Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sofraxe, empeña, virilla
Sofraxe: s m. Parte da perna ou do brazo oposta ao xeonllo ou ao cóbado.

Empeña: s f. Parte superior do pé correspondente ao metatarso.

Virilla: s f.Parte do corpo onde se unen o muslo e o abdome. Éngoa.

Nádega: s f. Masa carnosa da parte inferior e posterior do tronco, entre a coxa e a cintura do corpo humano, constituídas polos glúteos, que serven para a elevación e o sostemento da pelve, a extensión, a abdución e a rotación do fémur e a abdución e a rotación da coxa

Caluga: s f. Parte onde a cabeza queda unida ao pescozo pola parte posterior.

Calcañar: s m. Parte posterior do pé, sobre a que se apoia ao andar.

Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 16-05-2010 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
Verbas do Courel II
Estrelampada, estrelampo: Espazo de tempo curto no que para de chover.

Valumbo: Efecto que fai no peso o moito volume. Vulto de moito tamaño e peso.

Xardois: Xardón, acivro, acevo.

Redroma: Endurecemento arredor dunha ferida ou gran. Follage moi abundante. Moita fondura na terra.

Golforón/Golfarón: Chorro repentino de auga ou de calquera outro líquido que sae abundantemente.

Rebolo:
Carballo pequeno


Verbas do Courel I

Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 09-05-2010 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Verbas do Courel I
Flaira: Póla pequena que xa ten follas.

Loaira: 1.Pequeno espazo de sol entre dúas chuvieiras. 2. Feixe de luz ou de calor que emana dunha fonte luminosa.

Piquelo: Ave da familia dos pícidos, que ten plumas caudais co extremo aguzado e o raque ríxido e que se alimentan de insectos e larvas que extraen das fendas da cortiza das árbores. SIN: Peto, picapau.

Tesos: Cumes das montañas.

Porraquiña: Poza.

Primachorros: Margarida.

Outras: Bicarelo e Brelo

A imaxe foi sacada do xogo lim Uxío Novoneyra

Verbas do Courel II
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 09-05-2010 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Sobrado, Sobrado dos Monxes
De Galego


Sobrado: 1. Planta alta dunha casa de dúas alturas. 2. Piso de madeira; sollado.

Sollar: Cubrir o piso con madeira, lastras, baldosas ou calquera outro pavimento.
Lastra: Peza de pedra que sae da canteira en follas grandes e planas de pouco grosor.

Poñemos esta tres, aínda que a palabra a estudar é a primeira, sobrado. As outras veñen para aclarar os conceptos nas definicións. Ben a conto, a palabra, porque estes días fálase moito na rede de Sobrado dos Monxes, ou máis ben da seu intento de castelanización, seica por un erro de tradución informático, de ?Desván de los Monjes?, por parte do Conselleiro de Cultura. Xunto con esta castelanización foi metida tamén Touro (concello), el dixo Toro. Esta segunda non soa tan grave como a primeira.
O máis grave do Sr Varela non foi equivocarse, senón negar que el dixera tal cousa.

Teño entendido que nun tempo, non fai moito, e seica aínda hoxe en día, hai quen nomea o concello de Sobrado dos Monxes por "Desván de los monjes",ó igual que fai moita xente, por exemplo, con Sanxenxo, e din Sanjenjo. Recordamos que Xenxo en castelán é Ginés.
Poderíase chamar a un sitio alto nos montes desván en castelán? Coido que a tradución tampouco sería a correcta neste caso.

As nosas autoridades, a prensa, etc, debería ter un pouco de coidado e de respecto pola toponimia, un patrimonio de moito valor para todos. E xa sabemos, de momento, é de obrigado cumprimento, non modificar a toponimia.

Nestes tempos de tanto ?equilibrio? e tanta ?cordialiade lingüística? igual nos chafan estes comentarios e permiten chamarlle como lle pete a un, en nome da ?liberdade?. E así, igual dentro de pouco seremos, aparte de pontevedreses, tamén ?puentevedreses?.

Algúns deberían analizar tamén o concepto de libertinaxe, para non confundir o touciño coa velocidade.

Os que queirades ampliar a etimoloxía de Sobrado, continuade lendo a imaxe que segue, sacada do libro ?Toponimia de Galicia? de Fernando Cabeza Quiles.

De
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 20-03-2010 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Colo

En galego para referirnos á parte que une a cabeza co tronco dicimos COLO, ou pescozo, de aí, por metonimia (igual que sucede en castelán ou noutras linguas), dicimos o COLO DA CAMISA; e o que se pon arredor do COLO é o COLAR.

Esta é unha das palabras, que ás veces, depende do contexto, provoca rareza ou incluso risas. "O descoñecemento é moi atrevido".
Despois de ver a orixe e como se di noutras linguas (na imaxe), supoñemos que a palabra non debería resultar tan estraña. Non si?

Coñecedes algunha palabra que vos provocara a mesma sensación que esta?

A palabra vén a conto, e de ahí a saquei, polo artigo que lin no bloque Caderno da Lingua.>Este compañeiro fai a análise explicando a relación que ten este feito coa mentira número 17 do libro "55 mentiras sobre a lingua"
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 21-02-2010 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Andrómena, rangalleira e insepulto
Andrómena:
1. Mentira ou invención fantástica e de carácter burlesco; bouba, loia, trola.
2. Comentario malicioso que pretende difundir unha afirmación sen confirmar.
3. Obxecto ou cousa inútil.
4. Enredos, trampas para enganar ou confundir.
5. Persoa que anda con mentiras ou invencións fantásticas.

