Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

I Jogos San Telmo
O noso colexio participou, este 16 de abril de 2010, nos "I Jogos San Telmo" no Campo do Viso, en Porto, Portugal. (Ver o campo dende google maps).

Os equipos participantes foron:

- Junta de Freguesía de Massarelos.
- Colégio Nossa Senhora de Lourdes.
- Escola Gomes Teixeira.
- CEIP Campolongo

Os xogos que se fixeron foron:

- Futebol de 7.
- O jogo da Mata
- Xadrez
- Estaba previsto facer tamén bádminton pero non se fixo por falta de infraestructura, e por que non tiñamos moito tempo.

O campo era de relva sintética (relva: camada de erva rasteira)

No jogo da mata, o que nós chamamos cemiteiro, eles chámanlle piolho. Como moitos xogos, estes teñen as súas variantes, por exemplo esta, Jogo da mata con tres piolhos.

O almoço (refeiçao do fin da mañá) foi un piquenique (refeiçao ao ar livre, no campo). (Refeiçao: conjunto de alimentos que se toman a certas horas). A organizaçao forneceu, durante os jogos, águas e sumos.

A entrega de premios foi na Freguesia (subdivisäo de um concelho como intuito -obxectivo- administrativo) de Masasarelos (Porto). Ver Fegresías de Portugal.
Antes fixemos un pequeno percorrido no noso "autocarro" por Porto, pola ribeira do Douro, vendo as barcaças, o barco rabelo, o tranvia eléctrico, as grandes bodegas, o casco vello (patrimonio da humanidade), a Ponte de Arrábida, O Palacio da Bolsa, o Palacio de Cristal.

Estaba programado dar un paseo máis longo, pero entre que era tarde e que tivemos un pequeno incidente co autobús, pois non daba subido unha das costas adoquinadas da cidade, pois non puidemos saborear un dos pratos típicos de Porto, a Francesinha. Outro é o famoso "Tripas à moda do Porto".

Tódalas turmas (grupos, equipas) o pasaron moi ben. Tódos eran de 5º agás os nosos que eran de 4º de primaria. Iso notouse nos partidos, pero a pesar diso, trouxemos dúas medallistas en xadrez, Amalia e Lucía Ferrer Doporto, primeiro e terceiro posto. Xa podemos dicir que temos dúas campionas internacionais. Non si? Noraboa a todos, e especial a estas dúas finalistas.

Grazas ó galego puidemos manter unhas relacións comunicativas e de convivencia axeitadas . Notouse, iso si, a falta de oralidade galega para unha mellor e máis rápida comunicación entre os nosos veciñós portugueses.

Se tes algunha dúbida coas palabras portuguesas poden consultar no Dicionario de Portugués (Está tamén nos nosos recomendados)

De Porto_Portugal


Fotos



Vídeo do xogo da mata.

Vídeo Final de Xadrez

Vídeo Xogando "Futebol 7
Comentarios (2) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 17-04-2010 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chirlosmirlos

Gran Enciclopedia sobre os Xogos.

Antón Cortizas: "A Escola debe recuperar o patrimonio do Xogo tradiconal"

Este libro está en moitas bibliotecas escolares, e moitas veces non sabemos deles.
Comentarios (0) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 20-01-2010 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
O trompo
Tamén coñecido como , buxaina, pión, trompa, sevillana. Este trebello está feito en madeira torneada; cun cravo de ferro na súa punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo que sobresae na parte superior (o pirucho, ou cucurucho).

Como xogabamos nós de pequenos?

Un cordel, un trompo (de piñeiro, castaño, laranxo ou buxo), moita destreza e por suposto un trompo de recambio para cando as cousas ían mal, e xa estaba montada a partida. No interior dun círculo debuxado no chan delimitábase o baile do trompo, onde ao final coa inercia das voltas (arranque) este debía saír do círculo para salvarse de ?pringar? no centro, onde sería obxectivo dos demais que intentarían rompelo literalmente falando a base de picadas. Tamén era posible ir polos que se durmían bailando, xa que eran pezas fáciles. O ideal era ter un trompo de buxo cunha boa punta para que tivese moito arranque e pouco baile. Cando un trompo se durmía bailando e quedaba no sitio dicíase: "onde cagha, mexa". Outra expresión típica era cando o trompo bailaba polo revés, entón dicíase que ía de rabela ou de cucurucho, e por suposto tiña que pringar, ademais de ser unha vergoña para o tirador.

Comentarios (7) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 19-11-2009 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Comescastañas

Un xogo moi divertido, onde hai que darlle de comer castañas ó "Comecastañas". Unha variante máis sinxela sería "darlle de comer" polo pucho.

Comentarios (34) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 12-11-2009 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Zoadeira



Artigos relacionados.
Comentarios (5) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 11-11-2009 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Bolas

Comentarios (0) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 11-11-2009 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
Cucaña

Artigo relacionado
Comentarios (11) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 11-11-2009 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
Aros
Comentarios (6) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 11-11-2009 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Goma

Comentarios (2) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 11-11-2009 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Corda

Dentro do extenso abano de variantes que ten este xogo, podemos realizar: ?O reloxo que dá a hora?: os que dan, van dicindo ?Unha vez, unha hora? (todo o mundo terá que saltar unha vez e saír). ?Dúas veces, dúas horas? (todo o mundo terá que saltar dúas veces e saír). Así seguirán ata saltaren seis veces seguidas.?Rei, rei?: xogan tres; dous dan e outro salta. Mentres un está a saltar os dous que teñen que dar cantan: ?Rei, rei, cantos anos durarei?. Vinte e cinco, non o sei. Un, dous, tres, catro,cinco ? O que máis tempo aguante será o gañador.

Outra canción "Unha dole, tele, catole"
Comentarios (12) - Categoría: Xogos populares - Publicado o 11-11-2009 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0