Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vagalumes na escuridade
Un conto de animación á lectura. Dicir que os vagalumes teñen moitas formas de chamarse, aquí atoparás unhas cantas.

"Cada vez que meu irmán e eu liamos un bo libro, acendíase no noso xardín unha luciña: a luz dun vagalume. E como aos dous nos enchía de ledicia a lectura, en pouco tempo o noso xardín veuse asolagado de pequenas luces douradas. Era un auténtico tecido vivente e mesto ? cada talo de herba trocado nunha pequena lapa de lume- o que nos facía moita compañía nas tardiñas e solpores de inverno.
Nin meu irmán nin eu tiñamos a mínima sospeita de que, durante as horas que gozabamos da nosa lectura, se desenvolvese moi preto de nós unha auténtica loita. Endexamais se nos pasou pola imaxinación que os nosos *lucecús, empregando as súas lufadas de luz como únicas armas , estivesen empeñadas en loitar contra a escuridade, que de sempre ameaza con afundir ao mundo.
Primeiro os nosos veciños e axiña o resto dos habitantes da aldea comezaron a amosar estrañeza e a preguntarse por qué tódolos *cagalumes preferían pasar a noite no noso xardín, deixando na escuridade ao resto da aldea.
Por fin, un día, meu irmán reveloulles o noso segredo :
- Somos nós os que atraemos as *lucernas ao noso xardín -dixo- . Facémolo grazas ós libros que lemos.
A continuación expliqueille:
- Todo bo libro é un *luceiro que alumea na escuridade e endexamais se apaga.
Os nosos veciños prestaron atención as nosas palabras e comezaron tamén eles a buscar bos libros.
De alí a pouco tempo, xa se formaba cola para entrar nas bibliotecas da aldea. Vellos e mozos, homes e mulleres pedían libros. Comezara a hora marabillosa da lectura. E mira ti por onde, os xardíns anegáronse de *vellas das papas . Balcóns, corredores e tellados estaban cheos de pequenas luces. As follas das árbores, as liñas das estradas eran brillantes. A torre da igrexa escintilaba na escuridade.
E entón .... Entón a constelación do libro descolgouse do ceo e pousou silandeiramente na praza da nosa aldea.
Era unha agradable constelación , formada por luces delicadas, trémulas, que invitaban aos *vermes da noite. Descendían como tódalas cousas de valor eterno: o amor, a bondade, a identidade, a liberdade, a beleza, a tenrura, a xustiza, e a outros tantos valores que engaden profundidade ás nosas vidas e dan un significado ao noso atropelado paso a través do planeta.
Meu irmán e eu seguiamos sendo entusiastas dos libros. A lectura gustábanos con tolería. Teriamos razón? Que pensa a xente? Sobre todo, que pensas ti?"


Vocabulario:


Asolagado, anegado: Inundado. .
Escintilaba: Emitir intermitentemente raios de luz.
Silandeiramente: Silenciosamente Lufada: Golpe de vento.
Trémulas: Indecisas, con medo. Mesto: Basto, espeso.

Outros sinónimos de vagalume:

* Corcoño, * Vella do caldo,
* Coroceiro, * Vella dos valados

Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 25-11-2009 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Arturo e Clementina
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 23-11-2009 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
As catro velas
Un conto que nos mandou a mestra Victoria:

"Catro velas estábanse consumindo tranquilamente. O ambiente estaba tan silencioso que se podía oír o diálogo entre elas.

A primeira di:

Eu, son a Paz! A pesar da miña luz, as persoas non conseguen manterme acendida.

E diminuíndo a súa chama, apagouse totalmente.

A segunda di:

Eu chámome Fe! Infelizmente son superflua para as persoas. Porque elas non queren saber de Deus, por iso non ten sentido continuar queimándome.

Ao terminar as súas palabras, un vento abateuse sobre ela, e esta apagouse.

En voz baixa e triste a terceira vea manifestouse:

Eu son o Amor! Non teño máis forzas que queimar. As persoas déixanme de lado porque só conseguen manifestarme para elas mesmas; esquécense ata daquelas que están á súa ao redor.

... E tamén se apagou.

De súpeto entrou unha nena e viu as tres velas apagadas. E dixo:

Que é isto? Vostedes deben estar acesas e consumirse ata o final!

Entón, a cuarta vea, falou:

Non teñas medo nena, !En canto eu estea acendida, podemos acender as outras veas!

Entón a nena tomou a vela da ESPERANZA e acendeu as que estaban apagadas.

Que a vela da ESPERANZA nunca se apague dentro de nós".
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 07-11-2009 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0