 TIPOS DE TOPÓNIMOS
Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de:
Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín
Microtopónimos: Chan do Monte, A Suvidá, A Mouta…
Pero as tipoloxías máis usuais responden a:
A) Tipos de topónimos segundo o seu significado
B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe
POLO SEU SIGNIFICADO
A) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:
Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…)
Hidronimia ou hidrotopónimos: relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…)
Fitonimia ou fitotopónimos: relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…)
Zoonimia ou zootopónimos: relacionados con animais (O Cabalón, O Chirléu, O Formigoso, A Moscosa, Niñada, A Toupeira…)
Antrotopónimos (etnotopónimos): Derivados de nomes de persoas, xentilicios ( Ardán, Novexil, Omil, Pidre, Marín, Mimáns, O Rial…)
Haxiotopónimos: Relacionados coa relixión (San Xián, O Santo, As Cregas, Santomé…)
Outras categorías:
Situación e aspecto: Descrición do espazo (Asperela, Branco, Cabodavila, A Costa, Redondo…)
Agrícolas e servidume: Patrimonio, oficios e usos agrícolas ou poboacionais (Agrela, Batán, A Calzada, O Campo, A Corredoira, Currás, A Pastoriza, A Pesqueira…)
POLA SÚA ORIXE
B) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo á orixe ou etapa de nacemento, imos falar dos seguintes tipos de topónimos sen entrar a máis profundidades nesta tipoloxía realmente complexa e aberta a debates:
Topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe antes ou despois de Roma:
- PREROMANOS: Adoitan ser menos transparente o seu significado: Gagán, Mogor, Sar... son máis abundantes entre os orónimos ou hidrónimos.
- POSROMANOS: Son de significado máis evidente: Marín, Portocelo, O Peirao...
RECUPERANDO OS MICROTOpÖNIMOS DE MARÍN
Trátase dunha actividade para recuperar o maior número posible de microtopónimos de Marín.
1º Teremos que consultar nas nosas casas para que nos indiquen os nomes dos lugares máis próximos a nosa casa ou á residencia dalgún familiar (ou ambas cousas)
2º Localizar nun plano dun dos cadrantes do noso mapa blog sobre Toponimia de Marín os microtopónimos e escribilos con números ben visibles e logo engadir a listaxe colocando xunto a cada número o nome dos lugares recollidos.
3º Comezar a investigar sobre a orixe e significado dos topónimos recollidos. |