Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A 1º expedientada polo galego fai 30 anos
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 05-10-2010 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Luís Villares, Alba Nogueira e Xosé Rodriguez
Un xuíz, unha profesora titular de dereito administrativo e un profe representando a Profes co Galego. Eles cóntanos por que o decreto do plurigüísmo é ilegal e porque podemos seguir dando as clases de matemáticas, tecnoloxiá, física e química ... en galego.


Luís Villares. Dar aulas en galego: compromiso ou desobediencia? from Asociación Cultural "Vagalumes" on Vimeo.




Alba Nogueira: "Dar aulas en galego: compromiso ou desobediencia?" from Asociación Cultural "Vagalumes" on Vimeo.




Xosé Rodríguez. Profes co galego from Asociación Cultural "Vagalumes" on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 01-10-2010 00:02
# Ligazón permanente a este artigo
Incompetencia e ilegalidade
"Profes co Galego" explican porque é ilegal o decreto do plurigüísmo e porque eles non van dan as clases en castelán.

Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 27-09-2010 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
La Falda de Carolina






Por Noela Rey Méndez no Xornal

"O que che me faltaba por oír. Ou ler, neste caso. La falda de Carolina tiene un lagarto pintado, cuando Carolina baila el lagarto mueve el rabo. Toma xa! A popular canción galega está traducida nun libro de música de 6º de Primaria. O que faltaba por oír. Disque é porque o libro tanto vale para Marín e Burela como para Tordesillas e San Juan de Gredos. E que podería ser o seguinte?

Adiós ríos, adiós fuentes, adiós riachuelos pequeños. Y posa, posa, posa, y no me toques aquella cosa. Estaba yo en la capilla de San Simón y me cercaron las olas, qué grandes son. Cuatro viejos marineros, todos metidos en un bote. ¿Qué dicen los rumorosos en la costa que reverdece? Apaga la vela, Marica, chús, chús. Aquí viene el mayo de flores cubierto. Olitas vienen, olitas vienen, olitas vienen y van, no te vayas rianjera (¿?), que te vas a marear.

Só de escribilo, e xa me doe a vista. Pero será posible que nin as cantigas populares se poidan respectar?"
Comentarios (1) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 24-09-2010 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
Periculum in mora
"O auto do TSXG non referenda a legalidade do decretazo nin é unha sentenza ...

Como teñen advertido prestixiosos xuristas, obrigar o profesorado a cumprir o decreto 79/2010 é un acto de insubmisión por parte da Xunta de Galiza, pois promove a violación de tratados internacionais e de leis estabelecidas.

En concreto, na páxina 7 do auto, o TSXG indica que se cumpriría o requisito do "periculum in mora" á hora de suspender o decreto se existiren "ameazas de sanción aos profesores que se expresen na lingua galega" (sic). Porén, non chega a tomar tal decisión porque non considera probado que tal situación se for producir. Isto significa que, no caso de que a Xunta chegue a sancionar un profesor ou profesora por impartir as aulas en galego ou recomendar libros de texto neste idioma, o decreto podería suspenderse. A Mesa podería volver solicitar as medidas cautelares nese momento. E farao se fixer falta, acompasando a batalla xudicial da imprescindíbel batalla social".


Ver nova na prensa


Artigos relacionados:

Insumision lingüística do profesorado

Unha "Pax lingüística".
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 20-09-2010 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Prohibida a inmersión en galego
Educación advirte aos 47 centros que mantiñan este programa pedagóxico que non poderán continuar con el.

Ver nova na prensa.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 16-09-2010 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Mestres desorientados
A aplicación do Decreto do Plurilingüismo está a levar o malestar aos centros de ensino ·· A tres días de que comecen as clases en Secundaria, moitos non aprobaron o proxecto lingüístico

"É imposible, sobre o papel, chegar á repartición do 50%"

Ver nova na prensa.

"A aplicación do Decreto do Plurilingüismo nos centros de ensino está a levar o malestar e a desorientación aos claustros dos profesores. A só tres días para que comecen as clases en Secundaria o vindeiro venres, moitos institutos aínda non teñen aprobado o seu proxecto lingüístico debido ás dificultades para repartir galego e castelán de xeito equitativo entre as materias optativas e debido, tamén, á falta dunha solución por parte de Educación.

Un deles é o IES Terra de Melide. O seu consello escolar rexeitou, a final de curso, o proxecto lingüístico presentado pola dirección do centro. Malia que a Consellería de Educación foi informada desta situación, a directora do instituto, Margarita Quintela, asegura que "está á espera" de que a Consellería lle comunique algo antes do venres. Unha tarefa complicada xa que o decreto non indica a quen lle corresponde decidir como actuar ante a negativa do consello escolar á proposta lingüística do centro.

Para Xosé Cabido, portavoz do Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galicia (STEG), "hai moita desinformación nos centros que non saben que pasa cando non hai acordo entre os profesores. O único ao que os poden obrigar (dende Educación) é a repartiren os horarios que lles corresponden ás materias en galego e en castelán e despois, que cada quen busque a vida como poida".

