Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Reunión de expertos da CELRM
Neste mes de xullo houbo unha reunión co " Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM)"

Por suposto, como en todo na vida hai distintas versións ou puntos de vista nas cousas. Aquí temos un claro exemplo do que opinan "os políticos" e outra a dos que traballamos nos Equipos de Normalización Lingüística (agora chamados de Dinamización), sobre a situación do galego e das medidas tomadas para potenciar a lingua propia dos galegos.

Nos deixamos as dúas versións, a dos políticos nunha ligazón (na súa plataforma), e a dos equipos (EDNL) neste artigo.

Os Equipos de Normalización Lingüística reúnense co Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) para avaliar a situación da lingua galega no ensino Valentina Formoso, en representación da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), participou na rolda de reunións que o Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) mantivo na tarde de hoxe en Madrid coa administración galega e diferentes institucións e colectivos do ámbito da defensa e promoción da lingua galega.


A Coordinadora Xeral da CGENDL presentoulle ao Comité de Expertos do CELRM un informe crítico sobre a situación actual do idioma no ámbito educativo tras as medidas desgaleguizadoras adoptadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación e Orientación Universitaria.


Valentina Formoso, Coordinadora Xeral da CGENDL, reuniuse co Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), que elaborará o informe sobre a aplicación e o cumprimento da CELRM no Estado español durante o período comprendido entre os anos 2006 e 2010. No decurso da xuntanza, Formoso achegoulles aos membros do Comité de Expertos a análise que o CGENDL fai sobre a situación da lingua galega no ensino durante os últimos anos, así como un dossier informativo para que os representantes europeos poidan seguir polo miúdo a evolución da política lingüística do goberno galego no sistema educativo e na sociedade.


Valentina Formoso expúxolles aos membros da delegación europea, encabezada por Simone Klinge, da Secretaría do Comité de Expertos, a crúa realidade pola que pasa o idioma no ensino tras as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia neste eido:

- eliminación das escolas infantís en galego, nas que se impartía 2⁄3 da docencia na lingua propia de Galicia;

- eliminación das liñas de galego en infantil;

- equiparación de materias impartidas en castelán (lingua hexemónica que non precisa protección) con materias en galego (lingua historicamente minorizada e que precisa protección) nun suposto deseño plurilingüe do sistema;

- eliminación do galego das áreas científico-tecnolóxicas; introdución do inglés como escusa para excluír o galego; incremento progresivo de documentación oficial redactada exclusivamente en castelán;

- redución de libros de texto, materiais e recursos escolares en galego, tamén no marco do Plan Abalar;

- difusión dun discurso prexuizoso contra o uso da lingua galega na sociedade, etc.


Todos estes epígrafes foron debidamente documentados co obxectivo de demostrar o resultado no ensino, e por tanto na sociedade, do activismo desgaleguizador que practica a actual Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellería de Educación e Orientación Universitaria.

Ver nova en EUROPAPRES

Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 18-07-2011 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Castelao e Nós


O venres 30 de maio remata a Exposición "Castelao e Nós".
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 24-05-2011 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Estranxeiros que gostan do Galego


A ver se nos contaxiamos un pouco desta xente.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 12-04-2011 07:38
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición do polifacético Alfonso Castelao


Estes días podedes visitar no noso colexio a Exposición Itinerante que temos de Castelao. Un dos que dicía: "Se aínda somos Galegos é por obra e gracia do idioma."

Debaixo temos un vídeo onde se recollen moitos dos seu traballos:

Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 04-04-2011 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Un euro para o galego 300 para o castelán
Un euro para o galego 300 para o castelán.

Na relación de medios que aparece no DOG non aparecen aqueles que reciben menos de 3000 ?, aínda así, si que podemos ver o reparto de máis de 1.600.000 ?, dos que o grupo da Voz de Galicia levan máis de 630.000 ?,e o Faro de Vigo leva 233.219 ?. Os seguintes en recibiren subvencións son as empresas que editan El Progreso, El Correo Gallego (e Galicia Hoxe), El País, La Región, Diario de Pontevedra, El Ideal Gallego e Radio Popular, todos estes, con máis de 50.000 ? de subvención. Ningún deses medios, agás o Galicia Hoxe, chega ao 4% de información en galego,


Artigo relacionado
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 09-03-2011 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa lingua entre outras
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 06-03-2011 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
Desaparece FLOCOS
Deixan morrer un videoclub "online" gratuito que difundía o cine galego.

Ver nova na prensa, en Público

Venden o cine galego por 300 euros
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 02-03-2011 06:11
# Ligazón permanente a este artigo
Análise do vídeo de Marta, a do Gran Hermano
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 01-03-2011 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
O noso mural

Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 26-02-2011 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
La Coz de Galicia

Normalmente fano case todos. Neste caso temos o periódico máis subvencionado pola Xunta de Galicia para promocionar o Galego, e constantemente non colabora coas actividades que facemos os EDNL nos centros educativos. Nesta nota de prensa temos varias novas feitas no noso centro, unha delas a Exposición de Manuel Quiroga, e outra unha charlas de Alimentación e Saúde relacionada coa Actividade Física. As dúas feitas e programadas en Galego, e á prensa impórtalle "un comino", por non dicir outra cousa. Un pode entender, entre outras cousas, porque xa lle chaman en moitos foros, "La Coz de Galicia" en vez de "A Voz de Galicia". Podemos chamarlle a esto respecto pola lingua? Pois pola subvención millonaria que teñen ben podían facer algo máis. Ti que pensas?
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 23-02-2011 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0