Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

12 de outubro - Seminario de Estudos Galegos

O 12 de outubro de 1923 estudantes e profesores da Universidade de Santiago de Compostela fundan na casa de Rosalía de Castro en Ortoño o Seminario de Estudos Galegos. O Seminario, co obxectivo de elevar o nivel da nosa cultura e equiparala ás demais culturas europeas, estruturouse en varias seccións dirixidas por cadanseu coordinador: Filoloxía, Arte e Letras, Etnografía, Historia, Prehistoria, Xeografía, Historia da Arte, Historia da Literatura, Pedagoxía, Ciencias Aplicadas, Ciencias Naturais e Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. O Seminario financiouse con achegas de particulares, colaboracións de organismos públicos, e unha vez máis, polas achegas da comunidade de emigrantes galegos en Bos Aires. As súas creacións son publicadas en diferentes medios, maiormente polo propio Seminario na Editorial Nós de Ánxel Casal, máis tamén na prensa afín ao galeguismo naquela altura, como a revista Nós, o Boletín da Real Academia Galega, o xornal Galicia e El Pueblo Gallego. O Seminario iniciaría estudos en campos en que apenas había nada até ese momento, como o da matemática, a química, a astronomía ou a economía. Unha empresa xigantesca coa que acabaría, de xeito dramático, o golpe de estado de xullo do 36.

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 12-10-2021 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Dia da Ciencia en Galicia - 8 de outubro
JimenaA homenaxeada este ano 2021 no Día da Ciencia en Galicia  (8 de outbro) foi a xenetista Jimena García de la Vega. Xunto coa súa irmá Elisa formaron parte das primeiras mulleres en ser licenciadas na facultade de Medicina en Santiago de Compostela.

Podes facer este Brincaletras para saber un pouco máis sobre ela e a súa familia.


Ver biografía
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 11-10-2021 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
Día Europeo das Linguas


Día Europeo das Linguas

Convencidos de que a diversidade lingüística é unha ferramenta para lograr unha maior comprensión intercultural e un elemento importantísimo na rica herdanza cultural do noso continente, o Consello de Europa promove o plurilingüismo para a preservación e promoción da diversidade lingüística europea.
Con motivo desta xornada, organízanse unha serie de eventos: actividades e programas de televisión e radio para escolares e adultos, clases de idiomas e conferencias.

Descargar materiais para traballar

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 25-09-2011 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de San Xoan
Noite de San Xoan


Índice


1 A noite de San Xoán en Galicia
1.1 As fogueiras de San Xoán
1.2 A auga
1.3 As herbas de San Xoán
1.4 Sortilexios
1.5 O sol no día de San Xoán
1.6 Inversión da orde cotiá
2 Notas
3 Véxase tamén
3.1 Outros artigos
3.2 Bibliografía



Artigos relacionados:

As chacharelas

Cacharela

As herbas e os cachos


Refráns sanxoaneiros
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-06-2011 07:12
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro - Cartaces
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 24-05-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Correlingua Pontevedra 2011
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 10-05-2011 23:55
# Ligazón permanente a este artigo
O Maio na escola


Artigos relacionados

Maios na Praza da Ferraría

O Maio na víspera da Festa
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 04-05-2011 00:00
# Ligazón permanente a este artigo
Maios 2011-Día da Festa na Ferraría




Artigo Relacionado:

Maios 2011- Víspera da Festa

O Maio na escola.

Letra do noso Maio, CEIP Campolongo e algo da historia dos Maios
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 01-05-2011 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Maios 2011-Víspera da Festa










Artigo relacionado:

Letra dos Maios

O Maio na Escola
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 01-05-2011 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa dos Maios e as nosas coplas


Arriba tes un resumo da tradicional Festa dos Maios en diferentes zonas da Galiza. Logo temos a letra do noso Maio (2011), que, entre outras cousas, tamén fala da lingua. Clicando podes ver todas ás coplas, ou senón debaixo tes as que fan referencia a lingua, aínda que a primeira copla ten unha pequena variación.



Somos un e máis de dous
somos miles pola lingua
somos moitos pelexando
para que non sofra mingua.

Moitos séculos escuros
coa Lingua esquecida
resistindo da aldraxe
a que estivo sometida.

Grazas á oralidade
o galego segue vivo
coas tonadas e cantigas
foise abrindo camiño.

Os que desprezan a Lingua
da terra onde naceron
xa semellan renegados
ou o xuízo perderon.

Galegos amade a Lingua
porque é o noso tesouro
agarimo dos que falan
coa palabra dun pobo.



Ver cantigas sobre a lingua do ano pasado
.

Máis sobre os maios






Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 28-04-2011 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0