No Mes de Defuntos procuraremos aprender algo que nos caracteriza como galegos que é a nosa especial relación coa morte. Será porque vivimosno Cabo do mundo?
Imos comezar analizando unha curiosa peregrinación que debemos realizar todos, ben de vivos ou ben de mortos. Di o refrán: "a Santo André de Teixido, vai de morto quen non foi de vivo". Por iso comezamos por analizar este curioso documental que ademais de localizar este santuario na Costa da Serra da Capelada, perto de Fisterra. Logo conta a lenda de Santo André e como hai tradición de que vaian en peregrinación vivos e mortos a aquel lugar. Os mortos necesariamente por seren romeiros do Alén( precisan mesmo a axuda de familiares vivos para atoparen o camiño cara esa illa do Alén cara a que se dirixen unha vez chegados a Teixido de aí os amilladoiros de pedras). Os vivos por ofrecemento ou promesa para sandar algún mal para o que moitos acoden co ataúde.
Pero un lugar máxico tamén presenta rituais que teñen que ver coa vida como o asociado á fonte dos tres canos ou a herba de namorar ou o xunco do bon parir.
No santuario, un dos máis visitados de Galicia, véndense tamén un amuleto-recordo que é pan de Santo André.
Imos pois despois de ver o vídeo responder as seguintes cuestións:
- Que significa a expresión romeiros do Alén?
- De que se queixaba Santo André a Xesucristo ao se instalar o seu santuario neste lugar de Teixido? Que lle contesta Cristo?
-Como pode ir un morto que non foi de vivo a Santo André ou a calquera outra romaría ao que estaba ofrecido? Que significa "petar no sartego"?
- Por que motivos acoden ao santuario os vivos?
- Define os seguintes conceptos: Romaría, Alén, ofrecemento, "herba de namorar", amilladoiros, "xunco do bon parir", procura tamén dous sinónimos de ataúde:...
Debemos reparar que as 8 linguas que se falan na península, hai Comunidades Autónomas que non recoñecen como oficial ditas linguas.
Namentres que o castelán é a lingua oficial do Estado Español o galego é cooficial en Galicia, goza dun certo recoñecemento en Castela e León, pero Asturias e Estremadura nin o nomean nos seus respectivos estatutos e os seus falantes nestes territorios están totalmente desprotexidos.
O catalán é cooficial en Cataluña, esta comunidade recoñece comno cooficial tamén o aranés, lingua que se fala tamén en Francia e que alí non está recoñecida. Nas Illas Baleares e na Comunidade valenciá tamén é oficial o catalán, aínda que nesta última recibe o nome de valenciá. Mais o catalán que se fala en Murcia non está recoñecido, como tampouco o que se fala na zona sur de Francia denominada o Rosellón.
O éuscaro é cooficial en Euskadi e en Navarra, pero nas zobnas de Francia onde se fala non está recoñecida esta lingua que é a máis antiga das faladas na península ao non pertencer á familia indoeuropea, como as demais.
O portugués é oficial en Portugal, pero nas zonas de Salamanca, Cáceres ou Badaxoz onde se fala non está recoñecido. Pola contra o estado portugués recoñece o mirandés (unha lingua astur-leonesa) no territorio onde se fala, por iso é curioso que o astur-leonés non estea recoñecido como cooficial nin en Asturias nin en Castela e León.
O aragonés tampouco está recoñecido na súa comunidade e é unha lingua que está nun grave perigo de desaparición pola perda de falantes.
Debemos falar de dúas linguas máis que se sitúan realmente fóra da península, pero nas comunidades norteafricanas de Ceuta e Melilla. Neste territorio hai un importante número de falantes de árabe e de tamazig que son idiomas non recoñecidos polas autoridades destas cidades.
Como podemos apreciar danse situacións ben distintas dependendo do recoñecemento das linguas por parte dos gobernantes que administran estes territorios. Hai estados máis sensibles coa súa protección e outros menos, asi como hai linguas que se respectan plenamente e outras que son atendidas de maneira diferente.
A mal chamada Santa Compaña pasa por ser un dos máis estendidos exemplos da nosa mitoloxía relacionada coa morte. Esta procesión de mortos onde hai un vivo e pode ser aviso da morte ten un fondo arraigo entre os galegos como podemos comprobar no seguinte vídeo:
No tocante ao LÉXICO DE DEFUNTOS imos enumerar aquí os que vimos usando ao longo deste mes que comeza co día 1 de Todos os Santos e 2, o dos Defuntos o día dos magostos que pola zona adoita coincidir co 11 día de San Martiño e remata co 30, día de Santo André, que tamén dixemos que ten unha íntima relación cos camiños dos mortos cara o Alén:
MES DE DEFUNTOS (Léxico da morte)
Mes de Santos ou Defuntos ou San Martiño
Outono (auctum + annum ?ano medrado, maduro?)
