Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Encontros pola Paz
De Cartaces


O XXV ENCONTRO de Educadores/as pola Paz, vai ser a nova cita das educadoras e educadores pola paz de Galicia e Portugal, así como doutras terras de España e outros países que nos adoitan acompañar e, xa está programada.
Será en Allariz-Ourense, unha das cidades na que antes abrollou a semente da paz. Vai ser un Encontro especial, por ser a vixésima quinta edición, logo de organizarse nela os primeiros da man de Xesús (Suso) R. Jares. Seguiremos a afondar nas liñas de traballo encetadas fai 25 anos, mais nos novos escenarios do século XXI, enmarcándoas na actualidade desta temática na nosa comunidade, a través do estudo, creación e intercambio de Alternativas, estratexias e recursos para unha convivencia democrática no marco da Educación para Paz.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2011 07:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Galaico-Irlandes agora en Marzo

O centro neurálxico situarase na carpa de 600m2 que estará instalada nun das mellores contornas da Cidade de Pontevedra: Praza de España. Alí desenvolverase unha actividade diaria e durante catro dias na que terán protagonismo especial a cervexa Guinness, os pratos típicos da gastronomía irlandesa, a música en directo e as casetas de información turística, literatura e merchandising.

No ámbito deportivo o Mareantes RCP recibirá a visita do equipo irlandés Monkstown RFC, fundado en Dublín en 1883 que desprazará a Pontevedra a máis de 50 efectivos entre xogadores e staff para enfrontarse ao club anfitrión e ao Iveco Universidade Vigo RC, recentemente ascendido á División de Honra do Rugby español en senllos partidos que se disputarán na mañá do Sábado 19 de Marzo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-03-2011 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros este sábado dos EDNL
De



Ver nova na páxina da Coordinadora.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-03-2011 08:29
# Ligazón permanente a este artigo
Acto de Inaguración do Ano Xoán Manuel Pintos
A Real Academia Galega (RAG) celebrou, o 22 de xaneiro deste ano, no Teatro Principal de Pontevedra unha sesión extraordinaria para inaugurar os actos conmemorativos do 'Ano Pintos', que organiza o concello da localidade con motivo do bicentenario do seu nacemento.

Durante o acto, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, afirmou que "a vixencia de Pintos é permanente" e cualificoulle de "pedagogo social" pola súa contribución á lingua galega.

Deste xeito, asegurou que a figura de Pintos está "destinada a crecer" e que os actos que se celebren na súa memoria contribuirán a "modificar ideas comúnmente aceptadas da literatura galega" e "tópicos" que el se mostrou partidario de "abolir".

O presidente da RAG explicou que, logo de Frei Martín Sarmiento, Xoán Manuel Pintos "fixo posible a chegada de Murguía e Rosalía ao mundo das letras", e que a literatura "mantéñase viva e floreciente".

No plenario académico interviñeron, ademais, o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, a catedrática de Pontevedra Rosario Álvarez Branco, o historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández e o ensayista Xesús Alonso Montero.

Este último asegurou que "quedan por descubrir moitas páxinas literarias" de Pintos e que "aínda hai que editalo ben". Neste sentido, abogó por "facer unha edición con lupa" da obra de 1853 'A Gaita Galega', argumentando que é "un libro que aínda está de actualidade".

Nós estamos a colaborar coa semana das I Xornadas dos EDNL do Concello de Pontevedra, dedicada este ano a Xosé Manuel Pintos.


Fonte de información

Ver nova na Prensa
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2011 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Polo San Martiño trompos ó camiño
Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón ?tamén coñecido polos nomes de buxaina, bailarete, trompo, sevillana...- pois o refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas..


Mañá, xoves 11 de novembro, en moitos colexios de toda Galicia farase unha tirada xeral do trompo, a hora está posta para as 12,10 h. Este ano a concentración especial farase en Melide. O pregoeiro este ano é Xosé Vázquez Pintor.

Cada ano vai recorrendo un lugar da nosa terra.
Un grolo polo trompo. Saca o teu trompo e faino bailar!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-11-2010 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Danza. Tsadik Katamar
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2010 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Axudas Normalización Lingüística

Ver tódalas axudas
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-04-2010 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Xogade
De Varias

Estas son as actividades solicitudes neste curso no novo modelo de Deporte Escolar, que leva por título "Xogade". Xa temos tres validadas, pendentes de programar as datas por parte das federacións: Loita, Triatlón e Taekwondo. Están pendentes os Xogos Populares, loita Olímpica, a Orientación e o Xadrez.

Os datos dos grupos son orientativos, pois vemos inviable, nalgunhas actividades, que se poidan dar a tódolos grupos se só aceptan 25 por grupo e hora, vindo só unha mañá. Farase a selección por ciclos no caso de ter que escoller.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-03-2010 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
Mapa das linguas
Se queres saber as linguas que hai no mundo co número de parlantes en cada país, podes entrar nesta páxina: MAPA DAS LINGUAS



Aquí na imaxe, por exemplo, temos as linguas de Francia , repartidas do seguinte xeito:

Francés, 175.000.000 parlantes,
Bretón, con 500.000 ,
Occitano con 3.700.000 ,
Francoprovenzal con 200.000.



E as da Península Ibérica:

Galego con 2.500.000,
Asturiano con 450.000,
Vasco con 1.035.000,
Catalán con 9.118.000,
Portugués con 202.000.000,



Outras:

Nas Illas Británicas temos.

Inglés: 970.000.000
Escocés: 2.200.000
Gaélico Irlandés: 940.000
Gaélico Escocés: 66.000
Córnico ...

En Rusia:

Ruso: 255.000.000
Tátaro: 6.000.000
Komi: 349.000
Nenet: 31.300
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-02-2010 08:04
# Ligazón permanente a este artigo
Yogote
Outro dos catro obradoiros que se traballou no 3º Encontro das Escolas Asociadas da Unesco foi a Comunicación Paralela de Xestos Internacionais, coñecido polo nome de YOGOTE.
Na súa páxina web atopáras os signogramas que che indican os movementos que hai que ir facendo para que o noso ouvinte nos poida entender mellor.
Foi unha experiencia curiosa e divertida, os nen@s, en moi pouco tempo aprenderon unhas frases en distintas linguas: italaliano, francés, wolof, turko, árabe,...
Os de infantil e primaria, aprenderon a frase "Os ríos son o fogar de plantas e animais. Cóidaos!", os de secundaria, "O diálogo entre as culturas enriquécenos a todos. Participa!
Deixamos un exemplo da mesma conversa, a primeira en galego, e a segunda en wolof (lingua de Senegal) Galego cos xestos internacionais do Yogote.



O poema de Rosalía de Castro, "Adios ríos, adios fontes" en Yogote.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0