Na mesma situación se atopa o claustro do IES As Bizocas do Grove, que en xuño se declarou incompetente para realizar a repartición de materias entre galego e castelán e trasladoulle a Educación a súa resolución para que a Consellería asignase os idiomas. "Por agora, o proxecto lingüístico está sen aprobar. Temos un claustro o venres e a ver que pasa entón", apuntan dende o centro. Neste caso, un inspector de Educación mesmo os chegou a ameazar con anos de suspensión da función pública se non chegaban a un acordo. "Agora xa non está este inspector, pero a pelota volve estar no noso tellado. Parece que o que se nos quere transmitir é que cada un faga o que queira", consideran fontes do instituto que prefiren ocultar a súa identidade.

A mesma situación de malestar e parálise existe no IES Aquis Celenis de Caldas de Reis que decidiu adiar até este mes, tras o último prazo de matrícula, a aprobación do proxecto lingüístico.



"É imposible, sobre o papel, chegar á repartición do 50%"

A coordinadora do equipo de normalización do centro, Ana Rial, dubida que poidan ter a súa proposta de repartición de galego e castelán antes de que arrinque este "complicado" curso escolar. "Non imos ter os horarios até o xoves, así que vai ser moi difícil", comenta. Ademais, os profesores decidiron que van pasarlles un escrito ós diferentes departamentos do centro para que decidan en que lingua prefiren impartir as súas materias. "A nosa intención é cumprir o decreto, pero non imos ser capaces porque é imposible, xa só sobre o papel, chegar á repartición do 50%. Ademais será un proxecto lingüístico só para este ano, non para catro anos como se indica no decreto, porque varía o profesorado e o número de estudantes", indica.

De feito, para este curso, a comisión de escolarización decidiu o pasado día 9 que o IES Aquis Celenis de Caldas de Reis ía ter dúas aulas de Primeiro da ESO, en lugar de só unha, ante a elevada demanda de alumnos. "Un curso máis implica máis profesorado e variar a repartición das linguas nas materias así que todo se tivo que atrasar", explica Ana Rial.

Ademais, este instituto fíxolle chegar á Consellería de Educación unha batería de preguntas con dúbidas sobre o decreto e a súa aplicación que non foron contestadas. En definitiva, ao seu ver, esta situación está a crear "malestar nos centros e situacións moi desagradables entre os profesores que nos temos que ver cada día. Para nós é un tempo perdido porque estamos deixando de atender outras cuestións importantes e facemos esforzos inútiles que, por riba, están a crear mal ambiente".

Pola súa parte, o director do IES Terra do Xallas de Santa Comba, Paulo Rendo, comenta que acaban de aprobar o proxecto lingüístico do centro pero despois de crear "malestar no profesorado". Ante a falta de tempo para decidir en que lingua tiñan que mercar os libros de texto os pais, decidiron que a maioría das materias se van impartir sen libros de texto. Na súa opinión, "é imposible establecer un equilibrio formal na repartición. Pretendelo é descoñecer como se organizan os centros, nos que varía moito a combinación de materias optativas en Secundaria e os itinerarios de Bacharelato. Non era o momento dun decreto así", considera.
DENDE O IES A BASELLA (VILANOVA DE AROUSA)

Emilio Ínsua: "Non imos achandar nin con sancións"

O IES A Basella de Vilanova de Arousa aprobou en xuño o proxecto lingüístico, co seu consecuente repartición de materias en galego e castelán ao 50%. Pero, previamente a que debatera o claustro de profesores, un grupo de 23 mestres (dos 50 que dan clases neste centro) elaborou un documento no que dicían que ían continuar dando as súas clases en galego. Segundo explica un dos profesores do instituto de ensino secundario, Emilio Ínsua, o texto inclúe "consideracións sobre a lexislación que o decreto non respecta, os anos que levamos elaborando libros de texto en galego, material proscrito en determinadas materias durante moito tempo". Este documento presentárono ao claustro do centro, que, malia todo, repartiu as linguas ao 50% acatando o decreto. "Foi surrealista porque para facelo non se empregaron criterios pedagóxicos senón un puro repartimento matemático", apunta Ínsua.

A dirección do centro comunicoulles aos profesores que decidiron seguir dando as súas clases na súa lingua que "non ía facer de vixilante e escoitar detrás das portas a ver quen daba as clases nun ou noutro idioma, igual que non o fixo cando se aplicou o anterior decreto". Este grupo de profesores non recibiu ningunha orde de Educación. "As declaracións dos últimos días lévannos a estar máis convencidos de que cumprimos o espírito das leis que protexen as linguas", apunta Ínsua. Con todo, están á expectativa do que poida suceder. "Estamos dispostos ó custo laboral ou á sanción administrativa que poidamos ter. Creo que a Xunta tivo oportunidades de repensar o asunto e debería volver facelo. Pensan, por soberbia ou prepotencia que imos achandar e non é así", asegura.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 15-09-2010 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Porque é ilegal o decretazo?


