Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gloria Sánchez


Este ano no Salón do Libro en Pontevedra homenaxeouse a escritora Gloria Sánchez. Ela, entre outras cousas, fálanos da importancia de prantar unha árbore. Deixamos aquí, unha das súas mandas, dentro desta presentación:

"Teño dúas fillas, dúas ducias de libros publicados e unha árbore nun tarro. As fillas esváenseme entre os dedos a unha velocidade de medo, moito máis rápido que a miña capacidade para asimilar o seu alonxamento, o que fai que por veces renxa e adoeza como as vellas locomotoras. Os libros medran e espállanse, pero sempre regresan traéndome novas e non poucas satisfaccións. Gústame. É o máis parecido a escribir cartas ós Reis Magos e que atendan as túas demandas. Pouco pretenciosas, non se pensen, pero o xusto para ir tirando mentres ando de lea coas dúas paxaras e cunha servidora, que non é pouco. Así vai tomando sentido o dito, un fillo, un libro, unha árbore. En canto a esta última nin me pide nada nin me dá froito. Cativo e ruinzallo, preso no seu cárcere de terra de bolsa de supermercado, o pobre. Pero algún día hei ter un anaco de terra e heille dicir, aí tes, estarrica as túas raíces, dilata os pulmóns e respira. Cun pouco de sorte medrará forte e cumprido aínda que tal vez arrastre algunha doenza que lle impida alumear laranxas. Pero así e todo hei facelo; teño unha débeda con el. Ocuparse dunha árbore é un labor moi serio e eu aínda non o fixen como é debido. Unha árbore humanízanos e confórtanos; a modo, sen pretensións, sen conflictos... Antes que un fillo, antes que un libro, prantade unha árbore. En terra libre, a poder ser.


Gloria Sánchez (Vilagarcía de Arousa, 1958)

Blogue do Salón do Libro
Comentarios (1) - Categoría: Celebracións - Publicado o 13-04-2011 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Congreso X.M. Pintos
CONGRESO PINTOS
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA


Hoxé, mércores día 6 de abril remata o prazo para formalizar a inscrición no Congreso Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra, do 6 ao 8 de abril.

Este congreso conta con 20 horas lectivas recoñecidas como formación para docentes (Consellaría de Educación. Xunta de Galicia) e un crédito de libre configuración para estudantes matriculados nas tres universidades galegas.

A primeira xornada do congreso abrirase coa conferencia da profesora da USC Carme Hermida, e coa inauguración da exposición sobre a figura de Xoán Manuel Pintos no antigo edificio do Café Moderno, sede da obra social de Novacaixagalicia, ás 20,30 horas. Permanecerá aberta ao público do 7 de abril ao 7 de maio de luns a sábados, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 18.00 a 21.00 horas. A mostra abrangue unha infografía de máis de 30 metros de longo e 60 metros cadrados sobre a vida, obra e contexto histórico do autor, fondos orixinais cedidos pola RAG e traballos realizados, a partir do Dicionario de Pintos, por centros escolares de infantil, primaria e secundaria do concello de Pontevedra.

Entre as diferentes actividades programadas dentro do congreso (conferencias, comunicacións, mesas redondas...) destacan un concerto e un roteiro; por unha banda o venres 8 de abril, ás 21.00 horas, terá lugar no auditorio do Pazo da Cultura un concerto de cámara a cargo de Pablo Devigo (gaita) e Brenda Vidal (piano); a seguir, Roi Casal presentará o seu novo disco Maxicamente vello. A entrada será de balde, ata completar o aforo.

Será o sábado 9 de abril ás 16.30 horas cando se realice o Roteiro Xoán Manuel Pintos, que dará a coñecer aos participantes os lugares máis emblemáticos relacionados coa vida e obra do autor en Pontevedra.

Para obter máis información, consultar o programa completo do congreso e formalizar a inscrición pódese consultar a web do Ano Pintos: www.anopintos.pontevedra.eu/congreso.


