|
|
|
poemas de Rosalía de Castro e Celso Emilio |
|
Es tempo de chorar
Hei de chorar sen bágoas duro pranto,
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite,
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras,
coma unha chuvia fría diante os ollos,
e teño que chorar na sombra fuxidía,
diste pútrido vento.
Que arromba a lealtá e pon cadeas,
no corazón dos homes xenerosos.
Pois que somente os ollos me deixaron,
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos,descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois o que chora vive,iremos indo;
indo,chorando,andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas,
para rubir ao cumio dos aldraxes.
e pois que cada tempo ten seu tempo,
iste e o tempo de chorar
Carla e Paula
Opinión:
lamento pola falta de liubertade
coa esperanza dun mundo novo
|
|
|
|
CELSO EMILIO FERREIRO |
|
ESPERANZA
Erguerémo-la esperanza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa.
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos.
María e Roberto
|
|
|
|
CELSO EMILIO FERREIRO |
|

ESPRANZA
Ergueremo-la espranza
sobre ista terra escura
coma quen ergue un facho
nunha noite sin lúa
Marcharemos cinguidos
polos duros segredos
dunha patria soñada
á que non voltaremos
Non sabrán o camiño
que pra entón colleremos.
Longos ríos de brétema,
longos mares de tempo.
Tripulantes insomnes,
na libertá creemos
Viva, viva, decimos
aos que están no destero
e soñan cun abrente
de bandeiras ao vento
Adictos da saudade
que levades a luz polos vieiros.
¡Saúde a todos,
compañeiros!
POEMA ELIXIDO POR DAVID E DAVID |
|
|
|
Celso Emilio Ferreiro - Libremente |
|
Libremente
Nós queríamos libremente
comer o pan de cada día. Libremente
mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
Libremente, libremente,
nós queríamos somente
ser libremente homes, ser estrelas,
ser faíscas da grande fogueira do mundo,
ser formigas, paxaros, miniños,
nesta arca de Noé na que bogamos.
Nós queríamos libremente surrir,
falarlle a Dios no vento que pasa
-no longo vento das chairas e dos bosques-
sin temor, sin negruras, sin cadeas,
sin pecado, libremente, libremente,
coma o aire do mencer e das escumas.
Coma o vento.
Mais iste noso amor difícil rompeuse
-vidro de soño fráxil-
nun rochedo de berros
e agora non somos máis que sombras.
Gonzalo Otero Graña e Daniel Pousada González
Tema:
ser libres sen impedimentos
|
|
|
|
poemas de ShEyL* |
|
eu vou poñer uns cantos poemas sobre Rosalía:
-----------------FOLLAS NOVAS--------------------
1
Daquelas que cantas ás pombas i ás flores
todos din que teñen alma de muller;
pois eu que non as canto, Virxe da Paloma,
¡Ai! ¿de que a teréi?
2
Ben sei que non hai nada
novo embaixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que hora eu penso.
E ben, ¿para qué escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repitamos
eternamente o mesmo.
Alex Pol Ruibal---SHEYL ONE---* |
|
|
|
POEMA DE CELSO EMILIO FERREIRO |
|
LONGA NOITE DE PEDRA
O teito é de pedra.
De pedra son os muros
i as tebras.
De pedra o chan
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.
caacaaaaaaaaaaaaaaa CARLOS VILLEGAS FERRADÁS |
|
|
|
quen poidera namorala |
|
no niño novo de vento
hai unha ponba dourada
quen poidera namorala
meu amigo!
canta ao luar e a ao mencer
en frauta de verde olivo
quen poidera namorala
meu amigo !
ten aers del frol recente
cousas de recen cosada
quen poidera namomala
meu amigo !
tamen ten sombra de sombra
i andar primeiro de río
quen poidera namomala
meu amigo !
SANDRA RIOBO HUDSON |
|
|
|
Celso E. Ferreiro. |
|
MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR.
Agora tomo o sol. Pero até agora
traballéi cincoena anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastéi o tempo co xornal dos sábados,
pasóu a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estóu vello.
Ben pensando o patrón todo me debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.
Mentras o tomo, espero.
Tema;
"Pasaron os mellores anos da súa vida e agora non ve o resultado porque o seu patrón está rico e el está vello e non ten nada.
Raquel Guerra Barreiro e Belén Santaclara Pousada. |
|
|
|
poema_celso emilio ferreiro |
|
LIBREMENTE
Nós queríamos libremente
comer o pan de cada día. Libremente
mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
Libremente, libremente,
nós queríamos somente
ser libremente homes, ser estrelas,
ser faíscas da grande fogueira do mundo,
ser formigas, paxaros, miniños,
nesta arca de Noé na que bogamos.
Nós queríamos libremente surrir,
falarlle a Dios no vento que pasa
-no longo vento das chairas e dos bosques-
sin temor, sin negruras, sin cadeas,
sin pecado, libremente, libremente,
coma o aire do mencer e das escumas.
Coma o vento.
Mais iste noso amor difícil rompeuse
-vidro de soño fráxil-
nun rochedo de berros
e agora non somos máis que sombras. |
|
|
|
longa noite de pedra |
|
O teito é de pedra
De pedrab son os muros
i as tebras.
i as reixas.
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra.
Os corazónsdos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra.
I eu,morrendo
nesta longa noite
de pedra.
TEMA:Trata da pedra que non a ledicia porque
TODO E DE PEDRA
SERGI0 RODRIGUEZ FAZANES |
|
|
|
|
|
|
|