Nasas


doces, lingua, urbanismo :-)))
agora que estou no meu descansiño de café (hoxe convertido en chicolate con doce caseiro) acórdome do xantar dunha semana para atrás,
xa non lembro o nome do lugar...
unha da Coruña, outra de Viveiro e un que ía perder a liña fixeron do mediodía do venres un xantar bonito e saboroso.

Vai pois un bocadiño á vosa saúde.

Tamén ando nestes quince minutiños ás voltas cun tal Fermín Álvarez Errondosoro (sociólogo de profesión), escoiteino onte dicir cousas moi interesantes.



Fermín falaba dun proxecto urbanístico pero a teoría servía para proxectos lingüísticos ou de ámbito social: imaxinadevos, eu empecei a soñar e falábame da "posta en marcha de estratexias innovadoras de rexeneración mediante un enfoque integrado (e non integral), que contempla aspectos sociais, económicos, culturais e medioambientais que favorezan o desenvolvemento etc. etc. Todo isto (...) un proceso transversal (a proba do nove, dicía el), participativo, coa participación das redes existentes, cunha participación que xere complicidade e un alto nivel de confianza entre os axentes participantes.

Rematei o chicolate :-((( e na cabeza só me quedaron ideas soltas pero moi clariñas.

Antes de volver currar desexarlle sorte á Candidatura Urbana Santiago Norte e aos seus promotores que onte souberon emitir notas ben afinadas malia os ruídos que sospeitamos outros puxeron no camiño.

Lanses (3) - Categoría: arrastres - Publicado o 01-02-2008 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Lanse(s)
1 Aclaracións varias: "a da Coruña" é de adopción, o que perdía a liña é de Ortigueira, e a de Viveiro en realidade é de Santo André de Boimente. #blgtk08# /> A sobremesa da foto faime lembrar un día de paparota coa de Chantada, o de Ribeira, o de Cervo, a de Noia York e o nativo de Figueiras, claro!
Lanse por Doris Dei (04-02-2008 13:36)
2 ... e que rico sabía!
Despois de tanta orella e f#blgtk08#illoa e lacoada, un período de recuperación e repetimos!
Lanse por Doris Dei (04-02-2008 13:47)
3 moito vicio!
mire que eu ag#blgtk08#ora volvo á miña dieta sana ;-)))
Lanse por (07-02-2008 09:12)
Deixa o teu lanse
Nome:
o teu aparello: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Outros lanses:
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0