Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os xogos populares no Magosto


Hai outros dous vídeos posto na páxina web do colexio, un que é a primeira parte dos xogos, xunto co asado de castañas, e outro que é a actuación dos Alegres.

Ver fotos de todo o Magosto

Organización dos xogos:

1- Zancos (1ºB)) 2- Zorregada (1ºA) 3- Arrastralo morto (1ºC) 4- Pano (1ºD) 5- Pelete (2ºA) 6- Corda (2ºB) 7- Saltar á goma (2ºC) 8- Chapas (3ºA) 9- Sacos (3ºB) 10- Aros (3ºC) 11- Apaña Castañas (4ºA) 12- Bolos (4ºB) 13- Trompo/Comecastañas 14- Petanca 15- Pelouros (5ºB) 16- Tres en raia (5ºC)


Cada 10 minutos cambio de estación.

Plano dos xogos:

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-11-2010 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
As nosas cabazas no Samaín 2010
Aqui temos algunhas das nosas cabazas. Se queres ver algún vídeo ou saber máis sobre o Samaín, clica na ligazón: Samaín 2010

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 31-10-2010 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Curiosidades do Porco


Nomes e tipos de porco.

A lenda do Porco de San Antón.

A matanza do porco.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 29-10-2010 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín 2010

A antiga festividade céltica do Samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abríanse as portas entre este mundo e o máis aló, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.


As nosas cabazas neste curso 2010-11.

Ver artigo do curso pasado para ampliar información. Atoparás algo da historia, ...

Ver documento coa historia, lenda, crenzas erróneas, ....

Facer actividades.

Aquí deixamos a canción do Samaín do Grupo Musical Mamá Cabra. e un vídeo feito con cabazas no día da festa. Ver Letra da Canción.






Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 21-10-2010 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Celebracións para ano 2011

Ano Internacional dos Bosques

Os Segredos dás árbores.

Estamos a celebrar no 2010 o Ano Internacional da Astronomía.

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 04-10-2010 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Alexandre Bóveda
A nosa homenaxe aun dos mártires galeguistas no aniversario da súa morte. O seu fusilamento foi un 17 de agosto no monte da Caeira, en Pontevedra.




Alexandre Bóveda conseguiu que 0 80 % dos concellos asinaran o estatuto.

Ler máis.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 17-08-2010 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Lendas da Noite de San Xoán

Intimamente vinculadas ás festas pagás do son do solsticio de verán, a noite e a mañá do día de San Xoán están poboadas de lendas, de sortilexios, de encantamentos e de supersticións, toleradas, admitidas e celebradas polo mundo cristián, cativado pola súa beleza e o seu sentido simbólico. Damos dalgunhas delas unha breve síntese:

VÉSPERAS:

Baila, nena; baila nena;
Baila, nena, e ti galán
Pasade esta noite alegre,
Que é a noite de San Xoán.

Antes da posta de sol da tarde de San Xoán, o mozo ofrecerá á noiva namorada un feixe de plantas olorosas e de pétalos de flores: anís, romeu, o tomiño e, e rosas e caraveis, e flores de maceira, de pereiro e de pexegueiro, xunto con ramas de silveira. A ofrenda floral será colocada pola doncela agasallada ao lado de fóra da porta da súa casa e teraa alí ata a saída do sol da mañá do día de San Pedro. E as herbas terán extraordinarias virtudes taumatúrxicas no amor, nas viaxes e nos negocios, e serán marabillosos conxuros contra os meigallos, mal de ollo e os aires cativos? de mortos ou vivos, excomungados ou malos cristiáns.


LUME:

As cacharelas foron acendidas ás doce en punto da noite o día de San Xoán. Por sobre as súas labaradas, saltan en albas nove veces seguidas os mozos do lugar. O brincador dirá, seguidas as nove veces:

Eu sálvote alumada de San Xoán; para que non me morda cadela nin can...?

E segundo os agoireiros respecto diso, non será mordido no corpo nin no espírito, por ningunha clase de bichos e feras, bípedes ou cuadrúpedes.


DANZA:

Ao redor da fogueira nace a Danza Prima, nas altas terras asturianas, acompañada da ancestral letriña:

Señor San Xoán, señor San Xoán;
Na fogueira xa non hai que queimar.
¡Viva a danza e os que nela están!
¡Señor San Xoán!

Danza de homenaxe ao lume, baixo o dosel das tremelucentes constelacións, esa noite especialmente rutilantes.


