Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O STEG convoca folga para o día 21

Hai varios sindicatos que convocan a folga para o día 21 de xaneiro. O STEG é un deles.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 13-01-2010 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Dario Xoán Cabana
O académico da Real Academia Galega (RAG), Darío Xohán Cabana, asegurou que o galego está «realmente» ameazado de desaparición no borrador de decreto sobre esta lingua no ensino, que considerou como «un paso atrás» na xa «pouca protección» con que contaba este idioma.
«Estase reculando dunha forma moi seria na transmisión do galego, que está realmente ameazado de desaparición», concretou o académico.
Xohán Cabana sostivo que «hai que defender» o decreto que regulaba as cuestións idiomáticas en Galicia xa que, aseverou, «cando menos permitía un nivel, máis ou menos teórico, de igualdade, dentro do ensino, entre o galego e o castelán»
Na súa condición de académico e «cidadán», o escritor lucense quixo remarcar que a presenza do castelán na emisión verbal e escrita dos medios de comunicación favoréceo, sen querer esaxerar, nun 90%».
«Se non se compensa un pouco no ensino, a lingua galega, a nosa lingua, desaparece e iso é a nosa alma como pobo», subliñou.
O académico dixo non entender por que á Xunta «metéuselle na cabeza» que había que modificar o decreto e ademais «cambialo para mal», para dar saída a un novo decreto «de teórica igualdade entre 3 idiomas», indicou.
Aínda que se mostrou partidario do estudo «profundo» do inglés, sostivo que é «un absurdo» pensar que o 33 por cento das clases poderanse impartir neste idioma antes de 30 anos «cando non hai máis dun 5% de profesores que poidan impartir materias en inglés».
«Iso -agregou- é un simple pretexto, un caramelo, pero é unha teoría que non se sostén».
Dixo así mesmo que no borrador hai «cousas tremendas», como o feito de que sexan os pais «quen teñan que deseñar a forma lingüística dun centro»
Na súa opinión, «iso é un disparate que non existe en ningún país do mundo, porque é algo inviable».
Tras considerar que é «unha bobada» que o idioma de escolarización vincúlese á lingua materna, Xohán Cabana sostivo que é «a primeira vez que se dá un paso atrás na protección do galego desde que existe Estatuto de Autonomía», o que lle fixo concluír que o Goberno «ten que rectificar».

A lingua está en perigo de desaparición con este decreto

Dario Xoán Cabana. Académico da RAG.

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 13-01-2010 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado da AS-PG
COMUNICADO DAS BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILLINGÜÍSMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), como entidade que traballa no mundo socioeducativo desde hai máis de trinta anos, perante a divulgación por parte da Xunta de Galicia das "Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia" quere manifestar:

1.- A AS-PG rexeita esta ou calquera outra norma que reste usos e feche espazos para o noso idioma.

2.- Consideramos vixentes as propostas emanadas do actual Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega por canto supoñen un elemento de consenso no proceso de normalización da lingua e porque ademais non foron alcanzados os obxectivos propostos en ningún dos ámbitos de actuación establecidos neste documento, e tampouco no ámbito educativo.

3.- Non nos parecen axeitadas á nosa situación lingüística ningunha das propostas establecidas nas citadas Bases, por canto o futuro decreto pretende sustentarse en falsos argumentos pedagóxicos e de extensión do plurilingüismo, cando todos e todas sabemos que as propostas normalizadoras deben basearse en criterios e fundamentos sociolingüísticos. Neste sentido resulta aínda máis disparatado denominalo decreto de plurilingüismo, cando é obvio que a súa aplicación reduciría o desenvolvemento competencial do alumnado e incidiría negativamente no proceso de normalización.

4.- A concepción da futura norma, deixando ao criterio das familias ou dos centros as materias a se impartiren en cada lingua, non só atenta contra a progresividade na presenza da lingua galega no ensino que debe, por lei, impulsar o goberno autonómico, e que vén esixida ademais pola enorme desigualdade social entre o galego e o castelán, senón que tamén leva a que, na práctica, sexa imposíbel acadar unhas competencias comunicativas en galego parellas ás do castelán, como requiren a LNL e a LOE, se temos en conta que estas bases fomentan a práctica desaparición do galego en infantil
e a residualización nas outras etapas educativas.

5.- Esta proposta racha co modelo consensuado até o presente e abre o rego da segregación e da fractura social, co recoñecemento real de dereitos unicamente para a comunidade lingüística dominante, ao tempo que constitúe unha fonte de conflitos e de desigualdades ao trasladar ás comunidades educativas decisións que lle corresponde tomar á administración educativa.

6.- Finalmente, como entidade integrante da plataforma Queremos Galego, adherímonos á folga convocada para o día 21 de xaneiro e facemos un chamamento a participar nela.

Un saúdo.


PRÉGASE A MAIOR DIFUSIÓN A TODOS OS PROFESORES.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 07-01-2010 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
O gordo
O noso gordo da lotería de reis:

Preguntas sobre as "Bases do novo decreto do galego":


Pódese poñer na mesma balanza galego, castelán e inglés?

