Nasas


"Escola 2.0"

Vía Jorde Adell chego á nota de prensa que dá conta da distribución do orzamento para o programa "Escuela 2.0", programa global de innovación

Para Galiza van vir 338.068 euros para formación e 5.363.232 para equipamentos.

Lanses (1) - Categoría: arrastres - Publicado o 16-08-2009 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
semana branca do sector lácteo galego



Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 14-07-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
cando pensabamos que tantas cousas era posíbeis!
Cando busco algo sempre atopo o que non busco,
velaquí un textiño que creamos nun obradoiro de escritura creativa con Antón Cortizas no Pazo da Peregrina de Ames. Que tempos, cando eramos pequenas e pensabamos que tantas cousas eran posíbeis! Por alí tamén andaba a Lucía e o Miluco. Hei preguntarlle polos seus textiños!




Este foi un dos meus, penso que andabamos en época electoral, nas municipais (van alá dous anos aproximadamente):


PROMETO pintar de vermello todos os paxaros
PROMETO encher de porterías os campos de fútbol do Concello
PROMETO que os cans de palleiro van conseguir o estatus social que lles corresponde
PROMETO encher o ceo de estrelas vermellas
PROMETO ás para a mocidade
PROMETO lentes graduadas para a xente
PROMETO xornadas de traballo
PROMETO mercados de troco
PROMETO dobre ración de lingua
(...)
PROMETO que nós PROMETEMOS que isto non son promesas, que isto van ser realidaes.
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 03-07-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
galego patrimonio da humanidade
GALEGO. PATRIMONIO DA HUMANIDADE

Ata hai pouco tempo era un valor compartido, que formaba parte dos consensos básicos sobre os que se articulaba o autogoberno de Galicia, que o idioma galego era merecente dunha especial protección por parte dos poderes públicos. Ese valor partía da subordinación histórica dun idioma que foi sempre o das maiorías populares pero que tamén estivo sempre discriminado ou proscrito, salvo nos períodos en que Galicia e España gozaron da democracia. A liberdade e o dereito ao uso do idioma propio foron historicamente da man.

A pretensión de facer crer nunha inexistente imposición lingüística disimula o intento de liquidación do idioma galego e de supremacía do castelán. Os que tal sosteñen queren evitar a presenza do galego nas súas vidas para pecharse en ámbitos en que o castelán sexa o único idioma. Pero Galicia é unha sociedade na que se falan dúas linguas que, non se pode negar, están en situación de desigualdade, polo que o galego debe recibir unha especial protección. Só así se poderá afirmar que se actúa en xustiza e na procura da igualdade entre os dous idiomas.

Esa é a letra e o espírito da Constitución, do Estatuto de Autonomía, e da vixente Lei de Normalización Lingüística. As sentenzas do Tribunal Constitucional así o confirman. Sen embargo, o PP saíu do consenso. Pero gañar unhas eleccións non autoriza a destruír o que é unha das bases da convivencia na nosa sociedade e un dos signos da nosa existencia como país.

A sociedade galega que sente aprecio cara a súa lingua -independentemente de cal sexa o idioma no que se expresa usualmente- debe reclamar unha volta do PP a un terreo común. Tamén mostrar o seu acordo coas políticas de afirmación positiva para o idioma galego, que o propio PP impulsou desde a Xunta, e que non buscan senón a súa protección. O idioma de Galicia é un patrimonio da humanidade que debemos custodiar e garantir como medio de comunicación e de creación.
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 03-07-2009 08:13
# Ligazón permanente a este artigo
tractorada virtual
o noso tractor xa está en marcha!





imaxe das palabras con arte (maio 2009)
IES Dionisio Gamallo Fierros, Ribadeo
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 17-06-2009 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
agora e sempre


Myspace Fun Flash Generator
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 04-06-2009 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
vídeo censurado na TVG (2 de xuño)
Video censurado o martes día 2 de Xuño pola nova dirección da TVG. Écheoquehai, e o peor é o que nos queda!


Consta de seis partes:

-Primeira parte





-Segunda parte




-Terceira parte




-Cuarta parte




-Quinta parte




-Sexta parte e derradeira



Obrigadiña Iván por ensinarnos sempre cousiñas de noso.
Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 04-06-2009 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
para a difusión entre nais, pais e profes



Reproduciomos desde o blogue de Pilar Ponte, a profa:

"Agradecería que os pais iniciasen unha campaña para solicitar nos centros de ensinanza que se respecte a legalidade vixente marcada polo DECRETO 124/2007 POLO QUE SE REGULA O USO E A PROMOCIÓN DO GALEGO NO SISTEMA EDUCATIVO e que con carácter xeral establece unha porcentaxe de aulas en galego non inferior ao 50% do horario lectivo. Que os documentos administrativos da consellería competente en materia de educación e dos centros de ensino dependentes dela se redacten, con carácter xeral, en galego, e tamén que nas actuacións administrativas de réxime interno dos centros docentes, como actas, comunicados e anuncios, se redacte, con carácter xeral, en galego.

