Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
O día 29 de xuño de 2011, na Praza Bouza Brey da cidade de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega erixíu un monumento ao insigne maxistrado D. Fermín Bouza Brey. D. Xosé Luís Franco Grande, académico da R.A.G. e amigo do homenaxeado, foi o encargado de louvar a súa figura nun discurso cheo de emoción e recordos. D. Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, estivo presente no acto e dirixíuse ao público asistente, entre o que se encontraban os fillos do homenaxeado, louvando a figura do insigne polígrafo e xuíz. Tamén D. Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, deixou constancia a través da súa palabra do moito que Galicia lle debe á figura e obra de D. Fermín Bouza Brey. D. Xoaquín Monteagudo, Presidente da Irmandade Xurídica Galega agradeceu a colaboración de todos os que asumiron a proposta da Irmandade e fixeron posible que o monumento sexa xa unha realidade. Dª. Isabel Bouza Alvarez, filla de D. Fermín Bouza Brey, agradeceu en nome da familia o recordo e os actos que a Irmandade Xurídica Galega leva a cabo na honra do seu pai.
Vía este blog, O Falar non ten Cancelas chéganos este vídeo alucinante sobre o orgullo de falar galego e ser galeg@ realizado polo IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas.
Cunha técnica de animación e a colaboración dun membro de Dios k te Crew (García MC)o produto é excelente. Felicitamos o alumnado e profesorado que o fixo posible.
Un supervídeo (lipdub) que fixeron no IES Colmeiro para fomentar o uso do Galego. Lipdub: un vídeo musical rodado nun plano secuencia onde a alumnado, nun divertidísimo playback, mostra o seu centro ao tempo que reivindica a nosa lingua dun xeito lúdico.
Se queres ver uns videos, grabados por xente que quere deixar a súa reflexión sobre os idiomas en Galicia, podes ir a esta páxina: http://eufalo.tv/ e saberás o que se coce por este pais noso, o que pensamos a cerca das linguas e, sobre todo, os prexuízos que seguen imperando con respecto do galego.
O noso cole está integrado na Coordinadora de ENL de Pontevedra, o seu bloque chámase Sarmenteiros. Queres saber de onde ben este nome? Vótalle unha ollada a este vídeo.
Unha nena que vive en Bruxelas coñece xa algo seis idiomas, o que máis lle gusta é o galego, lingua que lle transmite súa nai. Na diáspora, ás veces hai máis sentimento, que na casa.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0