Mary Iglesias Schwarz vén de recibir o segundo Premio de poesía que convoca o Concello de Marín con motivo da celebración do Día das Letras Galegas do 2015 co poema Non o esquezo unha lembraza triste a unha vila suíza destruída pola guerra.
Tamén no Concurso do Ateneo Sta. Cecilia Marín Conta quedou finalista cun texto narrativo, neste caso, titulado Os camiños da avoa.
As lecturas destes textos se levarán a cabo o próximo 17 de maio no Museo Torres ás 12 horas e posteriormente,a organizada polo Ateneo, pouco despois na Alameda marinense. Esperemos que este recoñecemento a súa capacidade creativa sirva de alento para que siga escribindo no futuro e cultive e enriqueza coa súa produción o mundo das nosas letras.
Podedes ver unha reportaxe e algúns dos textos no blog da biblioteca
Hoxe recibimos na aula a Xosé Tomás un dos máis destacados ilustradores e creadores de banda deseñada do momento. O obxectivo non era pequeno: un achegamento ao mundo do mal chamado cómic. Tivemos a oportunidade de saber proque esta palabra, cómic, non é a que mellor define á banda deseñada. Soubemos da importancia dos silencias nas tiras deseñadas, da versatilidade das viñetas, do uso dos globos e deltas, da importancia dos planos, da conexión da banda deseñada co mundo cine, de como escoller e ou construír personaxes. fíxonos varias recomendacións, aconsellounos de xeito práctico con múltiples debuxos realizados en directo, animounos a debuxar e a ser quen de tentar coller o lapis e dar forma a unha idea calquera, viu e comentou numerosas viñetas feitas por nós... pero, sobre todo, aprendemos que nós temos un gran potencial creativo que explorar e compartir.
Graciñas Xosé Tomás por tanto en tan breve tempo!!
Si, tamén estivo na Biblioteca onde, ademais de deixar un pequeno agasallo para todos nós, amosounos como foi e cales foron as claves dun longo e traballoso proceso creativo dunha das súas últimas producións titulada NÓMADES. Podedes ver unha reportaxe do seu paso polo centro no blog da Biblioteca de Secundaria.
O Ateneo de Marín fai unha convocatoria na que pensamos participar. Trátase dun concurso de creación dun texto narrativo que debe acontecer en Marín. MARÍN CONTA: