Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Ciencia en Galego

Somos moitos os que queremos tamén a Ciencia e as Matemáticas en Galego. Na ligazón deste artigo podedes ver moitas das palabras relacionadas coas ciencias, feita por iniciativa dun dos moitos centros educativos que fixeron que o 4 de novembro fora unha xornada reinvidicativa.


Ver toda a presentación.
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 08-11-2010 07:37
# Ligazón permanente a este artigo
Refráns de novembro

Referidos ó San Martiño (11 de novembro):

- Castañas noces e viño fan as delicias de San Martiño.

- Polo San Martiño, trompos ao camiño.

- Polo San Martiño, peóns ao camiño; polo San Amaro, peóns ao faiado.

- No día de San Martiño, abilla o teu viño.

- Auga de San Martiño, come pan e bebe viño.

- Despois de San Martiño vén o inverno de camiño.

- Horta de San Martiño, mantén ao seu dono e máis ao veciño.

- Polo San Martiño, mata o porco e proba o viño.

- O verán de San Martiño son tres días e máis un pouquiño.

- Polo San Martiño, mata o teu porquiño.

- Polo San Martiño, nen fabas nin liño.

- Polo San Martiño, buxainas ó camiño.

- Polo San Martiño di o inverno ¡¡¡¡Alá vou eu!!!!

- Polo San Martiño, deixa a auga, come pan e bebe viño.

- A todo porco lle chega o seu San Martiño.

- O veranciño de San Martiño, ou grande ou pequeniño.

- Polo San Martiño, andan as noces a roliño.

- Polo San Martiño faise o magosto, con castañas asadas e viño ou mosto.

- As castañas que despois de San Martiño quedan no souto, son do moucho.

- Ben boa vida pasa o porco e mais dorme no cortello.

- O que non mata porquiño non ten lacón nin touciño.

- Alegría, alegrote que anda o rabo da porco no pote.

Referidos a San Andrés

- Bendito o mes que comeza con Santos, media con San Uxío e remata con San Andrés.

- Por tódolos Santos, neve nos altos, polo San Andrés, neve nos pés.

- Ditoso mes que empeza en Santos e remata en San Andrés.

- Polo San Andrés colle o porco polo pé.

- Polo Santo André mata o teu parco como o tes

Outros:


- Se novembro empeza ben, nada hai que temer.

- Polo Novembro as noites van crecendo.

- De Santos á Navidá, é inverno de verdá.

- Dende Santos ó Nadal é inverno natural.

- De Santos a Nadal, inverno carnal.

- De Santos á Ascensión non quites o mantón.

- No mes dos mortos, mata os teus porcos.

- Chegan os defuntos e chegan os corvos todos xuntos.

- Por Santos, ainda hai campos verdes e xa hai montes brancos.

- Cando Santos remata, o inverno empeza.


"Polo San Lucas mata o teu porco e baña a túa cuba".

"Polo San Tomé dálle ó porco polo pé".


Refraneiro Galego.

Ver máis en refráns clasificados por meses.

Ferro Ruibal comenta tres destes refráns nun dos programas de Ben Falado.

Comentarios (3) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 03-11-2010 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Lousas con poemas e refráns en galego
Clicando na ligazón tv.vigo.es. podedes ver unha mestura de ditos, refrán, e adiviñas.

Està feito dentro do Proxecto Ronsel, traballando o Patrimonio Inmaterial Galego.

Podedes colaborar poñendo os refráns do vídeo nos comentarios.
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 17-10-2010 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Refráns clasificados por meses en galego
No guión da esquerda, nas categorías, atoparás unha ligazón que te leva a "Refráns, palabras. Sementámolas." Aquí temos moitos refráns clasificados por temas, pero para atopalos clasificados por meses, utilizamos esta ligazón do bloque Milprimaveras, que é un mestre do colexio.


Máis sobre refráns dos meses.


Maís sobre refráns de todo tipo.
Comentarios (1) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 17-10-2010 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Nomes e tipos de porco
Formas de chamarlle ó porco:


* "marrán" ou "marrau" (na forma varietal ourensá).

* "cocho", dito pola zona norte da provincia de Lugo.

* "quiro", "quino", "quiño": forma que se emprega para chamalos.

* "reco", "rengo", "renllo": usada pola zona oriental de Galiza.

* "bácoro", "bacoriño", "chino", "godallo", "rancho": outras formas, quizais menos usadas.

* corricho ou curricho

*raño"


Aparte disto, temos outro tipo de porcos:


"Porco bravo": xabarín.

