Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As linguas si contan

O día 21 de febreiro será o día das linguas maternas das diferentes culturas do mundo.

A nosa precisa de coidados reais, non de museo.

Salvemos tamén a Cultura Galega.


Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 17-02-2011 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Hablaba Gallego. Que Bajón!


Bruto, feo, de ignorantes ... Esta foi a educación que recibiu sobre a nosa lingua?

No vídeo podes escoitar todo e máis do que está acontecendo neste país ...

"Los libros estaban en Gallego pero la única que hablaba Gallego era la de Gallego"

Que valores, ou que prexuizos estamos transmitindo?

E cando falas con "moit@s" din que esto pasaba antes e non agora.

Moito hai traballar para cambiar este país!!

Suxestión de actividades para traballar os prexuizos (sacados da Profa)

- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- Compartes algún ou algúns destes prexuízos?
- Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista?
- Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
- Cambiou a imaxe previa que tiñas desta concursante de GH despois de ver o vídeo? En que sentido? Xustifica a túa resposta.
- Cres que poderiamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
- Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?"

Deixamos tamén unha presentación sobre os prexuizos.


Comentarios (3) - Categoría: Galego - Publicado o 14-02-2011 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
A pronuncia da contracción ao
De Galego

Non son poucos os que sen sabelo, seguen a pronunciar mal esta contracción.

E non digan os mal pensados que é un novo cambio de normativa. Esta xa está posta dende o ano 2002. Se un quere saber máis sobre os cambios que houbo en diferentes linguas podedes ler este artigo:

Cambio de Normativa


Descargar en PDF as Normas Ortográficas

Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 09-02-2011 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta despreza a normativa do galego
Se o leite é masculino en Galego, por que a Xunta utiliza o feminino en Gallega 100%?

Se o normativo é dicir DIFERENZA, porque a Xunta utiliza diferencia?

Se queres baixar todo o panfleto cos erros podes facelo dende o blogue de Normalización Lingüística do IES nº 1 do Carballiño
Comentarios (2) - Categoría: Galego - Publicado o 07-02-2011 23:27
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de normativa
Hai uns meses a Real Academia Española publicaba a súa Nueva ortografía (a da ?ye? en troques da ?i griega?). Houbo algún comentario de desacordo, pero moi poucos. E creo que ninguén en Galicia se queixou publicamente de que cambiaban de novo a normativa do español. A mudanza anterior fora recente, do ano 1999 (a da desaparición do ch e do ll como letras do alfabeto) e daquela tampouco lembro que ninguén se queixase. Algo anterior é o cambio precedente, do ano 1959 (o que lle suprimiu o til a fue, jesuita ou Feijoo), que foi previo ao meu nacemento polo que non gardo lembranzas, pero presumo que tampouco xerou grandes protestas.

Agora ben, cando os cambios son na ortografía do galego todo son queixas, escándalos e arrepíos. De feito, moitas persoas teñen a sensación de que os cambios na normativa son continuos, anuais, cando non mensuais. E a xulgar polos laios dalgúns mesmo parece que a ortografía cambia cada cuarto de hora. Cando en realidade as normas que rexen a escrita do galego, que datan do ano 1982, só sufriron un pequeno axuste no ano 1995 e unha reforma necesaria no ano 2002. Unicamente dous cambios nos 30 anos que a nosa ortografía cumprirá o ano que vén! Tanto é? Tanto nos parece?

Porén, non hai queixas cando o cambio é na ortografía do español. E a verdade é que resulta lóxico que non as haxa, xa que é natural que as ortografías muden, dado que tamén cambian as linguas. No caso do portugués os últimos acordos son de 1990, precedidos doutros nos anos 1971, 1931 e 1911. A reforma ortográfica do alemán é do ano 1996. O ruso sufriu unha profunda reforma en 1918 e a súa codificación final data do ano 1956. O turco pasou por un cambio drástico no ano 1928, cando deixou de se escribir con carácteres árabes e adoptou o alfabeto latino. Se as linguas mudan as normas da súa escrita, non é lóxico e normal que no galego tamén ocorra?

É máis, a reforma na normativa do galego do ano 2002 (ben máis cativa do que moitos cren, por certo, todos os cambios caben nun par de páxinas) incluía un valor engadido que case pasou desapercibido e que deberiamos salientar como un fito da maior relevancia para a lingua galega: por primeira vez na historia de noso chegamos a un acordo que nos permite á inmensa maioría compartir unha ortografía única. Velaí un motivo de orgullo que non deberiamos ignorar, velaí de novo un feito positivo que a moitos galegos nos custa percibir.


Ver nova na prensa
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 05-02-2011 17:45
# Ligazón permanente a este artigo
O noso calendario de peto do 2011


Calendario Curso 2011-12


Comentarios (3) - Categoría: Galego - Publicado o 21-12-2010 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
Prensa en Galego


Non sendo moi fácil de atopar todo o que temos nesta presentación, sí hai que dicir que algo hai para poder ler en galego. Algún deles pódese incluso descargar


Ver a nova en "Corverxencia Galega".
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 11-12-2010 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Témoslle lei

"Esta semana comezou por sorpresa na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela unha campaña co obxectivo de incrementar a porcentaxe de docencia en galego. Para a difusión desta campaña utilizánse diversos materiais, así como un vídeo [no interior] no que participan diversas persoas de relevancia na Xustiza galega."


Como diría Ferro Ruibal: Ben Falado! É unha ledicia escoitar a xente da xustiza falando en galego e do galego.

Ver nova completa.

Congreso Pintos
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 26-11-2010 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
A memoria da lingua
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 23-11-2010 08:17
# Ligazón permanente a este artigo
Que falta aquí?
Plataforma Prolingua.

O escritor X. Docampo, e outros, piden que Ciberactuemos ante esta inxustizas.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 22-11-2010 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0