|
|
|
Xogando ó xadrez en liña |
|
Aquí podes xogar ó xadrez en liña. Tedes dous niveis, de iniciación ou pouco profundo. (shallow), e perfeccionamento ou profundo (deep)
Ten conta que ás máquinas están programadas para xogar moi ben, non te desanimes se che gaña, o importante é aprender vendo que moventos ten preparados, neste caso, o teu contrincante.
Hai que clicar dúas veces para mover, a primeira sería marcar a ficha que queres mover, e segundo clicar na cela onde queres pousar. (o número).
|
|
|
|
Castelao en Java Clic |
|

Aproveitando esta efeméride. 60 cabodano, nós deixamos un xogo feito co programa Javaclic, no que poderemos aprender algo máis sobre un dos que se considera pai do Galeguismo: CASTELAO
O xogo, máis ben para os mallores, pódese facer en liña, versión applet (indicado debaixo da imaxe cando entras), ou pódelo baixar, pero para poder facelo desta maneira terías que baixar primeiro o programa Javaclic, que está tamén na ZONA CLIC.
Se tedes algunha dúbida podedes deixalas nos comentarios para poder aclarala.
|
|
|
|
flashfabrica.com |
|
 Na ligazón flashfabrica.com, tes a posibilidade de facer varios xogos curiosos. Entre eles temos varios que che indican a túa idade cerebral, un deles é este learning brain, vén sendo o que tes nesta imaxe, tes recordar a orde dos números que saen de menor a maior clicando nos seus respectivos círculos.
Cando remates, despois de 10 probas, dirache se tes boa ou mala memoria dándoche máis anos ou menos (cerebrais).
O mesmo ocorre con este: Brain Age Test, a diferenza é que aquí tes que saber que signo tes que poñer a unha operación matemática.
Se che gusta o baloncesto tes este: Baskeball Game Nel tes que poñer a forza e o ángulo axeitado para encestar.
Crebacabezas: Scroll Puzzle
Son semellantes ós xogos do "Brain training", da Nintendo. Dende logo, moitos deles, son xogos estimulativos para o noso cerebro, non estaría mal practicalos de cando en vez.
Non esperes máis e xoga un pouco. |
|
|
|
Dereitos Humanos |
|

Actividade, para traballar en liña, pensada para rapaces do terceiro ciclo de primaria (10-12 anos), onde se tratan os Dereitos Humanos. ENTRAR NA ACTIVIDADE |
|
|
|
O Preguntoiro |
|

Podes aprender moito xogando, aquí tes un exemplo, só tes que escoller a resposta correcta. As preguntas son moi variadas, podes escoller entre diferentes temas: Arte, Bioloxía, Etnografía, Historia, Lingua, Literatura, Refráns, Xeografía, ou ben todas xuntas. Podes xogar só ou con outros compañeiros, máximo ata catro. CLICA PARA XOGAR |
|
|
|
O aforcado de San Xoán |
|

O aforcado de San Xoán: Só tes que adiviñar a palabra agochada, dicindo as letras que cres que ten. Tes 5 oportunidades, antes de que queimen o Meco (por cada letra que non estea na palabra, subirá o lume da fogueira). A ligazón para comezar o xogo está abaixo de todo, onde pon CLICA PARA ENTRAR. |
|
|
|
Xogando coa Xeografía |
|
 Debaixo do xogo atoparedes sempre a pestana que vos leva á Máis Mapas Interactivos.
Tedes a posibilidade de facelo en diferentes linguas.
|
|
|
|
|
|
|
|