Hoxe,
en Teo (Centro Sociocultural Rosalía de Castro - Cacheiras),
ás 22.00 horas
última oportunidade de gozar (tolérase desfrutar, segundo virus académico) da posta en escena de Pan con VOLTA E DÁLLE teatro.
PAN é unha innovadora proposta que mestura teatro e danza, así como música ao vivo. O resultado dun proceso de creación colectiva dirixida por catro directores e unha coreógrafa, cunha temática diferente: a tradición perdida das mallas. Unha tradición que simboliza a perda dos valores da colectividade e do esforzo dentro da sociedade galega, eminentemente rural non hai tanto tempo.
Nós non puidemos ir á animación que fixeron hoxe polas rúas de Teo os actores e as actrices da obra para promocionar a obriña e o saboroso pan de Cea. Mais, iso si, alí estaremos para ver novamente a obriña.
Parabéns logo ao Concello de Teo por esta e outras accións que contribúen a prestixiar a nosa lingua e cultura.
En recordo de Toñita
que nos falou da liberdade da escuma branca,
dos tesouros da ribeira de Canelas
e das ilusións que lle acabou roubando un golpe de mar.
A SARA, PERCEBEIRA NA ILLA DE ONS
Hoxe quixera, irmá de pel curtida,
instalarme no adentro dos teus ollos
e atesourar en min eses abrollos
que te fixeron forte e destemida.
Hoxe quixera estar na rocha ardida,
collida da túa man, fronte ós abrollos
que puxeron ó mundo de xeonllos
ante a Galicia ergueita, anque ferida.
Sara de dignidade, percebeira
que pariches os fillos e os criaches
coas escumas do mar que te azoutaba.
Galicia chora hoxe, compañeira,
mais ti non vas chorar, porque gañaches
ese amencer que outrora se albiscaba.
Das Elexías de luz (2006) de Mª Victoria Moreno,
desde Ardentía, núm. 4
chea de cansazo... igual que aquel ano que cargara unha para setembro (malia nosa idade e estar ligadas indirectamente á escola, seguimos a contar os anos polo curso escolar)
Foi este un curso raro:
-Primeiro tivemos que cambiar de estudos; despois, unha chea de dúbidas e problemas coa matrícula. Nese medio tempo exploramos propostas por libre, traballamos con liberdade mais sentindo o medo da soidade do papel, das gravadoras, da voz, de levar o peso da xornada sen unha fronteira clara. Polo medio algunhas ausencias.
-O ano novo, que agora xa comezou a ir para vello, trouxonos seguridade. Recuperamos o pracer do traballo, o (re)encontro con vellas e vellos compañeiros e co balbordo de xornadas desorganizadas, o traballo na distancia. Non pasaran dous meses e todo se cae abaixo. Sabémonos fráxiles mais non nos sentimos soas neste momentos imprevistos de bechos e habitantes estraños.
-Intentamos retos imposíbeis. Este ano aínda non nos tocou a nós. Disfrutamos da alegría dos que van saíndo e das novidades que nos achegan.
...hoxe saimos á rúa coas nosas últimas notas do traballo que non rematamos. O acompañamento foi do mellor: un inglés, un señorito galego e un francés. O primeiro do melloriño, o segundo na miña libretiña e o terceiro aquí o deixo...
E de xeito imprevisto, cando baixamos pola rúa cargando co cansazo e co sono atrasado escoitamos unha muller que formaba parte dun grupo de cinco persoas:
-Y allí he estudiado yo. Y está que sube es la Rúa de las Ruedas y esa otra la de las Casas Reales.
A miña reacción espontánea foi mirar para o inglés e comezar a rir sen parar. Cando puiden parar apuntei no meu caderno o detalle. Cando o pechei, decateime que precisaba de urxencia uns días de descanso.
Entrégome ao meu traballo en corpo e alma.
Pero esta lentitude desanímame hoxe.
É o día, que me afecta. Máis escuro
cada vez. Chove e zoa o vento.
Prefiro contemplar que escribir.
Agora, nesta pintura observo
un mozo fermoso deitado xunto a unha fonte,
fatigado talvez de correr.
Que fermoso mozo! Que divino mediodía
se apoderou del para durmilo!
Paso longo tempo contemplándoo.
E así, na arte, descanso da súa fatiga.
Ademais da entregada organización, da compañía,
do bo facer das persoas que até alí achegaron o seu traballo (asociacións, librarías, postos de artesanía etc.)
do mellor (co permiso do resto dos grupos e artistas participantes), igual por nostalxia ou por estarmonos facendo maiores, o
"Yo pisaré las calles nuevamente
de lo que fue Santiago ensangrentada,
y en una hermosa plaza liberada
me detendré a llorar por los ausentes."
e o nosos "Aí ven o maio de flores cuberto. puxéronse á porta cantándome os nenos..." ou "Adiós ríos, adiós fontes; adiós regatos pequenos..." de Pablo Milanés xunto con L. E. Batallán.
[En Vigo, en agosto do 2006]
Lanses (3) -
Categoría: Xeral - Publicado o 26-07-2008 11:16
En breve abriremos a nosa tenda de larpeiradas con agasallos, produtos innovadores, doces para todos os padais e moitas sorpresas.
[En breve dispoñíbel na nosa lonxa]
Se tes pensado ir de vacacións non deixes de pasar polo ciber alá por onde andes. Os primeiros pedidos dos noso produto estrela terán un desconto do 10%.
Lanses (1) -
Categoría: Xeral - Publicado o 22-07-2008 12:50
Estes días de fortes convulsións andamos a redactar unha proposta formal de nomes.
Ben a ser que unha parella amiga van pola segunda meniña e por moitas razóns aínda non ten nome. As nosas propostas son varias e todas fan honra aos días que corren. Son pois: Manuela, Fermina, Antonia, Míriam, Muriel, Nadia, Álvara...
E segundo o resultado de hoxe alguén nos propuxo Milagres. Nós engadimos: Alegría, Aurora, Dores, Alicia, Nicasia...