Imos escoitar e aprender algo máis sobre os Cantares Gallegos de Rosalía.
Cal é o tema que dá cohesión ao libro?
A dignificación de Galicia, das súas xentes e da súa lingua. Por iso o canto á paisaxe galega é constante. Pero se o fío condutor do libro é esa autoestima da Terra, podemos aínda así, vela plasmada en tres temáticas:
- A dos amores,
- A dos costumes e tradicións,
- A da denuncia dos problemas dos galegos/as.
Inspirada nas coplas de tradición oral, Rosalía cédelle a voz a pobo galego, en cada poema canta un home ou unha muller, mesmo dialogan distintas persoas, galegos ou galegas de condición humilde.
Pero ademais debemos engadir un pequeno grupo de poemas nos que poderíamos dicir que quen canta é Rosalía.
Imos ver como se concretan estas temáticas con diversos poemas:
O poema máis coñecido: Adiós ríos, adiós fontes...
Tras escoitalo, fíxate nestas estrofas que coinciden coa metade do poema e que na versión cantada a terceira non aparece e é moi importante para enterder a intención co que Rosalía escribe este poema:
¡Adiós groria! ¡Adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños, 25
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
.........................................
Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, 30
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
1- A que temática cres que pertence? Por que?
2- Escoita agora este, a se sabe indicar a cal temáticas antes citadas pertence? Logo razóa a resposta:
3-Le as seguintes estrofas e despois responde en cal das temáticas o encadrarías?
-Cantan os galos pra o día;
érguete, meu ben, e vaite.
-¿Como me hei de ir, queridiña;
como me hei de ir e deixarte?
-Deses teus olliños negros
como doas relumbrantes,
hastra as nosas maus unidas
as bágoas ardentes caen.
¿Como me hei de ir si te quero?
¿Como me hei de ir e deixarte,
si ca lengua me desbotas
e co corazón me atraes?
4- Escoita ben estoutro poema e a ver se es quen de saber a cal das temáticas pertencería , argumentando a resposta.
5- Este será o último que escoitemos e intentemos asociar a unha das temáticas antes ditas. Fíxate ben, se cadra é o máis complicadao, por iso debes argumentar ben a resposta:
Imos celebrar axiña os 150 anos da publicación dun dos librso máis coñecidos da nosa literatura e que fixo Rosalía de Castro. Por iso imos ir aproximándonos ao seu mundo e aos seus poemas.
Botando man da rede, en primeiro lugar, e logo creando nós algo propio.
O pasado día 7 de febreiro tivemos un Encontro coa autora Ledicia Costas, que é coautora do libro Mortos de Ningures xunto con Pere Torabuela. Soubemso como xurdiu o proxecto e como foron traballando capítulo a capítulo a historia. Contounos como resolveron o misterio do sangue verde e como o país de Ningures ten un simbolismo que pode trasladarse a realidade na que vivimos (un mundo de "Todures". Moitos manifestámoslle que non estaría mal que houbese unha segunda parte na que de novo Nola, esa intrépida muller investigadora e nai de familia, volvese a resolver un caso tan difícil e que de novo puidésemos saber que era de Lolo, a súa peculiar mascota, ao que Ledicia respondeu sorprendéndonos cun segredo como é que xa está a piques de saír a segunda parte desta serie e que se vai desenvolver en Algures.
Ledicia tamén nos falou de como chegou a escribir, dos seus gustos literarios e do seu compromiso coa escrita en galego. Aínda que non nos recitou ningún poema, falou da súa poesía e de como compartía a súa faceta de narradora coa de recitadora e poetisa. Finalmente asinou os libros daqueles que lembramos traelo.
Se queredes ver unha reportaxe fotográfica, está colgada no blog da biblioteca
O próximo xoves imos poder falar coa autora do libro Mortos de Ningures. Aínda que se trata dun libro colectivonós falaremos cunha autora experimentada da literatura galega actual. Trátase de Ledicia Costas da que nos interesa coñecer a súa traxectoria, que outro slibros escribiu e as súas inquedanzas como autora. Para isto último podemos botar man do seu blog: son da brea muiñeira.
Pola nosa conta estamos preparando unha visita imaxinaria aos escenarios da súa novela: Ningures, Todures e Algures.
Este curso unha parte da clase de 1º ESO B participou activamente da Xornada escolar pola Paz. Foi no salón de actos e diante de todos os compañeiros/as de Secundario do centro. Recitamos de novo " Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro esta vez acompañado dunha presentación con imaxes relacionadas co texto. Na foto unha parte das que o recitaron.