Rangalleira:
Aquilo que se desperdicia ou estraga. Calqueira cousa que se estraga.

Insepulto: Que non está enterrado.

A primeira palabra, andrómena, acheina polos artigos de opinión sobre as "Bases do decreto do plurilingüísmo", nun artigo de Barreiro, onde tamén fala do Bálsamo de Fierabrás. Cando fun ó dicionario para comprobar as súas acepcións, tamén atopei que unha das palabras máis buscadas o día anterior fora rangalleira , igual a buscaron unha vez, pero alí estaba como das máís buscadas. Xunto con estas, non sei como, apareceu tamén insepulto. Chamoume a atención que estas palabras rondaran nestas datas, coa manifestación do 21 de xaneiro.

Son moitos os artigos que falan do mal que están feitas estas bases, sen criterios pedagóxicos, sen buscar algún consenso, sen facer discriminación positiva da lingua minorizada, ...

Resumindo, e sementando palabras, con estas tres podemos facer un pequeno comentario que pode expresar o grande sentimento do pobo galego manifestado en moitos artigos de opinión, e por suposto nas últimas, pero non derradeiras, por desgraza, protestas:

"As bases do decreto son unha andrómena matinada por uns poucos, que poden ser, se o son, galegos de carné, pero non de corazón, e que pretenden que a nosa lingua sexa rangalleira.
O 17 de maio, o 18 de outubro e o 21 de xaneiro, son datas históricas que dan esperanza, que dan folgos para seguir loitando, como xa fixeron outros, incluso perdendo a vida, pola supervivencia da nosa lingua.
Con estas bases, semella que queren enterrar viva nosa lingua, nós, por suposto, querémola insepulta. Seguiremos proclamando as Milprimaveras para a nosa lingua que pedía Alvaro Cunqueiro".
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 23-01-2010 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Adaíl
Adaíl: Xefe que guía e dirixe un grupo humano, unha comunidade ou un exército.

Manuel Rivas Barros, ingresou no mes pasado (decembro de 2009),como membro numerario na RAG (Real Academia Galega). No seu discurso de entrada, agradeceu, entre outros, á Academia "o agasallo da súa confianza", que el asegurou recibir como "unha encomenda de responsabilidade e de compromiso na tarefa de defender, cultivar e espallar o idioma, o patrimonio e as expresións culturais de Galicia. Ser adaíl, un máis, na loita do re-existir".


Podríamos dicir que Manolo Rivas é para moit@s, hoxe un adaíl, un referente, que medra día a día, e co súa entrada nesta institución dá un paso máis, pero moi grande, eu diría de xigante, na defensa da nosa cultura e da nosa identidade.

"Un grolo por este adaíl galego"

Máis na Nosa Terra

Máís no Faro de Vigo.

La gaviota que escuchaba a Manolo Rivas.

Fotogalería do discurso de entrada.
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 08-01-2010 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Turbeira
1 s f BOT/XEOL Vexetación propia de medios enchoupados, que se caracteriza pola presenza abundante e exclusiva de brións ou herbas higrófilas.

A planta máis común é o esfagno, que vai cubrindo toda a superficie da turbeira e é o principal formador de turba. A medida que entra en descomposición vai creando sucesivas capas de turba que poden acadar ate 4 m. de grosor.
Nalgunhas zonas son coñecidas estas formacións que tremen, liberan burbullas ou se desprazan sobre a auga como porcas preñadas.

A análise das turbeiras permite coñecer o clima e a influencia humana na natureza durante os últimos cinco mil anos

2 s f XEOL Depósito de turba, orixinado en terreos cuaternarios pantanosos e con climas húmidos.

Turbeiras de Suído ameazadas.

Xogo en liña: Preguntoiro das Mariñas


Comentarios (3) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 13-12-2009 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Arrebolar, rebolo
Arrebolar:

1.- v t Botar abaixo a froita lanzando un rebolo contra as pólas da árbore.

2.- v t Tirar un pau ou outra cousa contra algo ou alguén con forza ou violencia.

3.- v t Ir rodando por un plano inclinado.

4.- Pegar, dar golpes ("arreboloulle un estacazo no lombo")

5.- Xirar ou moverse con movemento oscilante.

6.- Pasarlles a rebola ou rapadoira ás medidas dos cereais para quitar o que sobrepasa do bordo; rapar, rasar, rebolar

SIN: abaloirar, baloirar, escudir, rebolar, varear, varexar, ceibar, guindar, mandar, tirar, apancar, golpear, pegar.


Rebolo:

1.- s m Carballo de tronco pequeno e groso, con follas de cor pálida.

2.- s m Toro dunha árbore co que se fai leña.

3.- s m Pau ou pedra que se lanza contra algo ou alguén, especialmente o pau curto que se tira ás polas dunha árbore para que caia a froita.

4.- s m Pau curto e cilíndrico que se utiliza para rasar medidas, tirando o cugulo (o que sobra); rebola.

5.- s m Persoa grosa e, polo xeral, de pouca estatura. A/de rebolos loc adv Xirando sobre o seu propio corpo.

Arrebolar. Nunha arroutada nun exame
Comentarios (2) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 13-12-2009 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Quiñón
1 - Parte da pesca obtida por un barco que lles corresponde ós mariñeiros.

"Facer un quiñón": cobrar os cartos que lle corresponden a un mariñeiro.

"Ir ó quiñón": embarcar cobrando en partes proporcionais ó que se pesca.

2 - Parte da herdanza que lle corresponde a cada un dos herdeiros.

3 - Parte ou porción que corresponde nunha repartición ("Xa recollín o meu quiñón de verdura")
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 11-12-2009 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0