Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Camelia en Campolongo. 2010


Ver tódalas fotos na páxina web do cole.
Comentarios (1) - Categoría: Celebracións - Publicado o 19-03-2010 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Rosalía de Castro

A Asociación de Escritores en Lingua Galega fixo un manifesto conxunto nos actos conmemorativos do 173 aniversario do nacemento da autora de "Follas novas" celebrados simultáneamente en Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo.
Novelistas e poetas como Agustín Fernández Paz, Marta Dacosta y Álvarez Cáccamo e María, en Vigo, e Manuel Rivas, Marilar Aleixandre, Mercedes Queixas e Luis Rei Núñez, notras ciudades, leron o manifiesto que centraron os actos organizados nestas seis cidade.


MANIFESTO


"Nestes días para nós escuros, Rosalía, lembrámoste unha e outra vez. Os nosos ollos percorren infatigábeis os teus versos, de onte a hoxe, e a memoria rescata da súa entraña retallos de poemas que palpitan nas nosas veas e percorren o noso corpo todo. E preguntámonos se este frío imposíbel que se instala na nosa pel é o mesmo frío que ti sentiches ante os que teñen fama de honrados na vila, aqueles que, amparados hoxe no mandato estatutario que lles foi outorgado para promoveren a cultura galega e a defenderen fronte ás agresións, utilízano contra todo o que ti significas, minusvalorando a herdanza túa e todo o que de noso achan ao seu paso aqueles que non entenden non todo o que somos e o que significamos.
...
Os que hoxe nos negan, como a ti te negaron ao longo de tanto tempo, son da estirpe dos que te alcumaron de chorona, mixiriqueira e trastornada por sombras de incerteza, dos que ocultaron o xenio do teu verso construíndoche unha imaxe distorsionada para afastarnos da exactitude das túas palabras, co único obxectivo de impediren que o teu verbo incendiase a nosa vontade e a luz dos teus versos abrise ventás de claridade no noso coñecemento. Deformábante para ocultarte, mentían, como nos seguen a mentir hoxe para destruíren a nosa cerna e esborrallaren a espiral de conciencia que ti iniciaches un día, con ese atrevemento histórico que foi un verdadeiro contrato de xustiza co pobo de noso e co futuro.?

O bloque en Inglés
Comentarios (2) - Categoría: Celebracións - Publicado o 26-02-2010 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Historia do Loro Ravachol
De Entroido na rúa
Corría o ano 1880 cando o farmacéutico Perfecto Feijoo voltou de Madrid tras tres anos de prácticas, e decidiu adquirir a botica da rúa Peregrina. A rebotica convertiuse de seguido nun importante punto de tertulia, onde asistirían persoeiros coma Emilia Pardo Bazán, Eugenio Montero Ríos, Práxedes Mateo Sagasta, Pablo Iglesias,ou Miguel de Unamuno. Mantivo unha intensa actividade cultural, sobre todo no eido da música tradicional galega.

O loro Ravachol (bautizado co nome do anarquista francés Ravachol), mascota de Perfecto Feijoo, era moi apreciado na cidade polos seus afamados dialogos e expresións, non sempre correctas, pois era mal falado. Tiña unha chea de frases e expresións, algunhas coma ?se collo a vara?, ?aquí non se fía?, ?vaite de aí, lambón?.
A prensa pontevedresa do 27 de xaneiro de 1913 (en especial El Diario de Pontevedra e La Correspondencia Gallega) faise eco do falecemento o día anterior do loro Ravachol. A morte de tan ilustre persoeiro provoca na sociedade pontevedresa unha profunda sensación de pesar que, unida ao xúbilo propio do tempo carnavalesco, vivido na ciudad sen actos de relevancia, induce a honralo tal como se merecía, organizando un prolongado velorio, os primeros días na botica e despois no local da Sociedad Recreo de Artesanos, e un enterro por todo o alto. Finalmente foi soterrado nunha finca que o boticario tiña en Marcón.

É partir do ano 1985 cando se recupera a súa memoria, organizándose unha incineración da súa efixie para o venres da semana de Entroido. E o venres 19 de febreiro tocou chorar pola morte do loro de máis sona do noso país. Mañá de día de loito. Morreu o loro Ravachol. Choremos todos xuntos
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 19-02-2010 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Dia 21 de febreiro



Que é o Día Internacional da Lingua Materna?_É unha conmemoración que se celebra o 21 de febreiro de cada ano, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999, co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Que son as linguas?_Segundo sinala a ONU, "as linguas son o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da nosa herdanza cultural". Deste xeito, toda iniciativa para promover a difusión das linguas maternas servirá para incentivar a diversidade lingüística e "crear maior conciencia sobre as tradicións lingüísticas e culturais do mundo e mais inspirar a solidariedade baseada no entendemento, na tolerancia e no diálogo".


As propostas para o Día Internacional da Lingua Materna son:

1. Educa no respecto a todas as linguas

2. Transmite o valor da diversidade

3. Cultiva as linguas con menos falantes

4. Fomenta a aprendizaxe de linguas

5. Perde o medo a equivocarte

6. Déixalles aos teus fillos unha herdanza valiosa

7. Acolle as outras linguas que te rodean

8. Non lle peches a ninguén as portas da túa lingua

9. Practica o ecoturismo lingüístico

10. Fala tamén para os que están preto



Ver máis na páxina da Xunta.

A nova en
Galaxia.


Artigo relacionado. Vitalidade das linguas
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 19-02-2010 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido na rúa en Pontevera
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 15-02-2010 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Entroido na escola

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 14-02-2010 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Frases célebres sobre a Paz
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 31-01-2010 23:25
# Ligazón permanente a este artigo
O valor dunha sinatura


Para este día da paz, nós deixamos este vídeo para valorar os comprisos, unha simple sinatura pode salvar moitas vidas, ou traer moita paz, ou que muden as cousas..
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 28-01-2010 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Día da paz
A canción da paz deste curso



Irmaus (Celso Emilio Ferreiro)

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 21-01-2010 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Felices Festas



Comentarios (2) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-12-2009 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0