"Porco mouro" : xabarín nas terras de Pontecaldelas e A Lama.

"Porco teixo": teixugo.

"Porco espiño": ourizo cacho.

Varrionda ou Verrionda: porca que se atopa en cío, máis comunmente coñecido como celo.

Verrón: porco semental. En Asturias tamén lles chaman así. Lembrades o grupo "Los Verrones"?: chamábanse asi precisamente polo verrón.

Ver maís
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 16-10-2010 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Refráns de cogumelos


Na Galiza hai comarcas nas que dende tempos ancestrais se consumíron cogomelos, non eran moitas as variedades que se consumían, pero algunhas eran moi apreciadas. De feito hai pobos onde se gardan os nomes vernáculos, propios de cada zona ou lugar, a si como ditos e cantares, que demostran que para eles os cogomelos eran un manxar.

Sobre o Lactarius deliciosus ( fungo da muña, latouro, e carneira) dise na conca do Sil, o seguinte devandito:

"Sombra de lateiro, fungos da muña non abeiro"

É un acerto, pois á sombra de todo piñeiro novo é fácil atopar devandito cogomelo. O curioso é que agora en galego "lateiro" case ninguén o usa. Cando se consomen os Lactarius deliciosus a micción adoita tomar unha cor avermellada, sinal de que os riles están ben.

Pero por Valdeorras, curándose en saúde e para que non te asustes ao ver os ouriños dise:

"Ollo á mexada, se fungos dá muña, van na empanada".

Outro dito, é:

Cásate con il, si che deixa ou anel.

Córtase o pé, e o corte debe ter a forma dun anel. Se o colocas polo corte sobre a man deixáseche o seu lactes, un anel marcado, e isto é sinal de que é un Lactarius deliciosus comestible.

A Macrolepiota Procera ( Choupin, Cogordo, Palote, Zarrota e ou fungo que máis nomes ten en galego, máis de cincuenta ) é o cogomelo máis popular e o máis buscado tanto en Valdeorras, Trives e O Bolo. Cando se atopa unha cántase.

"Choupín, choupiñeíro, dime ónde está ou teu compañeiro".

"Zarrota, zarroteira, dime ónde está a túa compañeira".

"Vos palotes do rebusco teñen dobre gusto".

Este devandito refírese que logo duns dias da vendima, dábase permiso a quen quixese, a rebuscar as uvas que quedaban nas viñas e se atopabas ademais das uvas "palotes" a satisfacción era dobre.

A Macrolepiota Venenata, coñecida por Santigoso, Solicin e Vales aínda que escasa, pois, non sae todos os, anos, xa polo ano 1953, dicían:

"Sete nun pé choupin malo é".

Cando se trata da Macrolepiota rhacodes, adóitase dicir:

"Choupin torgallo, a tixola con beluga e allo".

Que é unha das moitas formas de preparalos.

Un devandito popular galego e este se que demostra a cultura micologica que se tiña antigamente nesta zona, é:

"Orellos, cuncos e pantorras escaldas pra que non morras".

O nome popular en galego da Helvella Monachela, Helvella sulcata e a Helvella crispa son "orellos", a Sascosphaera coronaria, son os "cuncos", e as Morchelas, son as "pantorras". Isto quere dicir que xa de antigo sabían que a primeira auga destes cogomelos debíase tirar, xa que en cru, son tóxicas.

Un cogomelo que na Galiza micófaga comía e come en cru é a Fistulina hepatica, "figados" cazadores, pastores e o desaparecido carboeiro, cando tiñan sede, a mondaban e en anacos pequenos e ben masticados era un bo remedio.
Deste cogomelo tamén temos recollido un devandito galego:

"Cando as caracochas empezan a pingar vos figados podes atopar.

É certo cando os castiñeiros vellos dan as súas primeiras castañas é fácil atopar a Fistulina hepatica.

Di o campesiño galego, con moita razón:

"Cando fales dos cogumelos fala dous malos e non terás preitos cos aconsellados."

Falar pouco, e mal, si de fungos tes que falar

Vale máis fungo perdido que comido


Fungo regalado con discreción riralo

Cogumelo murciado, xa rexeitado.

Ou que de cogumelos se farta, non lle ten medo a morte.

Ou fungo bo, pronto deixa se selo.

Se queres morrer, a cegas fungos coller.

Dun erro, faise un enterro.

Ou peor do erro e ou enterro.

Moito tes que saber para cogumelos comer.


Comer cogumelos con aprensión fanche dano aínda que sexan bóns.