E nun estrito respecto á legalidade vixente lembraría que ese documento e non ningún outro ata o momento regulamenta en Galicia esta cuestión.

Tamén agradecería que os libros que aprobe o claustro para o curso entrante sexan elixidos en función da súa "calidade pedagóxica" entre aqueles existentes na lingua en que se ha de impartir a materia e non en función de que existan edicións noutras linguas que ningún alumnado vai usar. E que facer calquera outro tipo de consideración ademais de esquecer que o noso obxectivo é ensinar prexudicaría irresponsable e gravemente o sector editorial galego e os postos de traballo que del dependen.

Agradeceríao e moito."


Lanses (0) - Categoría: arrastres - Publicado o 03-06-2009 07:20
# Ligazón permanente a este artigo
Por unha web social verdadeiramente multilingüe

Entérome pola páxina da CTNL que o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES da Pobra publicou a través da súa revista "A Tabarra Dixital" a campaña "Por unha web social verdadeiramente multilingüe", coa que se pretende difundir a presenza da lingua galega no funcionamento dun considerábel abano de ferramentas da web, así como estimular a creación da opción en galego noutras que aínda non o ofrecen.

Grazas pola iniciativa!!!






Lanses (1) - Categoría: arrastres - Publicado o 23-03-2009 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
poesía de sempre para...


Esta para min ilustrativa e fermosa imaxe é de Leandro Lamas




... superar tempos de crise

Manuel María en Versos para un país de minifundios (1969)

I


Os intres que estamos a vivir
son, ¡ouh pobo meu!,
os de verdade. Non cabe
facer trampa, porque estamos
xogando a nosa
supervivencia colectiva.
Agora cobran a súa dimensión
xusta, verbas arrepiantes
como son: "fala materna,
emigración, pobreza, economía,
conciencia, minifundio, compromiso".
Hai que coller o touro
polos cornos, non queda
máis remedio que saltar
á area co peito descuberto.
Quen che fale, ¡ouh pobo meu!,
das glorias do pasado,
de melancolías e saudades,
de folclore e paisaxe,
do teu lirismo requintado;
ese, mínteche. Ese intenta
poñerche unha venda nos ollos
e levarte enganado,
o mesmo que un rebaño
de carneiros, ao suicidio.
Quere conducirte -¡ouh
pobo meu, estás aínda
a tempo de salvarte!-
á morte e maís á nada



O Leo en Hai cu (outubro 2007)

Cu-chinés

Con e para o Aser Arraiano

En chinés mandarín
crise pronúnciase igual

ca oportunidade



... non esquecer

Manuel Rivas Costa da morte blues

Fonema

Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol,
saíannos sons que debiamos matar.
Repitan:
Los pájaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo.
Pero Lolo o do Rito dicía
que los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo
e o mestre dáballe un pao.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non din sabido de que familia era
se é que a tiña
o toxo que douraba os montes de Galicia.




O de Marta Dacosta que descubrimos no seu caderno de bitácora







... outro mundo posíbel


O do Séchu que xa deixamos por aquí hai hoxe un ano mais que... sempre nos convida a saber que "outro mundo é posíbel"

A produción social de soños

Cos pés na terra camiña a miña sombra.
Xa sabes,
a realidade supera a fricción.
Din que en Galiza podemos mirar a través da néboa
e que sabemos chamar ao arco íris.
Nós fixemo-lo.
Falo contigo, e contigo
e saúdo a quen pase por este verso.
Na fonoteca do futuro gardo os sons dos soños:
as palabras, as exclamacións e o vento.
Era imposíbel imaxinar o que está sucedendo,
dixemos.
Era imposíbel imaxinar isto,
diremos.
Non sei, din que
talvez se cumpra unha parte proporcional dos nosos soños se os soñamos xuntos.
Necesitamos instruciósn para soñar ao mesmo tempo,
unha convocatoria para soñar xuntos á mesma hora,
un método para a produción social de soños.
Se fabricamos coitelos en cadea
por que non Liberdade?
É o seguinte paso na evolución da espécie.
E conseguiremo-lo
mirando-nos aos ollos.


Lanses (4) - Categoría: arrastres - Publicado o 21-03-2009 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
galega das Rías Baixas




así son
nasadepau[arroba]yahoo.es
 navegación
 outras nasas
 ANTERIORES
 de pesca
 en augas galegas
 ARQUIVO
 FOTOBLOGOTECA

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0