Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 DINAMIZANDO A LINGUA
Como se lle chamaría a alguén que ofrece un pacto de algo que xa está pactado?.
Pois o Día das Letras Galegas, no Courel, o noso Presidente ofreceu un pacto pola lingua, nel falaba dos mesmos puntos que xa están postos no Estatuto.
Semella que inventou a pólvora
Velaquí o artigo do estatuto onde está o que pedía este noso señor Presidente
Artigo 5º.
1. A lingua propia de Galicia é o galego.
2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.
4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
Rectificar é de sabios .... pero parece ser que non de políticos.
Seguimos preguntando:
Será este o Decreto do consenso como anunciaba este governo?
O Consello Consultivo detense especialmente nas disposicións do decreto relativas á Educación Infantil porque considera que neste treito o decreto falsifica algúns termos lingüísticos. Así, sinala que ?tanto o concepto de lingua materna como o de lingua do contorno posúen un significado diferente ao que se lles atribúe?. O ditame sinala que na Educación Infantil se ?están desvirtuando? dereitos para evitar ?asegurar a correcta aplicación? de leis como a de Normalización Lingüística. Así mesmo, emprega ?circunloquios? para ?conculcar? e non respectar ?cabalmente o mandato da Lei de Normalización?.
A consulta prevista para que os pais se pronuncien sobre a lingua a empregar nas aulas é outro dos aspectos nos que entra o Consello Consultivo. Nesta cuestión, o decreto tampouco sae ben parado porque, para esta institución, é ?irrenunciábel e innegábel? a responsabilidade da Administración na programación do ensino. ?No noso ordenamento xurídico non ten acollida un modelo como o proposto?, chega a sinalar o Consello en referencia á principal promesa electoral de Núñez Feixóo. A introdución de prazos como votacións cada catro anos resulta ?arbitraria e contraria a dereito? e, en xeral, ?o texto proxectado tampouco cumpre cos requisitos mínimos imprescindíbeis? cando se trata de consultar aos pais.
Algunhas das cousas que di o Consello Consultivo sobre o borrador do decreto:
No relativo á finalidade do decreto, o ditame lembra que o Tribunal Constitucional fallou que a normativa galega obriga a ?un trato desigual, aínda que non discriminatorio, para as dúas linguas oficiais no territorio autonómico, na medida en que a acción normalizadora da lingua propia ten que implicar, necesariamente, a adopción de accións e medidas de apoio singularizado ou reforzado para garantir a subsistencia e desenvolvemento desa lingua?. Ademais, sinala que é no ensino onde ese apoio ?cobra singular e xenuína relevancia?.
Sobre o procedemento para a elaboración do decreto, o Consello atopa falta de competencia dos centros aos que correspondería a emisión de informes relativos á exención da cualificación de galego por parte dalgúns ensinantes. Ademais, considera que ?un terzo do horario? dedicado ao inglés ?podería resultar desproporcionado?.
?Queremos galego/, queremos si señor,/ ¿queremos o decreto?/, non o queremos non.? Así, revisada para a ocasión, soou onte en Pontevedra no concertazo pola lingua ?A Carolina?, con Fuxan os Ventos. Vendéronse preto de 7.000 entradas, e o público, como os músicos, entregáronse totalmente á festa e á reivindicación. No vídeo un dos grupos que fixo a despedida, Lamatumbá. Menuda marcha que teñen. Foi unha boa despedida para unha gran festa da lingua.
"Un concertazo contra o decretazo" do Decreto do Plurilingüismo. Así é como lle gusta denominar a Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego, o macrofestival musical que a plataforma cidadá organizou "contra as agresións ao idioma propio do país" o vindeiro sábado 17 de abril en Pontevedra, ás 19,30 h..... no Recinto Feiral"
Polas súas dimensións organizativas e os nomes dos grupos e artistas participantes, o concerto está chamado a converterse nun dos maiores fitos culturais da historia recente do país, nunha acción que lembra as mobilizacións rexistradas en Galicia cando a maré negra do Prestige asolou as costas e o goberno da Xunta teimaba en falar de "fiíños".
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0