Administración Pública Autonómica e nos organismos e entes dela dependentes o uso do galego como lingua xeral de referencia, tanto a nivel escrito como oral, garantindo, en todo caso, a cooficialidade lingüística establecida na Constitución e no Estatuto de Autonomía de Galicia. En consecuencia, estableceráse o galego como lingua de contacto inicial entre o funcionario e os administrados e administradas nas relacións presenciais e na atención telefónica, sen prexuízo de dereito destes últimos á atención na lingua oficial da súa preferencia?.
Ler nova no bloque da CTNL (Coordenadora de Traballodores de Normalización Lingüística).
Ou no Portal Galego da Lingua
Ver nova na prensa. |
|
|
|
Revista Escolar "Esperpento" |
|
Se queres ver, ou descargar , a revista escolar en cor e en formato dixital podes facelo dende a páxina web do colexio. ou directamente dende AQUÍ.
Póderás ver as páxinas como estas que están nestas imaxes.
|
|
|
|
Paquete de actividades en distintos formatos |
|
Xosé Antón Vicente e os seus compañeiros no CEIP Piñeiriño crearon un paquete de actividades en distintos formatos: powerpoint, lim, árdora, etc.
Na imaxe podedes ver tamén que teñen unha serie de titoriais moi interesantes para poder un practicar e facer algunha actividade.
Entrar para ver as actividades.
Este polifacético compañeiro, está metido en varios proxectos relacionados coas TICS, é un gran propulsor do sofware libre, e entre outras páxinas ten esta chamada Galego para Docentes, con programas para poder baixar, dicionarios, e un montón de cousas máis. |
|
|
|
Marcha Ciclista |
|

Este domingo 6 de xuño a ANPA San Xosé vai celebrar o Día do Medio Ambiente coa realización da VIII MARCHA CICLISTA polas rúas de Pontevedra.
A marcha ciclista iniciarase, no noso colexio, ás 11:00 h e despois da inscripción dos participantes iniciarase a marcha polas rúas de Pontevedra: Xeneral Rubín, Augusto Garcia Sánchez, Eduardo Pondal, Uxío Novo Neira, Xoaquín Costa ... Riestra ... Praza de Galicia ... Xeneral Rubín.
Ó rematar a carreira repolleremos forzas cunha pequena parva para logo seguir a xornada festiva coa actuación do animador Javi Solla. |
|
|
|
Mes de Maio, mes da Lingua |
|
O SNL do Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua ( REAL) organizan " Maio, Mes da Lingua", un programa cheo de actividades arredor da lingua galega que inclúe exposicións, conferencias, cinema, teatro, roteiros, festa da lingua, etc.
Ciclo Cinema |
|
|
|
Voleibol Fase Final |
|

|
|
|
|
Premio Chorima |
|
|
|
|
|
E delito defender o galego? |
|
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra acaba de multar con 500 euros a Queremos Galego por unha concentración que tivo lugar o pasado mes de marzo contra o decreto que prepara a Xunta. "É delituoso defender a lingua?", pregúntase Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización e voceiro da plataforma, que anunciou que recorrerán contra esta sanción "excesiva".
Ler nova en Galicia Hoxe.
Aínda por riba mándanlle a multa en castelán. |
|
|
|
|
|
|