Punto de vista de ilegalidade do Xuíz Villares.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 13-09-2010 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Carta para entregar ós pais.
Do bloque Profes co Galego, sacamos a seguinte carta:

Estimados pais/nais:
Como profesorado de Matemáticas, Física e Química ou Tecnoloxía dos seus fillos consideramos importante dirixirnos a vostedes para informalos da nosa postura respecto ao Decreto para o Plurilingüismo, que afecta a toda a comunidade educativa.
Debido a que durante anos á nosa lingua lle foron negados ámbitos sociais como a educación, a prensa, o cine, a televisión, o comercio, as notarías, etcétera, espazos nos cales aínda hoxe en día o seu uso é residual, a Xunta de Galicia ten a obriga legal de fomentar o uso do galego. É por isto que non entendemos como a Consellería de Educación aprobou o Decreto para o Plurilingüismo que prohibe ao profesorado de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía a continuar a impartir as clases en galego. Como profesorado contrario a esta medida que consideramos prexudicial para os seus fillos, e para que vostedes poidan xulgar dun xeito obxectivo a nosa postura, que como verán está legalmente fundamentada, queremos que dispoñan de toda a información necesaria.
Consideramos que é importante que saiban que por riba dese Decreto para o Plurilingüismo, e en contradición con el, está a seguinte normativa:
● Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias, que contén a obriga de asegurar o ensino en galego en todos os niveles educativos non universitarios.
● Estatuto de Autonomía para Galicia, que prevé que a lingua propia de Galicia é o galego e que os Poderes Públicos potenciarán o emprego do galego en todos os ámbitos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
● Lei de Normalización Lingüística, que establece que as autoridades educativas arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino. Neste sentido, o novo decreto é claramente regresivo, xa que se pasa de ?polo menos un 50%?, do decreto anterior, establecida para tentar restablecer a normalidade da lingua inxustamente usurpada aos galegos, a ?como moito un 50%? (mentres non teña que repartir con algunha lingua estranxeira, co que podería quedar reducido a un 33.3%), obrigando así a moitos profesores e profesoras que viñan utilizando o galego nas súas clases con total normalidade, algúns desde hai máis de 30 anos, a impartir a docencia en castelán, cun absoluto desprezo polo esforzo normalizador e innovador deste profesorado que moitas veces tivo que crear o seu propio material de traballo sen ningún tipo de apoio.
● Lei Orgánica de Educación que establece como obxectivo educativo o coñecemento efectivo e suficiente da lingua galega en todos os niveis educativos.
● Constitución que establece o principio de xerarquía normativa, que implica que as normas de rango superior prevalecen sobre as de rango inferior.
● Estatuto Básico do Empregado Público, que establece a obriga do funcionariado de se someter á Constitución e ao resto do ordenamento xurídico, coa obriga constitucional de respectar o principio de xerarquía normativa, é dicir, cando dúas normas son contraditorias, como é o caso do Decreto para o Plurilingüismo e as leis anteriores, hai obriga de cumprir a de maior rango.

Polo tanto,como servidores públicos comprometidos coa cultura e a lingua galega, declaramos que:

1. Seguiremos impartindo as nosas clases en galego, xa que consideramos que é a mellor opción para que o noso alumnado adquira competencias plenas en galego e castelán e a eliminación dos prexuízos lingüísticos contra o galego. Todas as institucións e informes (a Real Academia Galega, o Consello da Cultura de Galicia e as tres universidades galegas entre outros) indican que o galego require especial atención no ensino xa que é a lingua en inferioridade de condicións no resto dos ámbitos da sociedade: prensa, televisión, internet, radio, comercio... É de destacar que o informe Pisa indicou que a competencia do alumnado galego en castelán é superior á media española, polo que aí non está o problema. É absolutamente falso que esteamos contra o castelán, como profesorado comprometido co noso alumnado cremos en resolver os problemas nas competencias, prexuízos e actitudes, e estes problemas están actualmente no galego.

2. Non trocaremos o libro de texto actual pola súa versión en castelán, asegurándolles o mantemento e incluso a mellora na aprendizaxe nos contidos das nosas materias. Tomamos esta medida, que nos carga de traballo ao ter que elaborar máis materiais didácticos, xa que consideramos un exceso por parte da Consellería obrigar ás familias a mercar libros novos cando dispoñemos no centro de libros en perfecto uso e que non teñen máis ?tara? que estar escritos en galego. Consideramos isto un auténtico despilfarro totalmente inxusto e inxustificado en tempos de crise coma os actuais.


Ver tamén Ilegalidade do decreto polo xuíz Luís Villares.
Comentarios (1) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 13-09-2010 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
10 razóns para escoller o galego como lingua materna
De
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 23-06-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0