Día de Todos os Santos 1 de novembro.
Día de Defuntos 2 de novembro.
Día de San Martiño 11 de novembro. ? polo san Martiño...trompos ao camiño?
Día de Santo André 30 de novembro.
Festa do Samaín, 1 de novembro
Caveira (cráneo) / cabaza (calacú)
Candea, vela, cirio
Medo, susto , arrepío, calafrío.
Morrer, finar, falecer
Defunto, morto, finado e cadáver ( carne + dada + aos vermes)
Mortalla
Sudario
Enterro
Caixa, ataúde, féretro, cadaleito
Tumba, cova, terra
Inhumar (ósos) / incinerar (cinzas)
Esqueleto / corpo
Lápida,epitafio
tanatorio
velorio
Cemiterio, camposanto
Ánima, alma, espírito, pantasma
Morte Moura, Morte Branca
Agoiros ou avisos de Morte
Paxaro da Morte, avelaiona (corvo, pega, moucho, curuxa...cabra do aire)
avelaiñas (bolboretas da noite brancas e negras)
A Compaña, Estadea (cruz) procesión, acompañamento
Igrexa, parroquia, adro
Ánima en pena, peto de ánimas e cruceiros
Circo ou círculo no chan
Purgatorio
Magosto
As castañas símbolo dos ánimas
campá
Asombramento nos castiñeiros
Urco
Peregrina
Afogada
Bergantín pantasma
O barqueiro e o Río do Esquecemento.
Deceso, óbito, .... necrolóxica
Funeral, fúnebre ?funus?
Rito/ culto aos mortos
Santuario ofrecidos romaría
Morte, pasamento (pasar) soño eterno
Camiño dos mortos, Santiago, Teixido...
Galicia País dos mortos
Cidades asolagadas en lagoas.
Inferno, Averno, mundo dos mortos
Ruín Hábito (rachar o hábito)
Lume, lapas, laparadas
Illa dos mortos, illa do Alén
Alén: Máis Alá, Outro Mundo
Como complemento a unha das preguntas do libro sobre as linguas románicas indicamos algúns datos de interese a continuación:
LINGUA: Galego.
ONDE SE FALA?: Galicia,
zona occidental de León e de Zamora,
concellos limítrofes co Principado de
Asturias, no val do Ellas (Estremadura).
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 3 millóns.
LINGUA OFICIAL: si, en Galicia. TEXTO:
Todos os seres humanos nacen libres e
iguais en dignidade e en dereitos...
LINGUA: Portugués.
ONDE SE FALA?:
Portugal, Brasil, Angola, Mozam bique,
Cabo Verde, Santo Tomé, Príncipe,
Timor Oriental, Macao, zonas da India.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 200 millóns.
LINGUA OFICIAL: si, en Portugal,
Brasil, Angola, Cabo Verde, Guinea
Bissau, Guinea Ecuatorial,
Mozambique, Santo Tomé, Príncipe,
Timor oriental e Macau. TEXTO: Todos os
seres humanos nascem livres e iguais
em dignidade e em direitos...
LINGUA:Ástur-leonés.
ONDE SE FALA?: Asturias,
León, Zamora, Tras os Montes e Alto
Douro (Portugal, onde é denominado
mirandés). NÚMERO DE FALANTES: asturiano
uns 550000, leonés 175000 e mirandés
(dialecto do norte de Portugal)
15000. LINGUA OFICIAL: non. TEXTO: Tolos
seres humanos nacen llibres y iguales en
dignidá y drechos...
LINGUA: Castelán:
ONDE SE FALA?: Andorra, Arxentina,
Belice, Bolivia, Chile, Colombia, Costa
Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador,
España, Guate mala, Guinea Ecuatorial,
Honduras, México, Nicaragua, Panamá,
Paraguai, Perú, Porto Rico, República
Dominicana, Uruguai, Venezuela,
Canadá, Estados Unidos, Filipinas ,
Xibraltar, Marrocos, Sahara Occidental.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: entre
450 e 500 millóns de persoas. LINGUA
OFICIAL: si, en España, México,
Colombia, Arxentina, Venezue la, Perú,
Chile, Ecuador, Guatemala, Cuba,
República Dominicana, Honduras,
Bolivia, El Salvador, Nicaragua, Para -
guai, Costa Rica, Uruguai, Panamá,
Guinea Ecua torial... TEXTO: Todos los seres
humanos nacen libres e iguales en
dignidad y derechos...
