Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Despois dun curso pechado este blogue (Nlcampolongo), e por decidir que hai que seguir traballando e loitando pola normalización da nosa lingua, a pesar da censura que se está a impoñer nestes tempos, continuamos a traballar noutros blogues. Nalgúns non se pode contar todo o que un quixera, pero, de momento, hai outras formas ou medios de facelo.
Saúde a tod@s, e recordade que "Non é máis forte o que golpea, senón o que resiste sen perder a calma".
Dende logo hai algunhas diferenzas en algunhas cousas dependendo do sitio. Unha delas, moi importante, é a do que gaña un camarero polas nosas terras. Dubido que a maioría chegue a este soldo. Non si?
Eu fago unha pregunta maliciosa. Por que en Santiago se puxeron valados case na metade da Praza do Obradoiro? Ver fotos en Galicia Cofidencial.
Deixamos aquí parte do Manifesto:
"Xa estamos fartxs.
Xa non estamos acampadxs. Xa non estamos indignadxs. Xa non estamos asustadxs.
O que estamos é fartxs.
Porque fai seis meses que nos botamos ás prazas para reclamar un cambio, para reclamar os nosos dereitos máis básicos, e despois de medio ano de accións e mobilizacións, as nosas propostas seguen a ser ignoradas. Os nosos argumentos, ridiculizados. As nosas queixas carecen de importancia. As nosas ideas son terxiversadas e manipuladas para serviren de guinda de plans e outras mentiras electorais que seguen sen atacar a raíz do problema. Atónitos, observamos como as cousas cambian? para peor!
Por iso estamos fartxs.
E sen embargo, algo temos que estar a facer ben, algo ten que estar a pasar para que xente de todo o mundo estea na rúa, o mesmo ca nós, polos nosos mesmos motivos, neste mesmo momento.
Hoxe estamos a facer historia. Hoxe é o día no que o planeta ten unha soa voz, unha que reclama un cambio global.
Hoxe é o día no que todo cambia.
Benvidas, benvidos a primeira manifestación global da historia da humanidade! ...
Na páxina da CGENL podes atopar diferentes calendarios que poden ser de utilidade e que podes descargar (están en pdf): anual, mensual, trimestral, temporalizadores ...
O mural da portada foi feito polo alumnado do 2º ciclo medio (3º curso) en homenaxe a Manuel Quiroga. Engadíuselle, facendo unha montaxe, a dous persoeiros que se traballaron neste curso 2010-11, Lois Pereiro e Xoán Manuel Pintos, o primeiro por ser o homenaxeado no Día das Letras Galegas, e o segundo por ser este ano en Pontevedra o Ano Pintos (200 aniversario). Comentar, que tanto Manuel Quiroga como X. M. Pintos son naturais de Pontevedra.
Se queredes facer algunha aportación podedes comentala tamén aquí.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0