Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Joan Baez cantando en Galego
Joan Baez, norteamericana, polas nosas terras e tamén cantando en galego.

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 22-03-2010 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
Buratos
Primeiro videoclip extraído do 7º disco de Ruxe-Ruxe, "Na fura de diante" (que estará á venda o día 6 de marzo), realizado co tema Buratos.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 21-02-2010 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Música nas Gabarras
Na bitácora das GABARRAS, atopamos este artigo onde recolle ligazóns de música galega dos últimos tempos.
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 21-02-2010 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia. Os Carunchos
No Festival da Lingua en Pontevedra organizado pola Plataforma Queremos Galego, actuaron tamén Os Carunchos, xunto con Quenpallou, Tear da LLebra, Aid, Carlos Yus,.. Entre todos fixeron unha auténtica Festa pola Lingua.
Nun disco ds Carunchos, está unha poesía feita canción, "Galicia", de , de Manuel María Fernández Teixeiro, que deixamos nun destes vídeos.
Xunto a este está tamén o remate da festa en Pontevedra.





?GALICIA?

Galicia docemente
esta ollando ó mar:
¡ten vales e montañas
e terras para labrar ¡

Ten portos mariñeiros,
cidades, labregos
¡cargados de traballos
cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
velliña e soñadora
¡na voz da gaita rise
na voz da gaita chora¡

Galicia é o que vemos,
a terra, o mar, o vento
¡Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!

Galicia somos nós
a xente e maila fala
¡se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!


Manuel María Fernández Teixeiro
(?Soños na gaiola?)
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 03-02-2010 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ai non
No Festival da Lingua de Pontevedra a rapera de Vigo, Aida Alonso Iglesias, coñecida artisticamente por Aid, sumouse a colaborar coa plataforma "Queremos Galego", e cantounos unha das súas canción que ten en galego: "Ai non"



Ai non

Ai non, baixo o luar tras esta lúa
paseniño dando pasos soa pola beirarúa, vou ao meu,
hoxe ai brétema e a city ten un ceu de seu, miro ao ceu,
a xente pasa ao meu carón, alleos e automáticos na dirección
seguindo cadanseu senlleiro
levando aquí dende o solpor
espéranos toda unha noite máxica imaxinándoa primeiro
ninguen descansa, aquí todo segue esperto
cando espeta a alborada agora cada vez mais perto
isto convértese no meu leito,
e repito por séptima vez, non teño flow
o que teño é xeito
palpítame este peito
axexando a ría que me veu nacer, todo semella tan perfeito
voo entre xoaniñas
e sen irme de aqui non podo evitar portar tanta morriña

Ai non, unha noite máis nesta cidadeee
pérdemonos entre a densidadeee
son momentos de non esquecer
ven, déixate caer mentres non chega o mencer

E lo? xa non es capaz mirar esta paisaxe na alboraxe?
achache unha mensaxe escrita noutra identidade
abaulloucado e xa almorzando as derradeiras estrelas
que aboian no roxo atmosférico con claridade
hai persoas a mancheas,
rúas onde pódense oir sereas e no mar vense as sereas
e ao lonxe un sereo, cando xa esclarece o ceo
o mesmo sitio coa misma esencia de seu
monumentos que semellan de papel
somos máis do que pintamos, é que temos un aquel...
que, aaaaaai os locais aspiran fume
mentres luces da cidade xa semellan vagalumes
e que hai cousas que non teñen traducción
hai xeitos de falar que din millor o que sentimos
sacando a máis sincera expresión
se puidendo lanzar beixos hoxe lanzo agarimos

Ai non, unha noite máis nesta cidadeee
pérdemonos entre a densidadeee
son momentos de non esquecer
ven, déixate caer mentres non chega o mencer
Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 01-02-2010 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Coa lingua de fóra
No Festival Pola Lingua en Pontevedra actuaron desinteresadamente varios grupos, entre eles, Quempallou. Deixamos aquí unha das cancións coa que nos deleitaron.


Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 26-01-2010 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Cantagalos
Xa rematamos o III Congreso Galego das Escolas Asociadas da UNESCO. Nel fixemos catro obradoiros: Un de Presentacións, outro de Biodiversidade, outro de Yogote e outro de Instrumentos. Este último, o de instrumentos, estivo dirixido por Pablo Carpintero, un verdadeiro artista musical. Ensinounos como facer algúns instrumentos, dos que se facían antes, os que facían os nosos pais ou avós.
No vídeo pódese ver a construción dun deles, o cantagalos ou estraloque.

Pódense ver máis vídeos na páxina do Proxecto Ronsel, da Universidade de Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Música - Publicado o 16-01-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Duo Siqueira Lima
Comentarios (2) - Categoría: Música - Publicado o 26-12-2009 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Música espectacular
Que maravillas se fan neste mundo dixital.

Comentarios (3) - Categoría: Música - Publicado o 03-12-2009 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Danza Hungara con Ocarina
Comentarios (1) - Categoría: Música - Publicado o 03-12-2009 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0