|
|
|
cando pensabamos que tantas cousas era posíbeis! |
|
Cando busco algo sempre atopo o que non busco,
velaquí un textiño que creamos nun obradoiro de escritura creativa con Antón Cortizas no Pazo da Peregrina de Ames. Que tempos, cando eramos pequenas e pensabamos que tantas cousas eran posíbeis! Por alí tamén andaba a Lucía e o Miluco. Hei preguntarlle polos seus textiños!
Este foi un dos meus, penso que andabamos en época electoral, nas municipais (van alá dous anos aproximadamente):
PROMETO pintar de vermello todos os paxaros
PROMETO encher de porterías os campos de fútbol do Concello
PROMETO que os cans de palleiro van conseguir o estatus social que lles corresponde
PROMETO encher o ceo de estrelas vermellas
PROMETO ás para a mocidade
PROMETO lentes graduadas para a xente
PROMETO xornadas de traballo
PROMETO mercados de troco
PROMETO dobre ración de lingua
(...)
PROMETO que nós PROMETEMOS que isto non son promesas, que isto van ser realidaes. |
|
|
|
Deixa o teu lanse |
|
|
|
|
|