Temos ditos en galego que están moi ben cando se refiren a algún cogomelo en particular, e a un momento do seu ciclo de vida. O máis normal é que cando se atopa unha Macrolepiota procera (choupin) dise:

"Choupin, choupiñeiro onde esta ou teo compañeiro"


Máis sobre refráns.

Comentarios (1) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 16-10-2010 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Cachela, mega e cemba
cachela=plancha furada para asar as castañas
mega=cesta para apañar castañas e outros froitos secos
cemba=parte elevada dunha montaña ou camiño

"Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña

Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.

Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.

Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.? "

Sacado de apalpador.com
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 16-10-2010 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Vocabulario sobre a vendima
Atopei algunhas palabras recollidas nun precioso bloque chamado "O Refraneiro" sobre a vendima.

ARRENDAR: dar a segunda cava ás viñas.
ATESTAR: tornar a encher as cubas cando merman pola fermentación.
AVINZA: pago en especies: igoala.
BAGO, BAGULLO: grau, uva solta; ácio de moi poucas uvas.
BALDÓN: tapón da parte de arriba das pipas.
BIMA: segunda cava, dise tamén "arrenda" ou "renda".
BIMAR: o mesmo que "arrendar".
CANTEIRO: bancada de pedras ou troncos onde se poñen as pipas pra que non apousen no chan: "combo".
CANTÓN: canto, lugar isolado.
CARREIRAL: carreiro ou paso entre as vides.
CASCALLO: terra abondosa en pedra miúda; "coiñal".
DECRUAR: cavar a terra por primeira vez despois do inverno, para lle tirar a dureza.
EITE!: velaí! Aí está!
ENTENA: panal, favo.
FELTRO: tea basta, sen tramar; por extensión, "bota de feltro".
GALLEIRO: culeiro, cesto para levar as uvas.
INXIRO: enxerto.
PURRELA: viño misturado con auga ou de pouca forza.
RENDA: segunda cava: "bima".
SUCA: suco, rego que fai o arado.

No bloque onde atopei estas palabras tamén podedes ver algunhas sobre a "borracheira", que dende logo non aconsello a ninguén que chegue a estes extremos, pásase moi mal e as veces, moitas veces, remata peor.


Coñecedes vós algunha máis? Pregúntalle ós teus familiares: pais, avós, ... Se che parece engádeos nos comentarios. Grazas.

Artigo relacionado: Refráns de diferentes meses
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 13-10-2010 06:26
# Ligazón permanente a este artigo
Cacharela

Esta noite pasada fixéronse moitas cacharelas.

Comprobar o significado no Dicionario Ir Indo.
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 24-06-2010 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Dedaleira
A dedaleira é unha das plantas que se usan nas Herbas de San Xoán. É unha das palabras que ten máis sinónimos polas nosas terras. Nós por aquí chamámoslle cloque ou estraloque, porque sempre se colleron para facelas estoupar tapándoa ben poa beira que ten aberta, no lombo da man, ou na cabeza de alguén.

Como lle chamas ti na túa zona?

Serías capaz de contar cantos sinónimos hai aquí?

Sinónimos: abelloca, abeloura, abeluria, abrula, abrulla, alcloque, alconoz, alcornoz, alcroque, alcroques, alicroque, babocas, balitroques, baloca, baloco, belicroque, belitroque, belitroques, bilicroque, bilincroques, bilitroque, bilitroques, borleta, borletas, borlete, botexos, boto, burleta, cálzamos, campanelas, chopo, chopo negro, chopos, cloque, cloques, cócalos, cocos, couselo, crocas, croche, croches, croque, cróquele, cróqueles, croquelo, croques, croquetas, croquetes, dixital, estalo, estalón, estalos, estalote, estalotes, estoupallo, estoupallóns, estoupón, estoupona, estoupos, estraladeira, estralante, estralantes, estraleque, estraleques, estralo, estralos, estraloque, estraloques, estralote, estralotes, estrincón, estroleque, estroupallón, farricoque, faxicroques, folla de sapo, herba da cobra, herba de San Xoán, herba dos croqueles, herba dos troques, melicroque, melincroques, melitroque, milicroque, milicroques, militroque, palitroque, palitroques, porretas, quiquiricallo, riquilicroques, sabán, sabanos, san Xoán, san Xoane, san Xuan, sanxoán, sanxoane, sanxoáns, sanxoás, sanxuáns, sapaqueiro, seixoáns, seoane, seoanes, setestralos, soandes, soane, soanes, sovana, tastalás, torques, toupón, trascos, troque, tróqueles, troques, xoanas, xoane.
Comentarios (1) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 24-06-2010 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0