LINGUA: Aragonés:
ONDE SE FALA?: Aragón, no norte de
Comunidade Autónoma, nas comarcas
de Jacetania, Alto Gállego, Sobarbe e
na parte occidental de Ribagorza.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 12 000
persoas. LINGUA OFICIAL: non. TEXTO: Toz
os sers umanos naixen libres e iguals en
dignidá e dreitos...
LINGUA: Catalán:
ONDE SE FALA?:Cataluña, Comunidade Valenciana,
Illas Baleares, franxa oriental de Aragón,
Rexión de Murcia, O Rosellón (Francia)
Andorra e Alguer (Italia). NÚMERO APROXIMADO
DE FALANTES: 7,7 millóns. LINGUA OFICIAL:
si, en Andorra, Cataluña, Comu ni -
dade Valenciana e Illas Baleares. TEXTO:
Tots els éssers humans neixen lliures i
iguals en dignitat i en drets...
LINGUA:Occitano (ou provenzal):
ONDE SE FALA?:
Francia, ao sur do río Loira, en Italia nos
Vales Occitanos dos Alpes, e en
España, no val de Arán. NÚMERO APROXIMADO
DE FALANTES: 2 millóns. LINGUA OFICIAL:
si, pero únicamente no val de Arán,
xunto co catalán e o castelán. TEXTO:
Totes los èssers umans naisson liures e
egals en dignitat e en dreches...
LINGUA:Francés:
ONDE SE FALA?: Alxeria,
Bélxica, Benin, Burkina Faso, Burundi,
Camboxa, Camerún, Canadá, Chad,
Costa do Marfil, Estados Unidos,
Francia, Gabón, Guinea, Haití, Illas
Comoras, Italia, Líbano, Luxem burgo,
Madagascar, Malí, Marrocos, Mauri -
tania, Mónaco, Níxer, Suíza, República
Centroafricana, República Democrática
do Congo, República do Congo,
Ruanda, Senegal, Togo, Tunisia,
Vamatu, Xibutí. NÚMERO APROXIMADO DE
FALANTES: 500 millóns de persoas. LINGUA
OFICIAL: si, en Benin, Burkina Faso,
Burundi, Camerún, Chad, Costa de
Marfil, Gabón, Guinea, Guinea Ecua -
torial, Comoras, Malí, Madagascar,
Mauritania, Mauricio, Níxer, República
Centroafricana, República Democrática
do Congo, República do Congo,
Ruanda, Senegal, Seicheles, Togo,
Djibutí, Canadá, Haití, Bélxica, Francia,
Italia, Luxemburgo, Mónaco, Suíza...
TEXTO: Tous les êtres humains naissent
libres et égaux en dignité et en droits...
LINGUA: Retorrománico:
ONDE SE FALA?:Suíza, cantón dos Grisóns, Austria e Italia. NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES:35000. LINGUA OFICIAL: si, en Suíza.
TEXTO: Tuots umans naschan libers ed
eguals in dignità e drets...
LINGUA:Italiano:
ONDE SE FALA?: Italia, Suíza, San
Marino, Cidade do Vaticano, Malta,
Croacia, Eslovenia e Eritrea, e tamén
nun amplo número de países onde a comunidade
de italianos é moi importante.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 61 millóns. LINGUA OFICIAL: si, en Italia, Suíza,
San Marino, Cidade do Vaticano,
Croacia (só en Istria), Eslovenia (Koper,
Izola, Pirán). Brasil (cidades de Santa
Teresa e Vila Velha). TEXTO: Tutti gli esseri
umani nascono liberi ed eguali in dignità
e diritti...
LINGUA: Corso:
ONDE SE FALA?: en Córsega. NÚMERO APROXIMADO
DE FALANTES: 200 000. LINGUA OFICIAL:
non. TEXTO: Nascinu tutti l'omi libari è
pari di dignità è di diritti...
LINGUA:Sardo:
ONDE SE FALA?: Sardeña, Italia.
NÚMERO APROXIMADO DE FALANTES: 2 millóns.
LINGUA OFICIAL: si, é cooficial nesta
illa italiana. TEXTO: Totu sos èsseres
umanos naschint lìberos e eguales in
dinnidade e in deretos...
LINGUA:Romanés:
ONDE SE FALA?: Romanía,
Moldavia, Serbia, tamén en zonas de
Hungría e da Ucraína. NÚMERO APROXIMADO
DE FALANTES: 28 millóns. LINGUA OFICIAL:
si, en Romanía, Moldavia e Serbia.
TEXTO: Toate fiin ele umane se nasc libere
i egale în demnitate i în drepturi...