Lembrade... comezabamos o curso preguntándonos se vivíamos como galegos. Por iso decidimos tomarnos tempo e, ao longo do curso, día a día, ir sabendo máis e máis de como somos os galegos, que significa ser galego. Agora chega o Nadal e xa empezan a bombardeanos coa publicidade como todos os anos:
E entre anuncios que reclaman a nosa atención debemos saber acheguegarmos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas, comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente:
Este é o texto do nadal tradicional:
Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.
San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?
Un ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro con danzas de Reis coma estas:
Os rapaces e rapazas de 1º da ESO estivemos na Biblioteca recitando un poema, recitamos o poema "Irmaus". Trátase dun poema de Celso Emilio Ferreiro que hoxe día 12 do mes 12 do 2012, ano no que se celebra o seu centenario, imos lembralo a través deste vídeo:
e logo de escoitar varias versións cantadas de poemas do autor vimos un documental: