Capítulo 3: Matreros de medinuite
Pinto e Cobiñas, os dous mariñeiros da Costa da Morte, saen a faenar a Noite de Defuntos
Capítulo 4: A morte ten un prezo (200 euros)
Nesta nova aventura, Pinto e Cobiñas, os dous mariñeiros da Costa da Morte, traballan de enterradores
Capítulo 5: O botellón
O botellón é un mal que afecta a Galicia. Pinto e Cobiñas farán un debate para tentar buscar unha solución a este problema social
Capítulo 6: Por que chove
Neste novo episodio, Cobiñas contraporá a súa visión filosófico-cognitiva dos fenómenos meteorolóxicos, á visión científica exposta por Pinto.
Capítulo 7: Eu tamén quero coñac
Pinto e Cobiñas tómanlle a última no velorio do defunto Chuco da Ponte.
Capítulo 8: Facenda somos case todos
Sorprendentemente aínda existen xenios capaces de defraudar a facenda.
Capítulo 9: Campaña (especial eleccións 09)
Propostas para a mellora no sector pesqueiro e marisqueiro en Galicia de cara as vindeiras eleccións autonómicas 09.
Capítulo 10: Náufrago (promo V festival "Con V de Valadares Valarés")
Derradeiro capÍtulo da 2ª tempada de "Para mariñeiros nós" para promocionar o festival "Con V de Valarés". Dous roubacaramuxas atopan a Pinto inconsciente na praia de Valarés.
Capítulo 11: Baixo coeficiente
Promo pra XVII festa do Percebe do Roncudo, en Corme
Capítulo 12: O sobriño
RIcardito, o sobriño e afillado de Cobiñas, queda uns días a cargo de seu padriño.
A través do correo electrónico chegáronme diferentes noticias que dan conta dalgunhas das diferentes áreas e propostas que xestionou o BNG en só tres anos e medio de goberno:
-Galescolas: Bruxelas, cativada coas galescolas. Os parlamentarios da UE comprométense coa Mesa a presentar un informe alternativo ó do popular Luis Herrero [ver a noticia completa no Galicia hoxe]
-Banco de Terras: Galicia exporta o Banco de Terras e os polígonos agrarios . Unha delegación da FAO e de países non comunitarios toma nota da política rural [máis información aquí ou aquí ]
Estas son só algunhas das cousas que xestionou o BNG. Que se saiba como traballa o BNG no goberno galego!
E velaquí a resposta do BNG ante tanta mentira e difamación_
Escoitei no Barrio de San Pedro que o 16 de maio festa "raxada" e bulín a apuntarme disque é:
"para toda a XENTE DA LINGUA sen exclusión por razóns de idade, raza, opción ortográfica ou ideolóxica, discapacidade ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas con título ou sen el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, xornalistas que aínda non se pasaron ao castelán, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilleir@s en activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes..., e, en fin, toda aquela xente ligada á normalización da lingua / toda a GENTE DA LÍNGUA sem exclusom por raçóns de idade, raça, opçom ortográfica ou ideológica ou talento artístico: profes de academia, da pública ou da concertada ou da privada, sociolingüistas com título ou sem el, sociólog@s, técnic@s da normalización, psicolingüistas, ecolingüistas, artistas de toda caste comprometid@s coa lingua, jornalistas que aínda non vos passastes ao castelám, activistas sociolingüístic@s, cibernormalizador@s, mestres de a ferrado, veteran@s de guerra, guerrilheir@s em activo, estudantes e parad@s, neofalantes ou paleofalantes?, e, em fin, toda aquela gente ligada á normalizaçom da língua".
Chegan as novas da Secretaría Xeral de Política Lingüística...
e manda truco!!!!
o primeiro que contan é que
as novas tecnoloxías da lingua chegan ao Parlamento de Galicia co tradutor automático de Política Lingüística. A través dun convenio no que Política Lingüística lle cede ao Parlamento unha licenza para o uso desta ferramenta o Parlamento comprometese a promover a instalación, o coñecemento e o uso do tradutor entre o persoal que emprega os equipos informáticos. E desde logo, na mesma notiña falan do eficaz que é a ferrramenta.
E unha dille que si: ?chegar esta ferramenta á sede do poder lexislativo de Galicia, para que tamén na forma os textos legais galegos amosen o compromiso desta institución coa defensa da lingua no seu uso máis correcto?.
E a outra dille que tamén: ?contribuímos desde a Cámara galega a impulsar as medidas que garanten o dereito dos galegos e das galegas ao uso do idioma?.
E así esquecen outras cuestións
que parece seguen á marxe da lexislación vixente. Nas mesmas novas a propia secretaría manda unha doutrina para crentes ou indecisas.
Xa está na rede o programa das XVII XORNADAS DE LINGUA E LITERATURA (20 e 21 de abril de 2007, Facultade de Ciencias da Educación -Escola de Maxisterio: avda. Xoán XXII, s/n Santiago de Compostela-)
INSCRICIÓN no 981 576 800 / 981 278 259 ou enviando o formulario de inscrición ao correo formación@cig-ensino.com.
Un programa pensado para a diversidade de profesorado e situación que atopamos nas nosas aulas: novas tecnoloxías, innovación pedagóxica, formación para "opositoras/es" ;-) , dinamización lingüística etc. e algunha que outra actuación estelar:
Algúns dos seminarios:
-Pautas para a elaboración de programación e unidades didácticas de lingua e literatura galegas I e II, por ALFONSO DE LA SANTÍSIMA TRINIDAD, profesor de lingua e literatura.
-Novo currículo de lingua galega e literatura de secundaria. Implicacións e propostas didácticas, por LUCIANO FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, profesor de lingua e literatura.
-Material de lingua galega para o alumnado inmigrante, por MERCEDES ESPIÑO, profesora de lingua e literatura.
-Webquest, cazas do tesouro e viaxes virtuais como recurso didáctico, por XOAN COSTA CASAS, profesor de lingua e literatura galegas e presidente da AS-PG.
-O cómic e o debuxo como ferramentas pedagóxicas por PEPE CARREIRO, debuxante.
Tamén MEDOS ROMERO e JAUREGUIZAR falarán da súa obra, SÉCHU SENDE mostrará o Método de autohipnose para falar galego ademais de contarnos outras historias e textos para traballar o conflito lingüístico,
Xa está aberto o prazo para participar no IV Certame Literario Concello de Ames. Este certame, convocado pola Concellaría de Cultura de Ames, ten dúas modalidades (narrativa e poesía), tres categorías por cada modalidade (menos de 14 anos, de 14 a 18 anos e máis de 18 anos) e tres premios por cada categoría. Ademais, os traballos gañadores publícanse todas as edicións nun libro colectivo (se queres podes solicitar un).
O prazo para remitir os traballos remata o 13 de abril de 2007 . A decisión do xurado farase pública o 11 de maio de 2007 e os premios entregaranse o 17 de maio nun acto público.
As bases completas do premio pódense consultar na páxina web do Concello de Ames e para máis información podedes dirixirvos ao enderezo electrónico <normalizacion@concellodeames.org> ou chamar por teléfono aos números 981 883002 ou 981884991.