Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Madia leva!
Madia leva: 'defecto, característica negativa que se lle atribúe a alguén'.

O Gran Dicionario de Xerais recolle as dúas acepcións: madia e madía.

En galego é frecuente, nas aldeas, escoitar a expresión `madia leva! co significado de 'así calquera'. (Disque María vai aprobar todas. -Madia leva!, coa nai que ten).

Como interxección preséntase tamén con acento gráfico: madía leva (levas...)!, madía ten (tes...)!, cos significados de 'xa o creo', 'ten boa sorte', 'home claro!', 'así calquera'. ( ¡O seu neto quéreo moito! -Madía leva!, dálle canto quere ).
Noutros casos esta frase utilízase tamén en contextos no que se queira expresar sorpresa, funcionando no discurso de xeito equivalente a `mi madriña!, manda carallo!, vaites, vaites! (Acabo de mercar un coche. Madia leva! Un Audi) . Existe, ademais, a expresión ´máis vale madia leva que vaia por Deus! co significado de 'non te queixes tanto que puido ser peor'.

ETIM. contracción de mal/mau mal día ou ma día
Artigo relacionado
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 07-12-2009 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Vagalume
Vagalume: insecto coleóptero (Lampyris noctícula) de notable diferenza morfolóxica entre o macho e a femia; esta presenta un apéndice fosforescente na parte inferior dos segmentos abdominais.
Chama moito a atención cando se ve de noite. O que tamén chama a atención é a cantidade de sinónimos ou variantes que hai por toda Galicia. Se ledes o conto, "Vagalumes na escuridade" atoparédelas, intencionadamente, todas as que aquí expoñemos: Corcoño, vella do caldo, coroceiro, vella dos valados, vella das papas, luceiro, vermes da noite, cagalumes, lucernas, lucecús. Haberá algún sinónimo máis?

Cal é o nome que máis vos gusta?


ENTRAR NO CONTO

Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 07-12-2009 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Bicarelo e brelo
Uxío Novo Neira escrebe estas dúas palabras, bicarelo e brelo, nun pequeno poema, "A Branca-Petra do Courel" (Os Eidos), que tamén canta Maite Dono co contrabaixista Baldo Martínez. Podes escoitalos no vídeo.

Bicarelo: Parte máis alta dunha construción ou planta.

Brelo: Póla

NO bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño bicarelo
do bico do brelo.

Comentarios (4) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 06-12-2009 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Dalle de mamar ...
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 28-11-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Refraneiro Galego

Imos propoñer a toda comunidade educativa, mestres, alumnado, pais e nais, unha pequena actividade: Apadriñar, sementar ou rescatar unha palabra, dito, ou un refrán que lles guste. Pódese presentar en diferentes formatos, en verso, en conto, en anécdota, con debuxo, analizándoo/a... Pódese facer aquí mesmo, deixándoo nos comentarios ou ben presentalo/a no colexio.

Eu por exemplo, escoiteille antonte a unha avoa que viña recoller a unha nena: "Neve no mollado, chuvia de contado". Comentábame ela que pola mañá cedo vira moita xeada despois dun día de chuvia, e iso significaba que axiña volvería chover.

Deixamos entes enderezos para quen queira ver os moitos refráns, moitos deles sabios, que ten a nosa terra.

Fraseloloxía na rede. Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Centro Ramón Piñeiro. Numerosas publicacións, entre outras, de ditos e refráns da nosa lingua.

En PDF: 4.400 refráns galegos e as súas equivalencias en castelán.

Fraseoloxía de Trasar de Carballo
.

Bitácora: O Refraneiro.
Comentarios (11) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 20-11-2009 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
Badil e lomedro
Badil: Pa que se emprega para remexer e recoller as brasas da cheminea e dos braseiros.

"Levar co badil nos dedos". "Levar co badil nos lomedros". Saír mal parado dun asunto, saír co rabo entre as pernas.

SIN: pa, paleta, recolledor.

Anécdota da palabra no País


Lomedro: Parte das extremidades inferiores das persoas e das posteriores dos animais que está constituída polo fémur.

SIN: coxa, fémur.

Comproba os significados no dicionario de Ir Indo
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 06-11-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0