Pódese dicir que se segue a promover a lingua propia sacándolle a posibilidade de traballar nela no 50% das materias?

Pódese garantir deste xeito a competencia lingüística en igualdade de condicións nas dúas linguas oficiais ao remate do sistema educativo obrigatorio?

Pódese garantir a liberdade de escolla lingüística cando os nosos fillos e fillas sexan escolarizados en contextos castelán falantes se a súa lingua materna é o galego?

Pódese favorecer a participación dos pais e nais na educación dos fillos obrigándoos a decidir sobre aspectos que atinxen ao currículo, cando debe ser a administración educativa a que tome esas decisións, sen crear conflitos nas propias ANPAS e nos centros?

Pódese garantir a atención individualizada do alumnado que non teña a mesma lingua materna que a maioría do grupo da aula na que estea integrado co mesmo profesorado e sen que haxa discriminación ningunha?

Como se garante o dominio dás dúas linguas ao final do ensino obrigatorio por parte do alumnado se «en todas as áreas» este «poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial dá súa preferencia»?

Pódese
facer ben un país liquidando as súas culturas?


Eu case que prefiría algo de carbón que este pesadelo.

Comentarios (1) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 06-01-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Bases do novo decreto do galego
Xa están publicadas bases para o novo decreto do galego,que se quere aplicar no curso 2010-11. Como era de esperar, a pesar deste momento de festas e lecer escolar, xa houbo algunhas reaccións. Un dos resumos témolo en Vieros:

Moita xente quere o galego. "nlcampolongo"

"Os centros terán que pandar cos conflitos que "creará" o 'decreto Feijoo'".

A cuota do galego baixa do 50% ó 33%

Malestar no mundo do ensino. Entre outros traemos aquí as declaracións de Valentina Formoso, presidenta da (CGENDL): " Nós sempre defendemos que o ensino ten que ser igualitario e non debe haber segregación. Non queda claro se os pais escollen a lingua se se vai producir esa segregación. Ademais, temos dúas linguas oficiais que debe aprender o alumnado, pero as dúas non están en igualdade de condicións. Os estudos demostran que menos do 50% das materias en galego non garante esa igualdade. Por outra banda, defendemos que se aprendan as linguas estranxeiras, pero o inglés non é lingua oficial e non cremos que se aprenda en detrimento do galego. Hai outras formas de mellorar a competencia en linguas estranxeiras. Está demostrado que as comunidades bilingües teñen mellores resultados en inglés: o galego non é problema. Parece un decreto feito dende o descoñecemento da realidade dos centros e parte de decisións políticas e non pedagóxicas. Parécenos irresponsábel que unha decisión que lle compete á Administración se poña nas mans dos pais e dos centros. O decreto parte de falacias. Os pais deben saber que esta é a norma máis regresiva do Estado. De feito, a das Baleares coincide coa que derroga agora o PP.

1ª Análise da CGENL completa.


Marcelino Fernández Mallo: " Trátase a cultura galega como se fose un fenómeno invasor".


Marta Dacosta, nun artigo, comenta entre outras cousas que a Historia de Galiza, poderá ser en Inglés, se o consello escolar así o decide. ??

Anúnciase folga para o día 21 de Xaneiro.

Xosé M. Rodriguez González (mestre de tecnoloxía no IES Colmeiro de Silleda) dinos nunha carta o seguinte:

"Nunha situación inxusta a equidade e a equidistancia é a maior das inxustizas".

Galicia Hoxe: Creará un conflicto social

Tocounos O gordo. Preguntas

Nova no País.

Chegou o 2010.

Comunicado da AS-PG

Humillante proxecto linguístico. Fermín Bouza

Patético. Recolleita de opinións.Alejandro Tobar

A violencia das mentiras.


Paremos o decretazo.


A deriba inconstitucional do centralismo.

L?amnésie de la génese


Lorenzo rechaza cambios no borrador.

O trilingüismo balear e "Non negociaremos con extremistas"

Dario Xoán Cabana. Académico da RAG

El castellano ameazado

Unhas bases con pouco fundamento. Xosé Ruibal

Análise da RAG. (Real Academía Galega)

Recompilación da CTNL. Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística.

Unha parte da igrexa tamén co galego.

Un decreto que impón a filosofía do PP.

Anxo Lorenzo xa non ten claro o que é Normalización.

Maioría silenciosa. (O día que quedei ensimesmado). M. Rivas

Comentarios na Radio Galega. O preguntoiro(a partir do minuto 34). Enlace

Andrómena, rangalleira e insepulto.

A lingua segundo Feijoo.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 01-01-2010 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Decreto 124 do Galego preto da saída
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asegurou este xoves que antes de final de ano o Goberno vai presentar a súa proposta sobre uso de linguas no ensino non universitario. Afirmou que a normativa vai ser ?fiel? á Lei de Normalización Lingüística e ao programa electoral do PPdeG. Feijoo subliña que a Secretaría Xeral de Política Lingüística só ten estas directrices para traballar na elaboración: ?Teño un compromiso cos cidadáns, non con ningún cargo?.
Ler nova en Vieiros
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 17-12-2009 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0