Nasas


conta atrás


[grazas a Lucía Rilo pola imaxe]

xa levo tempo sen pasar por aquí,
remato o ano con débedas
mais non podía deixar de desexar
a aqueles e aquelas que ás veces preguntades por esta nasa
e a todo o mundo
...
boa entrada no ano
e preparádevos que
aínda que por aquí non pasou o gordiño
eu agardo con moita impaciencia a chegada dos tres...
como me dicía o Xián: que non traian "caca" de camelo.

Feliz ano para todas e todos
e lembrade
novos propósito para o 2008
ano internacional das linguas
Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 31-12-2007 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
IV Feira do Desenvolvemento Sustentable Agro de Camba e V Festa da Fatura

(nova elaborada por Mingos)



O domingo 16 de setembro é o día da IV Feira de Desenvolvemento Sustentable Agro de Camba. E, dentro de tal evento, desenvolverase, nun marco incomparable (no campo da feira de Río -Rodeiro-), a V Festa da Fartura.

Se queres agrandar o espíritu, "degustar os mellores sabores do país" (a frase é de Séchu Sende), botar un conto, encher o ollo, botar unhas pezas e uns aturulos, vémonos alí.

As prazas son limitadas (para as primeiras que cheguen). Difunde a información que volo han de agradecer.

Ah!, e se tes algo que expoñer, algo que contar ou algo que cantar agraceceranche a túa colaboración.


Lanses (1) - Categoría: arrastres - Publicado o 14-09-2007 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
manuel maría
CANCIÓN PRA CANTAR TODOS OS DÍAS

Hai que defender o idioma como sexa:
con rabia, con furor, a metrallazos.
Hai que defender a fala en loita rexa
con tanques, avións e a puñetazos.

Hai que ser duros, peleóns, intransixentes
cos que teñen vocación de señoritos,
cos porcos desertores repelentes,
cos cabras, cos castróns e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,
cos que intentan borrar a nosa fala.
Temos que loitar cos desleigados
que desexan matala e enterrala.

Seríamos, sen fala, unhos ninguén,
unhas cantas galiñas desplumadas.
Os nosos inimigos saben ben
que as palabras vencen ás espadas.

O idioma somos nós, povo comun,
vencello que nos xungue e ten en pé,
herencia secular de cada un,
fogar no que arde acesa a nosa fe.





Lanses (6) - Categoría: arrastres - Publicado o 08-09-2007 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DA GALIZA MARTIR


Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 17-08-2007 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
e agora na rede
falabamos da chegada de Made in Galiza en papel
pois agora
xa hai unha versión na rede,
PARABÉÉÉÉNS!!!



Imaxe tirada do seu blogue.
Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 05-07-2007 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
MADE IN GALIZA!!! xa está aquí

Contáronmo as pulgas dos Carruselo desde o seu blogue:

"O Circo de Pulgas Carruselo actuará na Feira do Libro da Vigo o vindeiro martes 3 de xullo, ás 20.00, con motivo da presentación do libro MADE IN GALIZA, de Séchu Sende.

Séchu Sende, coñecido amante das pulgas e autor do texto clásico no mundo da psicoentomoloxía ?Como domar unha pulga?, explica que este é un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza."

Seica ficamos todas convidadas!!!
Lanses (2) - Categoría: arrastres - Publicado o 27-06-2007 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
17 de maio
O plan promete:

Primeiro andarei por aquí:

Xuntanza da xente de Galega e do galego

E despois por aquí:
























E mirarei cousas aquí:

17 de maio + internet + galego + futuro

E gustaríame poder ir aquí...

Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 16-05-2007 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
O test de Proust
Collo a pelota da Costureira (agradecida e contenta de que xogue comigo aínda que estes xogos non sexan os meus preferidos) e aquí vai...

