O domingo 27 de marzo remata a Exposición de Bonsais que hai na Casa das Campás,preto do Teatro Principal, en Pontevedra.
A arte dos bonsais
orixinouse en China hai uns dous mil anos, como obxecto de culto para os monxes taoístas. Para eles era símbolo de eternidade, a árbore representaba unha ponte entre o divino e o humano, entre o ceo e a terra.
Enterámonos que un dos bonsais que están na exposición, un teixo (Taxus) quedou 2º no Campeonato de España, e o seu valor é impresionante, 65.000 ?. Os que somos da vella escola temos que traducir, e esto equivale a preto de 11.000.000 de pesetas. Calquera compra un "bichiño" destes.
Para os que queiran iniciarse, poden atoparse no mercado por 300 ? , incluso hai que nos fai el mesmo collendo un anaco de tronco con raices polo campo, ou chantando un pola en terra fértil (os que prenden de estaca). O carballo (Quercus) que hai na exposción foi recuperado despois dun incendio.
Por suposto os bonsais necesitan moita dedicación, practicamente hai que regalos a diario e fertilizados cada 15 días, máis ou menos; e por suposto, non deixalos medrar cortándellelas puntas das poliñas acotío, tanto no inverno como no verán, a poda é continua.