PROGRAMA DO CONGRESO

Mércores 6 de abril

17:00 - 17:30 Inauguración co Alcalde de Pontevedra

17:30 - 18:45 Xoán Manuel Pintos, a alborada do rexurdimento
Carme Hermida, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela

19:00 - 19:30 Comunicación: A cultura clásica en X.M. Pintos, material dignificador de Galiza
Xosé Abilleira, docente de latín e grego no IES Pazo da Mercé (As Neves)

19:30 - 20:00 Comunicación: Seguimos muiñando co mesmo vocabulario que na época de Xoán Manuel Pintos
Catalina Pazos, Belén Ares, Mª del Puerto Garrido e Ángeles Martín, equipo de Educación Infantil do CEIP San Martiño (Pontevedra)

20:30 - 21:30 Inauguración da exposición
Percorrido guiado por Ana Acuña, docente de filoloxía galega na Universidade de Vigo


Xoves 7


16:00 - 17:00 Unha visión da xustiza no século XIX
Luís Villares, maxistrado e coordinador de Xuíces para a Democracia

17:15 - 18:15 O contexto de Pintos na historia de Pontevedra
Enrique Sotelo Resurrección, arquiveiro do Concello de Pontevedra

18:30 - 19:30 O contexto político e ideolóxico da obra de Xoán Manuel Pintos
Xusto Beramendi, docente de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela

19:45 - 20:45 O contexto de Pintos na historia social de Galiza
Xosé Ramón Barreiro, historiador e presidente da Real Academia Galega dende 2001 ata 2009



Venres 8

16:00 - 16:30 Comunicación: Pintos contra Rosalía?
António Gil, membro numerario da Academia Galega da Língua Portuguesa

16:30 - 17:00 Comunicación: As achegas literarias de Pintos
Anxo Angueira, docente de filoloxía galega na Universidade de Vigo

17:15 - 18:15 Contexto literario do século XIX
Francisco Rodríguez, filólogo e investigador

18:30 - 19:30 A obra literaria de Pintos. O corpus
Carme Ríos Panisse, filóloga e investigadora

19:45 ? 20:45 A lingua na obra de Xoán Manuel Pintos
Xosé Xove, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela


Sábado 9

9:00 ? 10:00 Uso oral e cultivo escrito da lingua galega na 1ª metade do século XIX
Ramón Mariño, docente de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela

10:15 ? 11:15 O futuro das linguas
Goretti Sanmartín, directora do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña

11:30 ? 12:30 Xoán M. Pintos e o léxico galego: "recollelo, compolo e arrombalo, e facer un todo enteiro?
Rosario Álvarez, directora do Instituto da Lingua Galega e académica numeraria da Real Academia Galega

12:45 ? 14:15 Mesa redonda. Os dereitos lingüísticos
Coordina:
Pilar Freitas, docente de lingua e literatura galega
Interveñen:
Carlos Varela, fiscal superior de Galicia
Xosé Xoán Barreiro, presidente da sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra
Alba Nogueira, docente de dereito administrativo na Universidade de Santiago de Compostela

14:30 ? 16:30 Xantar

16:30 ? 19:00 Roteiro Xoán Manuel Pintos
Visita guiada por Roberto Rivas e explicación da creación do roteiro polos autores Xosé Abilleira e Ana Acuña

19:00 ? 20:15 Xoán Manuel Pintos: notario sociolingüístico, cronista do momento histórico
Pilar García Negro, docente de filoloxía galega na Universidade da Coruña

20:30 Clausura
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 05-04-2011 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Salón do Libro 2011. A mentira
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 03-04-2011 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
Carteis de Lois Pereiro
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 01-04-2011 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
A Camelia 2011


Os días 15, 16, e 17 de marzo celebrouse IX edición da Mostra da Camelia. Este ano levou por título "A Maxia da Camelia"


Aquí temos algúns dos traballos presentados. Como sempre houbo moito nivel e moita participación.

Noraboa a todos.

Artigo Relacionado

Camelia do 2010
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 12-03-2011 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
8 de marzo
Dia Da Muller
View more webinars from Paco.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 08-03-2011 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos para o Entroido

A CGENL está a traballar arreo. Na páxina web dela tedes un montón de recursos para traballar este Entroido.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 27-02-2011 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua Nai


23 de febreiro. Día mundial da lingua materna.
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 22-02-2011 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Recursos sobre Rosalía de Castro
Neste mes, o 24 de febreiro, celébrase o aniversario de nosa poeta por excelencia, Rosalia de Castro. Deixamos aquí unha presentación está feita polo CEIP Alexandre Bóveda , onde hai moitos recursos para quen os precise.



Dentro da presentación atoparedes, entre outras, varias ligazóns de Rosalía na rede, unha das máis interesantes é a seguinte:

O blogue da poesía de Rosalía de Castro


Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 20-02-2011 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Manuel Pintos


Máis sobre Pintos (Vocabulario ...)
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 14-02-2011 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0