A lectura da 3ª avaliación é todo un clásico da literatura inglesa traducido ao galego. Trátase do famoso libro de Arthur Conan Doyle: O can dos Baskervile, a obra na que reaparece o famoso Sherlock Holmes tras un dos intentos do seu creador por facelo desaparecer para sempre.
Temos 30 días para a súa lectura e o día da proba de lectura haberá que presentar tamén as actividades sobre:
- Textos auxiliares.
- A análise literaria do texto.
A historia do lobishome máis coñecido dos moitos que contan os vellos...
Veñan novos e mais vellos
esta historia a escoitar
do máis grande criminal
que coñeceron os tempos.
O lobishome de Esgos
que en Allariz foi xulgado
polos nove asasinatos,
das irmás García Blanco,
Antonia en Rebordechao
E cinco infantes coitados
Manuel Blanco Romasanta,
tendeiro de profesión,
sen chisco de compasión
as súas vítimas mataba.
Dicíalles que as levaba
a servir a Santander
e que así poderían ter
unha vida regalada.
A San Mamede marchaban
e non se volvían ver.
Na aldea Castro de Laza
xa faltaba tanta xente
que comezou a dicirse
que era o Manuel que as mataba;
e o unto que lles quitaba
nas boticas foi vendido.
Ao asasino fuxido
apresárono en Toledo,
xa non meterá máis medo!
xulgaranse os seus delitos.
Axiña confesaría
que por culpa dunha fada
que o seu mal pai lle botara
en lobo se convertía.
E coas gadoupas abría
das vítimas as entrañas,
a súa carne devoraba,
e as roupas logo as vendía
dende Ourense ata Boticas
coa tenda que comerciaba.
Todo o mundo horrorizado
non dá creto ao que lle escoita,
non se fala doutra cousa,
grande sona toma o caso.
O Manuel foi indultado
de morte en garrote vil.
Preso en Ceuta o seu fin
morreu dun cancro terrible.
Deus castigou os ruíns crimes
do home lobo de Allariz.
Letra:
Felix e Castor Castro Vicente.
Sobre este lobishome fixéronse decenas de documentais e varias películas. Unha delas ROMASANTA, a caza da besta (2004):