|
|
|
xantares de celebración |
|
 Hoxe cando os vin no xantar
acordeime que hai aproximadamente un ano nos atoparamos no mesmo lugar
aínda que en diferentes mesas.
Eu daquela tíñaos a golpe de vista
e sabía que estaban contentos
hoxe estabamos en sitios diferentes
o ángulo da miña vista era mellor
e fun quen de apreciar unha alegría renovada, mesmo me atrevería a dicir
máis complice.
Recoñezo que non me atrevín a felicitalos por todo
mesmo encubrín un convite a "chupitos"
de xeito avergonzado co camareiro.
Que saiban
que eu aquel día fun un pouco máis feliz ao velo(s) contento(s) [daquela eu só sabía da súa face seria]
tamén todo hai que dicilo non tiñamos moita relación.
E hoxe saín un pouco máis alegre ao saber da súa alegría e de que neste medio prazo gañáramos unha falante moi produtiva.
Quedan pois os meus parabéns se é que celebraban algo
e se non o celebraban quedan por celebrarmos o encontro
diante dun bo xantar.
Ah! e outros para as amizades que temos en común.
|
|
|
|
|
|
|