O país da Mourindade, é o pais da vella Gallaecia que estaba habitado por mouros e mouras que hoxe están enfeitizados e viven debaixo de castros, penedos e castelos (ou debaixo da auga das lagoas) tras ser derrotados por Carlomagno e os seus exércitos.
Os mouros déixanse ver por aqueles que eles queren e poden facer tratos cos humanos. O trato debe ser segredo, non se pode contar porque se non os tesouros prometidos en lugar de ouro convértense en carbón ou en cagallas.
As mouras, peiteándose a carón dunha fonte ou dunha cova tamén gardan tesouros e están encantadas polo que, quen as desencante debe ter o valor de bicar a unha cobra para a librar do encantamento, ademais, como non, de gardar o segredo do trato. As vinganzas polos incumprimentos son perigosas e temidas entre as xentes do común.
Poderás facer multitude de exercicios para aprender a usalos ben, despois de entender como se colocan, só coa práctica poderás chegar a mellorar a túa competencia lingüística.