|
|
|
Entre Herbas do Ghafos |
|
Entre as Herbas do "Ghafos" |
|
|
|
A amora, ou amoria da silveira |
|
 A amora é o froito da moreira (árbore) e da silveira brava, arbusto espiñento e moi invasivo do xénero Rubus, da familia das rosáceas, e achegado ao framboeseiro. Estas dúas especies, ademais, producen un híbrido orixinal cando se cruzan entre elas, a subespecie denominada Rubus × loganobaccus ou "amora de Logan" (en inglés, loganberry).
" Dizem os entendidos que a amora das silvas é depurativa, contém potássio, fósforo e cálcio. Tem acção diurética e digestiva, além de servir como adstringente quando usada na pele". Alguns componentes destas amoras podem contribuir para prevenir o mal de Alzheimer."
Branca fun cando nacín,
encarnada pra vivir,
e moura me fun quedando,
cando xa ía fuxir.
Unha longa longarela,
ten dentes coma unha serra.
Longa, longa coma a soga
e ten dentes coma a loba.
Ten dentes como unha loba
e pasa o río e non se molla.
A vella adentereda
pasa o río avegorada.
Longa, longarela,
ten dentes e traba
como unha cadela.
Un paxaro que lle gusta moito as amoras: a papuxa das amoras.
Propiedades das amorias. |
|
|
|
Adiviñas dos cogumelos |
|
Que é un cogomelo?
Dicir que algunhas refírense a especies concretas.
A da imaxe di o seguinte:
Redondiña, redondiña,
ten pé e anel, e fariña branquiña.
Ten a cor da moa do muíño
e nunca moeu grao de ningüén.
Redondín, redondín,
como o pè dun xardín:
follas ten, follas ten,
non las conta ninguén.
(O cogordon/cogordo)
Alto pimpín,
redondín, redondín;
follas ten, follas ten
que non llas conta ninguèn.
(O choupano)
?Pingoles, pingoles esta pingando; fungoles, fungoles esta fungando; se pingoles, pingoles non pingara, fungoles, fungales non fungaba?
(A pinga da auga e o fungo)
"Redondiño,redondiño,
como o pé dun borriquiño,
tantas folliñas ten,
que non llas conta ninguén."
(Pleurotus ostreatus)
Unha variante da anterior:
"Redondiña, redondiña,
nace de pé como un fuso.
Follas ten, follas ten,
non llas conta ninguén."
"No teño cabeza,
pero levo sombreiro,
estou, entre outros,
no carballo e no castiñeiro."
As que están no carballo e no castiñeiro, ou preto delas non son velenosas .
Sabedes vós algunha máis?
Artigos relacionados: Refráns de cogomelos.
A maioría da información foi sacada da paxina web
"Valdeorras Natural"
|
|
|
|
|