AUGA E FLORES:

Nunha bacía de barro sen estrear, recóllese auga de nove mananciais antes da saída do sol da mañá de San Xoán; e bótanse nela nove flores, de xardín cultivado ou de campo rústico. Cada flor representará un desexo, unha esperanza, unha ilusión de quen as recolleu. As flores estarán nove días, con nove noites, na auga das nove fontes, e segundo as que conserven o seu perfume, a súa frescura e a súa beleza, así será o número de desexos cumpridos para quen as recolleu e cumpriu o mandato lendario.


A GALIÑA E Os seus POLOS DE OURO:

Entre as doce da noite de San Xoán e as doce da súa mañá, aparecerá en nove fontes, situadas a nove leguas á redonda, unha galiña nova con nove polos, todos de ouro. Pero este áureo e raro prodixio só pode ser visto por nove doncelas, en estado de absoluta xuventude. E en canto a poder atrapar algún dos pitos, é milagre reservado, unicamente ás destinadas a virxindade permanente. Por iso son moi poucas as nenas que se dedican a coller o polo de ouro.


MOCIDADE, DIVINO TESOURO:

Ao fío da alborada, cando xa empezan a declinar as labaradas da gran fogueira, as raparigas retíranse discretamente. E os mozos, discretos tamén, quedan ao amor dos últimos rescaldos. Elas vanse á beira dos ríos nos seus máis recolleitos recantos, ás praias menos frecuentadas, en busca do milagre da Fonte de Xuvencia.

Enteiramente espidas, recibirán nos seus corpos, castos e xuvenís, o bico de nove ondas de auga do mar ou do río, que as conservarán eternamente novos a través de todos os anos da súa vida longa ou curta.


A DANZA DO SOL

Mentres tanto, vai saír o sol, do día de San Xoán sobre unha alborada de luz e de graza. Un sol alegre e bailarín, agradecido pola ofrenda que lle renden as criaturas a quen sustenta coa súa calor paternal. E a forza de ser día de danza, baila tamén o sol:

Fuches a Vilagarcía,
fuches e non fuches nada,
non viches bailar ao sol
sobre unha aurora encarnada...?


MILAGRE E AGOIRO

¡Mañá de San Xoán! Todo está florecido. O cardo, hirsuto e espinudo, foi regado na noite cunha pinga de rocío; a higuera, condenada pola maldición bíblica e evangélica a non florecer nunca, floreceu tamén ao conxuro do poético e doce milagre. E un agoiro de bendición e bienandanza é o saúdo do día de hoxe:

Que os teus camiños sexan iluminados e florecidos, como unha mañá de San Xoán..


Sacado do blogue A.C. Irmáns Suárez Picallo.

Máis no Terzo da Fala.

No vídeo podes ver unha Lumeirada en Riazor. Centos de cacharelas na praia.

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-06-2010 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Herbas de San Xoán.




Diferentes herbas, aromáticas ou non, e flores recollidas a véspera de San Xoan, posúen tamén propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solstico e do verán e mais pola forza do orballo desta noite. Resulta difícil establece-la lista das herbas que se han considerar como herbas de San Xoán, xa que se comproba unha gran variabilidade ó longo de Galicia. Si que se adoita da-la cifra de sete herbas diferentes [7].
Romeu, unha das herbas de San Xoán.

Taboada Chivite recolle unha longa relación entre a que extraémo-las seguintes: a dedaleira, o fiúncho, o codeso, o fento macho, o trobisco, a espadana, a malveira, a artemisa, o romeu, a matricaria, a sempreviva, a herba luísa, a roseira, ou follas de nogueira, de bieiteiro, de ameneiro ou de carballo.

Hai que deixar estas plantas e flores nunha talla con auga á intemperie durante a noite, e lavarse con elas na mañá seguinte; nalgures este lavado ha facerse mirando ó Oriente, para recibi-las primeiras raiolas do sol. Deste xeito búscase curar e previr enfermidades cutáneas e rexuvenece-la pel.

Tamén existe a crenza de que protexen a casa contra as meigas (que nesta noite andan especialmente libres polas rúas), colocando ramallos de flores nas portas e ventás. Esta propiedade protectora consérvana durante o resto do ano: hai que seca-las herbas de San Xoán e dependularas logo nalgún lugar da casa para evita-la entrada das meigas.

