 Jairo 3 anos
Un día dixo Jairo: 'Cando sexa maior, se teño bigote, chamareime Paco'
Carlota 5 anos
Os pais de Carlota fóronse a China de vacacións, así que ela quedou coa súa avoa. Cando volveron, o primeiro que dixo Carlota nada máis velos foi: 'Agora tedes que ter outro neno, e así, na seguinte viaxe, ímonos os tres e o pequeno é o que queda coa avoa'
Hugo 4 anos
Hugo preguntou á súa nai: 'Mamá, como saín da túa barriga?'. E a súa nai respondeulle: 'Pois primeiro saíu a cabeza, despois os ombreiros, logo o corpo e ao final as pernas'. E dixo Hugo, asustado: 'Mamá, pero é que saín esnaquizado?'
Marta 4 anos
Marta oíra falar ao seu irmán maior de que o home viña do mono, así que lle preguntou á súa nai: 'Ti, mamá, cando eras mono.. xa levabas lentes?'
Tomás 6 anos
Un día Tomás preguntoulle á súa nai: 'Se queres ser toureiro, o touro hai que levalo ou cho dan alí?'
Nacho 6 anos
Unha mañá, cando a súa nai o espertou para ir ao cole, díxolle Nacho: 'Non quero ir máis ao colexio. Bórrame'. A nai contestoulle: 'Pero se xa non che podo borrar, tes que ir tódolos días'. Nacho, con cara de asombro, preguntou: 'É que me apuntastes con boli?'
Manuel 3 anos
Na escola infantil á que vai Manuel tamén hai bebés. Un día estaba mirando como un de 10 meses pasaba as páxinas dun conto mentres balbuceaba sen parar, e díxolle á súa profesora: 'Non me gusta nada cando le en inglés'
Alan 3 anos
Alan ía coa súa nai no metro de Barcelona cando subiu un mozo negro.
Alan mirou á súa nai e díxolle emocionado: 'Mira, mamá, quen é?'. A súa nai contestoulle 'Non sei, Alan'. Pero el insistiu: 'Que si, mamá, quen é?'. Alan, ao ver que a súa nai non contestaba, díxolle gritando: '¡¡Mamá!!
¡¡¡Eto'o!!!'
Marta 3 anos
Unha noite, mentres todos durmían, Marta achegouse á cama da súa nai e díxolle: 'Mamá, mamá fixen pipí, pero non tirei da cadea para non espertarte, vale?'
Claudia 4 anos
O pai de Claudia agachouse para atarlle os zapatos, e a nena, ao verlle a coroa sen pelo, exclamou alucinada: '¡Papá, tes carne na cabeza!'
Daniel 5 anos
Daniel estaba demostrándolle á súa nai que xa sabía deletrear palabras, como 'veterinario', así que empezou a dicir: 'B, e, t'. A súa nai corrixiulle: 'Non, Daniel, B non, V'. E o neno respondeu' Si, home, uveterinario vai ser!'
Isaac 4 anos
Isaac ía correndo, tropezou coa súa irmá e tirouna ao chan. A súa nai díxolle: 'Isaac, que lle tes que dicir á túa irmá?'. E Isaac respondeu: 'Que se aparte'
David 5 anos
Un día díxolles ós seus pais: 'E vós, cando eu teña noiva, onde ides vivir?'
Pedro 4 anos
Fai un par de meses decidiron facerlle o carné de identidade, que lle chegou fai un par de semanas. Cando a súa nai llo ensinou a Pedro e díxolle que era o seu carné, el dixo: 'Ai, que ben, agora xa podo conducir'
Xulia 3 anos
Cando a Xulia lle dixeron os seus pais que ía ter un irmanciño, ela dixo: Que ben, pero quen van ser seus pais?
|