1. O principal trazo do meu carácter?
A enerxía (aínda que leve unha boa temporada co ying/yang pouco equilibrado).

2. A calidade que prefiro nun home?
A bondade e a alegría.

3. A calidade que desexo nunha muller?
As mesmas.

4. O que máis aprecio nos meus amigos?
A súa amizade.

5. O meu principal defecto?
A desorde (é dos primeiros).

6. A miña ocupación preferida?
As estrelas, a pintura (abandonada), a lingua e os falar.

7. O meu soño?
Moitos... que se vaian cumprindo.

8. Cal sería a miña maior desgraza?
A perda das persoas que quero e a intranquilidade.

9. Que quixera ser?
Quen son.

10. Onde desexaría vivir?
Onde estou: a cabalo entre Santiago de A Costaneira (Noia).

11.A cor que prefiro?
Dúas: acastañada e verde

12.A flor que prefiro?
Os pampillos.

13.O paxaro que prefiro?
De paxaros non sabería dicir. De bechos o grilo.

14.Os meus autores preferidos en prosa?
Cunqueiro. Tamén Castelao, Isabel Allende, Blanco Amor, Ferrín...

15. Os meus poetas preferidos?
Incondicionais: Alfonsina Storni e Rosalía de Castro. Antón Aviles, Celso Fernández Sanmartín, Ferrín, Lorca, Manuel María, Pilar Pallarés... e algunha e algún máis.

16. Os meus heroes de ficción?
Fiz (por cacolas) e Shin Chan(por atrevido)

17. As miñas heroínas de ficción?
Pipi Lanstrum (por libre e atrevida e...).

18. Os meus compositores preferidos?
Aute.

19. Os meus pintores predilectos?
Non sei se predilectas pero gústanme algunhas obras de Antonio García, Miró, Patricia Saco... mais tampouco entendo moito.

20. Os meus heroes da vida real?
Entre outros e outras que me rodean: miña nai e miña madriña, meu pai e meu avó Manolo.

21. As miñas heroínas históricas?
Aquelas que loitaron polos dereitos, liberdades e xustiza das mulleres e tamén das persoas.

22. Os meus nomes favoritos?
Xiana, Xosé, Antía e Antón.

23. Que detesto máis que nada?
Os abusos e as mentiras para cometer inxustizas. A maldade.

24. Que caracteres históricos desprezo máis?
Os que privan das liberdades.

25. Que feito militar admiro máis?
Ningún.

26. Que reforma admiro máis?
A que fago de cando en vez no meu espazo de traballo.

27. Que dons naturais quixeras ter?
A orde.

28. Como me gustaría morrer?
Docemente.

29. Estado presente do meu espírito?
(Re)ilusionado.

30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os que se fan de boa fe

31. O meu lema?
Segundo a ocasión. Mais un que define moitos "Ghopita".

Chegoume da Costureira e eu pásolles a pelota a Ancos, Ligamabitacora, á xente do circo das pulgas, ao Gardador de Xanelas e a Doris Dei e a Mingos (se se animan a abrir un blogue ou neste mesmo)
Lanses (4) - Categoría: arrastres - Publicado o 12-05-2007 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
o circo das pulgas en Ames!!!
Sei que os irmáns Carruselo andan polo país adiante nas Semanas do libro e a lectura (do medo).
Hoxe andarán pola Mahía grazas ás concellarías de educación e cultura do Concello de Ames: ás 6 da tarde no Pazo da Peregrina (Bertamiráns, Ames).
Se queredes coñecer máis sobre a familia Carruselo, a historia do circo das pulgas ou o espectáculo das pulguiñas non deixedes de dar un volta polo seu caderniño.
Lanses (4) - Categoría: arrastres - Publicado o 07-05-2007 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
25 de abril e feira nacional
hoxe é un día diferente por moitos motivos que sempre uniron a moita xente:

-Feira nacional do San Marcos en Noia
este ano tocoume festexalo o 22
mais durante todo o día
lembrarei os diferentes ritos
polos que calquera nativa debe pasar...

-25 de abril: seguiremos as novas na rede.

Grazas a Calidonia polos cartaces. O do noso blogue é un dos 100 que alí aparece.



Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 25-04-2007 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0