O vídeo que vistes é unha das historias do libro Quotidanía delirante, de Miguelanxo Prado. Trátase unha das obras dun dos debuxantes máis coñecidos de Galicia e de recoñecido prestixio internacional.
Identifica no Himno galego unha metáfora
e unha personificación, explica quen fai as preguntas iniciais do poema e a quen se dirixen ou quen as responde:
Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
O autor do Himno é_______________________.
Lembra a segunda parte e indica cal é o símbolo no poema que representa o pasado, presente e futuro: Os rumorosos que son os pinos. raíz no pasado, o tronco o presente e o futuro que está nas copas que son as que "pregoan a redenzón da boa nazón de Breogán".
Sobre Breogán e o seu adn, por se queremos da lenda historia podedes ler este artigo do ADN de Breogán.
CUESTIONARIO DO ESPECTADOR: Para unha reflexión e unha comprensión das representacións
Características do Xénero teatral
O interese educativo do xénero dramático que xa o tiña cando naceu na Grecia Antiga do século V a. C. é unha das principais características deste xénero literario onde o texto convértese a través da representación nunha busca da verdade, a través dunha confrontación de ideas, un conflito. Toda obra de teatro procura provocar un conflito ao público, unha forte controversia sobre a que o espectador vai ter que reflexionar. Os actores son os portadores dunha conduta do ser humano que é a que promove esa reflexión ese xuízo ao que o contempla.
AGASALLO DE SOMBRAS de Roberto Vidal Bolaño.
A obra que representan alumnos/as 1º de Bacharelato, quere render unha homenaxe conxunta a Rosalía no ano que se cumpren 150 anos da publicación dos Cantares gallegos, un 17 de maio de 1863, e por outra banda ao autor ao que se dedican o Día das Letras deste ano 2013, Roberto Vidal Bolaño.
Trátase dunha obra polémica deste controvertido autor que pretende dar unha nova visión sobre a figura de Rosalía rachando vellos moldes, tópicos rancios sobre a poeta. En palabras do propio Vidal Bolaño esta obra é unha ? celebración libre e non moi respectuosa arredor do tempo, a vida e a obra da poeta Dna. María Rita Rosalía Castro de Murguía, tamén coñecida como ? Santiña?, inspirada nunha idea roubada do Teatro de Máscaras de D. Ramón O tero Pedrayo e adobiada con ringorrangos doutras dúas catedrais do teatro imposible, o Fausto de Ghoete e ?As tentacións de San Antonio? de Gustave Flaubert, así como con parte da correspondencia persoal da poeta e de moito do que sobre ela levan dito algúns dos que a coñeceron e estudaron?. RVB persegue realmente unha visión actual do mito de Rosalía do que sabemos e do que quixeramos saber sobre ela.
1- Cal é o conflito ao que Roberto Vidal Bolaño nos quere levar nesta obra, Agasallo de Sombras?
2- Quen son os personaxes principais desta obra, terán algo que ver co tema que soa ao comezo e final da adaptación que se representou? Coñecías este poema, sabes como se titula?
3- A personaxe de Rosalía como aparece representada na escena en Agasallo de sombras?
4- Que cres que representa o personaxe de Aurelio Aguirre?
5- Na carta que escribe Rosa ao seu marido, que lle reprocha. Como se retrata a Manuel Murguía, o home de Rosalía, no conxunto da obra?
6- Como se reflicte na obra a personalidade proto-feminista de Rosalía?
7- Que querería dicir Rosalía na cabeceira da obra cando comenta: ?E pensar que aquela noite, todo era aínda posible??
A ÓPERA DE A PATACÓN, adaptación de Roberto Vidal Bolaño
1-Cal é o conflito, a reflexión central á que nos quere levar esta obra da Ópera de a patacón?
2-Un dos recursos esenciais desta obra é o continuo intento dos actores de que coa súa conduta quede en evidencia o dobre sentido, realizan afirmacións contundentes que teñen unha dobre interpretación ou ironía. Indica tres exemplos de ironías claras ou dobres sentidos que lembres da representación:
3- Os estudosos da obra de Roberto Vidal Bolaño din que é un autor que presenta con frecuencia os denominados personaxes da derrota, que son vítimas dun fracaso dunha sociedade en crise. Que personaxes desta obra que viches cres que responden a esta descrición?
4- O tipo de personaxes que aparecen axúdanos tamén a saber o subxénero teatral no que se encadra esta obra :
Traxedia: Obra na que os personaxes que interveñen acaban enfrontadas e na que a trama remata nun desenlace fatal.
Comedia: Caracterízase por manter un ton optimista, cun final feliz e sobre todo por ter elementos de humor ou de ironía
Farsa: Procura unha acumulación esquemática de situacións caricaturescas (personaxes tipo ou pouco definidos) ó redor dun enredo cotiá onde abondan enganos.
5- Cres que a situación que se presenta pode ter algo que ver coa sociedade na que vivimos? Razoa a resposta con argumentos que remitan á obra á que asistimos.