Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Como aínda estamos en Santos, o mes de defuntos, atrévome a recoller e publicar algúns artigos que atopei pola rede. O primeiro en Galicia Dixital:
"Hai poucos días un amigo meu enterrou a seu pai. Trátase dunha familia galegofalante e mesmo comprometida coa defensa do idioma. Ainda que a celebración se realizou nunha vila da costa, donde a totalidade da poboación entende e fala a nosa lingua, non foi posible que a empresa funeraria facilitase o uso do galego nos ritos fúnebres. Non dispoñían de libro para sinaturas, nin de bandas para as coroas, nin de estampas-recordatorio impresas no noso idioma. Por suposto, a misa foi celebrada integramente en castelán ... ler máis
Por xustiza temos que recuperar o que ata agora foi noso e para a xuventude está deixando de ser. Unha cousa é a evolución da lingua e outra é a suplantación polo que ata agora foi unha verdadeira imposición, ou como lle chaman algúns historiadores, "Doma e castración do Reino de Galicia" (e por suposto do galego). Isto que se conta aquí no vídeo foi o que viviu moita xente e por medo a que os seus fillos padeceran a mesma burla deixaron de falarlle a lingua galega ós seus fillos. Aínda hoxe está a acontecer... Quen se atreve a buscar traballo, por exemplo, en Pontevedra, falando galego? Moi poucos. O galego está oculto en moitas casas, pero axiña deixa de ser lingua normal cando se achegan ó colexio, ó medico, ó comercio... Por que seguimos permitindo e alimentando estes prexuizos? Non nos damos conta da deleiba que estamos a facer? Cando estaremos orgullosos de ser galegos...? Dixen galegos, non gallegos...
Isto é un traballo colectivo como povo. Os xudeus foron capaces de recuperar unha lingua que xa estaba morta, seremos nos quen de non deixar morrer unha lingua que aínda está viva e que nos abre a porta con outras culturas: Portugal, Brasil (país emerxente con maís de 300.000.000 habitantes), ....
Hai moitos que semella que non o saben, pero as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, contan na páxina 56 que o término Galiza é tamén unha forma lexítimamene galega, amplamente documentada na época medieval e que foi recuperada no galego contemporáneo.
Un dos que aínda non leron as Normas Ortográficas debeu ser Carlos Negreira, o presidente do PP na Coruña pois anda dicindo que xa que os "Nacionalistas" usan a palabra Galiza, porque non ían eles poder dicir "La Coruña". Que diga o que queira pero que non confunda o touciño coa velocidade pois, de momento, Galiza é legal, porén La Coruña é ilegal porque así o dispón a Lei de Normalización Lingüística.
Con estas porcentaxes nas escolas infantís, co 5 % na prensa, coa prohibición de dar materias en galego .... Como ves ti o futuro?
Non sei se será o caso desta nova gardería, pois aínda ten algo esperanzador ó atreverse a poñerlle Bicos, nós hoxe vendo o que hai nesta cidade vémolo así:
Mentres aquí traducimos a Carolina ó Castelán , para seguir vivindo no esperpento, na India, na Escola María Soliño", cantan "Eu chorei, chorei" en Galego. Menos mal que temos de cando en vez algunha boa nova, aínda que sexa de tan lonxe.
O conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, recoñeceu que a Xunta pretende axudar os medios de comunicación en dificultades pero non vincula axudas co uso do galego. 'Dá igual en que lingua se expresen', dixo no parlamento a preguntas do nacionalista Bieito Lobeira
"Conceden as subvencións para a promoción do galego a publicacións que utilizan de forma abafadora o castelán e mesmo se rin de Galicia e deturpan os seus topónimos", acusou, para denunciar que "o equilibrio lingüístico" da Xunta supón outorgar a "ridícula" cantidade de 60.000 euros a todos os medios que publican integramente en galego e 5.000.000 de euros ao resto."
Destacando a Voz de Galicia con 1,2 millóns de euros cando xa é famoso polo seu ridículo 5% en galego.
Onde está a discriminación positiva para o galego?
O noso centro forma parte da CGENL. (Coordenadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística). E quedamos sorprendidos do escrito que o grupo GB (Galicia Bilingüe) sacou estes días na prensa denunciando bloques e webs dos Equipos de Normalización dos centros. Xa coñecidas como "As listas negras de GB".
Será pura coincidencia que despois de conseguir, uns, ir afundindo ós medios escritos en galego (A Nosa Terra, Vieiros, Chuza, ..., e outros, que pretendan agora criminalizar os bloques dos Equipos de normalización (Agora de dinamización), xa que non foron quen de eliminalos xa neste actual e polémico decreto? Aquí deixamos o comunicado que a CGENL presenta ante tales acusacións. (Primeiro está o comunicado da CGENL e logo a presentación de Galicia Bilingüe)
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0