Nasas


caeu un máis

Hoxe caeu un máis: 12418.

Desde hai tempo miro os días con lentes novas, aínda que á tardiña sexan cristais escuros os que iluminan os meus olliños.

Soño con días novos, falo de paxaros, ratos, bolboretas, volvo montar en bicicleta, recuperei o gusto por mirar para as estrelas... decátome do pequena e pouco realistas que foron ás veces os meus comportamentos.

Lembro cando era pequena e me dicían "a ver cando vas medrar". Hai cousas que nos converten en maiores dun día para outro. Eu perdín a burbulla de canda pequena mais recuperei o pracer por aproveitar o tempo e querer voar.

Abrighadirma por todos eses parabéns que me fixeron tanta ilusión :D
e xa anoitei na miña libretiña
e fixen contas dos convites que debo
e descontei a aquelas que mos deben a min.



[foto do Paseo dos namorados (Cervo, xaneiro 2008)]
Lanses (6) - Categoría: arrastres - Publicado o 22-04-2008 22:44
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0