Eladio Rodríguez recolle a presenza destas herbas e flores nos mercados: "plantas odoríferas, que se recogen en el campo, generalmente la antevíspera de la noche de San Juan, o sea el día 22, para venderlas al siguiente día en los mercados de las ciudades y villas de Galicia". O costume parece manterse na actualidade, e en 1992 a prensa entrevistaba unha vendedora de verduras do mercado de Vilagarcía que nestas datas tamén incluía as herbas.


Ver artigo na wikipedia.

Na páxina Ríos Galegos atoparás outra variante que fala das SETE HERBAS BÁSICAS.

Dedaleira.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-06-2010 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
O Correlingua
O noso centro participou este martes día 11 de maio na Carreira pola Lingua: O Correlingua.

O centro gañador do manifesto foi IES PORTA DA AUGA de RIBADEO.

O LEMA deste ano foi un verso de Uxío Novoneyra: A Forza do Noso Amor.

Nós na pancarta levamos a Mundiño, a nosa mascota de normalización lingüística.

As condicións atmosféricas fixeron que de novo tiveramos que facer esta festa no Recinto Feiral, e non na Ferraría.

Antes de entrar no recinto fixemos "A Carreira" polo paseo das Illas das Esculturas.

Debaixo da foto tedes o manifesto gañador.

De Varias




A nosa proposta é clara, díxonola Manuel Antonio:

?A nosa fala é nosa, pospola a calquera outra é unha forma de suicidio?

Libraremos a batalla se libres quixermos ser

facéndolle honor ao seu lema, evitando o xenocidio.



Feixoo co seu ?Decretazo?

pretende facernos memos

vendéndonos trilingüismo

para evitar o galego



O xogo non será fácil, os adversarios son traidores,

pero temos xuventude,

somos moitos, somos fortes;

xogamos no noso campo e temos por adestradores

a Pondal, a Rosalía, a Daniel e Airas Nunes.



Rompamos as barrreiras,

xa estamos fartos:

Falar queremos galego

como os nosos antepasados



Zoa no ar un tempo de represión.

Mais Galiza, non teñas medo, que te imos defender

?Nunca máis? permitiremos que eses verdugos crueis

amordacen a túa lingua, nos repriman por ser fieis.

Formamos un bo equipo disposto a te protexer.



A vitoria está cantada, o xogo témolo nós.

Xa toca a ?Alba de Gloria? do noso querido Daniel

oxalá que co seu ?Ollo de vidro? el nos estea a ver

e poidamos redimilo do seu destino tan cruel.



Dabondo nos maltrataron

nos anos da Ditadura

á que pretenden regresarnos

vendéndonos inter-cultura.



O inglés, ninguén dubida,

lingua moi útil é,

que sen minguar a nosa propia,

ninguén rexeita aprender.



?Nunca aprenderás a hablar?.

?Hable bien, sea patriota?

?Eso no es un can, que es un perro,

la laverca es una alondra?.

Con esas armas proclamaron a vitoria.

Minguando a nosa estima,

ensumindo a nosa gloria.



O nó que sen atar nos una

é o nó que nós queremos,

o que nos trouxo hoxe aquí:

A defensa do galego



Somos unha xeración

de galegos preparados,

a gramática coñecemos,

da nosa historia sabemos.

Por usar a nosa lingua

quen se atreve a insultarnos?

Se nos deixamos gañar,

non seríamos desleixados?.



O correlingua camiña contigo,

Uxío, do Courel a Compostela

polas terras liberadas,

esas que vós liberastes

coa arma das vosas palabras.



A nosa gran Rosalía xogou no Olimpo moi soa

e por iso foi alcumada como ?a pobriña da tola?.

Semente foi dunha estirpe de poetas emprendedoras

que coa súa lingua tecen a arma máis poderosa.


Mal de linguas din algúns, os que non queren entender

que a multitude de linguas é en si un grande ben

do que goza a humanidade para chegar a comprender

a complexidade do mundo no que lle tocou nacer.

O dito ben dito queda. Xa é a hora da despedida.

Agardamos terche aclarado algunha das túas dúbidas

para que a partir de hoxe na casa, cos amigos e amigas

fales galego por sempre, que o galego tamén liga

Rematamos esta historia

Berrando ben alto e forte

Para que todos nos oian:

?Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil?



Queremos galego na escola!
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 12-05-2010 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Galegas Ilustres
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 09-05-2010 07:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0