|
|
|
ENCONTRO DE 1º ESO B CON ELENA GALLEGO |
|
Hoxe estivo con nós Elena Gallego despois de ler e traballar sobre o seu libro Dragal, a herdanza do dragón. Soubemos unha morea de detalles desta saga que creo a autora para facer evidente que desde Marín se pode escribir e chegar a editar unha novela como esta. demostranos que é posible unha novela de fantasía e aventuras orixinal que fuxa dos lugares comúns doutras sagas máxicas e procure a base da súa trama nas lendas e na historia propias, da nosa Terra.
Os dragóns son seres máxicos presentes en muitas culturas, tamén na nosa. Elana Gallego demostrounos como partindo das nosas lendas podemos crear unha troloxía como a de Dragal. A primeira entrega foi editada cando xa tiña escrita a segunda, e xa está ultimando a terceira da saga que sairá á luz na próxima primavera posiblemente. Daquela volveremos invitaremos de novo a autora a compartir unha xornada con nós. Se queredes ver máis fotos do Encontro podedes ver unha reportaxe fotográfica no blog da Biblioteca de Secundaria. Por certo o noso compañeiro Jesús, que sentou na mesa preparoulle unha sorpresa que autora agradeceu moito e que podedes ver na reportaxe antes citada. |
|
|
|
OS POBOS MÁIS ANTIGOS DE GALICIA, Tribos de SAEFES |
|
Le atentamente este texto en latín e a súa tradución:
Ophiussa... primo Oestrymnis,
locos et arua Oestrymnicis habitantibus;
post multa serpens effugauit incolas,
uacuamque glaebam nominis fecit sui.
"Ofiusa... foi chamada, ao principio, Estrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome."
Cempsi atque Saefes arduos collis habent
Ophiussae in agro. Propter hos pernix Lucis
Draganumque proles sub niuoso maxime
Septentrione conlocauerant laurem.
"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves".
Ora Maritima, Avieno
Avieno neste texto do século IV d.C. conta que os habitantes máis antigos de Galicia chamados Oestrimnios foron atacados o pobo dos Saefes (serpes ou dragóns) que algúns historiadores identifican coas tribos celtas que conforman a Cultura dos Castros. Poucos vestixios deixaron debido a posterior Romanización que trouxo outros costumes, crenzas e formas de vivir e organizarense a sociedade. Pero nas lendas como a do Santo Hadrián atopamos a un dos primeiros santos nestas terras acabando coas serpes das Illas Sisargas.
Non esquezamos que Ofiusa é o nome que recibe este territorio e que significa "pobo de serpes", os ofidios son a especie destes réptis, "ofis" é a palabra grega da que provén este nome.
Tamén os arqueólogos e especialistas na Cultura Castrexa chaman a nosa atención sobre a aparición de serpes esculpidas en pedra en distintos castros como o de Troña (Ponteareas) acompañados de lendas que se conservaron por tradición oral. Na ilustración a famosa Pedra da Serpe de Gondomil (Ponteceso), unha das máis coñecidas representacións de serpes-dragóns de orixe incerta e que posteriormente foi cristianizado como pode apreciarse pola cruz. |
|
|
|
|