Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha das árbores caídas

14 de xaneiro de 2010. ás 02:30 h, máis ou menos, moitas cousas comezaron a voar. A esta continua choiva e frío que estamos a ter este inverno, sumouse un vendaval que fixo historia. Somos moitos os que non recordamos semellante estropicio en Pontevedra por mor do vento e da chuvia; só no noso parque de Campolongo houbo varias árbores caídas, algunha delas de moitos anos e con moito grosor. Non se daba crédito a que isto poidera acontecer aquí.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2010 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Apoia a PUNTOGAL
PuntoGal é unha iniciativa que pretende conseguir para a lingua e a cultura galegas un dominio propio en internet e, a través del, unha maior visibilidade e presenza do pobo galego na rede e no mundo.


A creación do .cat (catalán) en 2005, primeiro e único dominio de tipo cultural recoñecido pola ICANN en todo o mundo, abriu unha porta para as aspiracións do .gal, así como para outras iniciativas semellantes (.eus, .cym, .bzh...). Tres anos despois de que a Fundació puntCAT, entidade sen ánimo de lucro que administra o .cat, xestionase os primeiros dominios, hoxe son xa máis de 36.000 os rexistrados.

Pero para conseguir o .cat foi fundamental a suma de todas as vontades da sociedade civil e empresarial, así como das autoridades catalás. Asociacións culturais, fundacións, empresas, entidades deportivas e persoas a nivel individual sumáronse cunha única voz a un proxecto avalado sen fisuras polas institucións. Agora tócanos facer o mesmo.

Aberta a porta coa concesión do .cat, os galegos e galegas tamén temos dereito a esixir o .gal e, con el, circular por internet coa nosa propia matrícula, indicándolle ao mundo enteiro quen somos.

Entrar na páxina e apoia a PUNTOGAL
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-12-2009 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Os pais non poden escoller a lingua ...
O tribunal supremo desbota que os pais poidan escoller a lingua que estuden os fillos.

A nova en Faro de Vigo. Están interesantes os comentarios do artigo.

A nova en Medrar en Galego

Texto íntegro da sentenza.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-11-2009 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Cine infantil en Pontevedra

Estos días temos cine infantil coa Fundación Meniños na Residencia de Estudantes de Pontevedra (Avda. de Vigo, 21) Infantil . A entrada é GRATUITA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-11-2009 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0