Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Galego_Lab
Antón Reixa: "Unhas corenta persoas vimos de crear e presentar esta semana galegolab.org. A estas horas outras dez mil xa nos visitaron na rede. Temos en común que aplicamos ao idioma os códigos do amor: a naturalidade e a paixón".

Ver nova na prensa.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 14-06-2010 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
O Galego na Universidade


Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 11-06-2010 06:15
# Ligazón permanente a este artigo
Centenario Carballo Calero
Na páxina web www.carvlhocalero2010.net, creada para commemorar o centenario atopamos este vídeo para coñecer e ver as posturas deste grande lingüísta sobre o galego.



Máis sobre Carvalho Calero.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 08-06-2010 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Volve Ben Falado
O vindeiro luns comeza a emisión dunha nova quenda de capítulos de Ben falado. Trátase da segunda entrega de 230 programas, continuación dos 250 que se emitiron entre o 2008 e o 2009.

Por que se deixou de emitir Ben falado?

Cando remataron os 250 programas o novo Goberno pediume que non parase pero fun eu quen pediu un descanso porque a miña cabeza non daba para máis. Somos un equipo moi pequeno os que facemos o programa, que aínda que na súa fase de emisión dura catro ou cinco minutos, ten moitas horas de traballo.

Teñen todos os programas gravados?

Temos algúns. Agora estamos en fase de despegue. O noso compromiso son 230 programas e imos facelos.

O formato seguirá sendo o mesmo?

Si. Serán programas de catro minutos monotemáticos. Como novidade imos introducir nun principio dúas seccións mensuais. Unha delas situará a lingua galega no contexto das linguas románicas para ver como evolucionaron as verbas do latín ao galego e coñecer como foi esa conversión noutras linguas romances. A outra sección nova, baixo o título Ecoloxía Lingüística Internacional, presentarase como un noticiario no que se darán a coñecer os acontecementos e procesos semellantes de normalización lingüística que se están facendo en todo o mundo para situar o esforzo de normalización lingüística do galego no contexto mundial.

Cal é o obxectivo do programa?

En realidade sempre foi a de dar unha pinga de mel e un pouco de luz na lingua. Hai momentos e situacións nos que a lingua necesita de actividades reivindicativas. Este programa pretende deixar unha sensación agradábel e máis claridade no espectador que nos ve. A través de entrevistas e reportaxes nas que amosamos o esforzo normalizador dun centro escolar ou unha empresa, nas que falamos con persoas que en universidades estranxeiras aprenden o galego e o falan con naturalidade, ou recollemos expresións da nosa fala, queremos que a xente se sinta mellor coa súa lingua. Porque como dicía Uxío Novoneyra, "a lingua é o único sitio onde os mortos seguen vivos". O galego é un patrimonio e nós queremos darlles visibilidade ás emocións relacionadas coa lingua da xente.

A volta de Ben falado á grella de programación da TVG foi a petición público?

É certo que hai unha demanda e que moita xente, cando se deixou de emitir o programa, me preguntou porque paraba. De feito no Facebook creouse un grupo de máis de 1.000 persoas que pedían o programa que, por certo, segue a emitirse nas canles internacionais da TVG e tamén en Correo TV.

O que está claro é que os seus programas son atemporais...

Os temas que tratamos teñen vixencia sempre porque, precisamente é a lingua a que tira por nós. De feito dende a Secretaría Xeral de Política Lingüística enviáronse aos centros de ensino de toda Galiza e a universidades do estranxeiro unha selección de 80 capítulos de Ben Falado que me consta que se usan como material didáctico nas aulas para explicar moitos temas lingüísticos. Isto tamén quere dicir que o galego é un dos elementos máis vivos da nosa cultura.

Falaremos mellor vendo o seu programa?

Non o sei. Descoñezo se co programa a xente vai falar mellor ou vai ter maior interese polo galego. O que descubrín nas gravacións é que a xente das aldeas fálao moi ben e, aínda que non sexa consciente, ten unha maneira literaria de falar porque usa figuras estilísticas e ten unha vontade de estilo. Grazas á xente do rural o galego conserva unha gran riqueza léxica e fraseolóxica. Por iso lles teño moito respecto.

A televisión é un medio eficaz para educar?

Para educar e para deseducar. Agora ben, a Televisión de Galicia é unha das mellores cousas que lle aconteceu á lingua galega nos últimos 1.000 anos pola súa capacidade de difusión e por ter o noso idioma como un feito diferencial. Conseguir que cousiñas tan pequenas como o Ben Falado se sigan diariamente nos cinco continentes ou se garden para usar cos alumnos de galego de todo o mundo é posíbel pola existencia da TVG.


Sacado de A Nos Terra

Artigo relacionado
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 03-06-2010 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
En galego tamén se fai Ciencia

As tres universidades presentan unha campaña para demostrar que a nosa lingua é válida para todos os eidos.
O galego para as letras, o castelán para as ciencias. Erradicar preconceitos e complexos de inferioridade coma este é o eixo central da campaña ?En galego tamén se fai ciencia?. Na iniciativa, coordinada polo Servizo de Normalización da UdC, participan as tres universidades do país.


A iniciativa está nucleada arredor dunha páxina web na que podemos ouvir as experiencias dos nosos científicos, que reivindican (e exercen) un uso normal do galego no seu día a día.

Podes ver un dos vídeos da campaña aquí, ou entrar na páxina creada ex-proceso para este tema: www.engalegotamensefaiciencia.eu





Ver nova en Vieiros
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 31-05-2010 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullosos do galego

Orgullos@s do galego from ENDL Colmeiro on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 23-05-2010 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0