narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

REFRANEIRO (2)

A abella e a ovella en abril deixan a pelexa.
A abellariza e o coello, no monte vello.
A cera sobexa queima a igrexa. (Sobexo: demasiado, excesivo)
A chuvia no mes de agosto non é chuvia, que é mel e mosto.
A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.
A quen Dios quer ben, caille a sopa no mel.
A quen se fai de mel, cómeno as moscas.
Abella e ovella, e pedra que trebella.
Abellas revoltas, tempestades ás voltas.
Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
Ano de abellas, ano de ovellas.
Ano de ovellas, ano de abellas.
As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva. (A Madalena, o 22 de xullo)
As moscas no verau comen o mel e comen o gando.
Ás solteiras mel, ás casadas fel.
Ata despois da vendimia non cáte-la entena.
Ata lavar os galleiros non cáte-lo teu abelleiro.
Ata pasada a vendimia non digas: ?¡Eite a mel miña!?.
Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.
Cando chove en agosto, chove mel e mosto.
Cando chove por agosto, chove mel e mosto.
Cando é moita a cera na igrexa está o abade de festa.
De Dios vén o ben e das abellas o mel.
Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.
En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas.
En agosto chove mel e mosto.
En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.
En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.
Máis moscas se pillan con mel ca con fel.
Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
Marzo marzán, cara de can; a mediodía enzamea a colmea e a noite morre a abella.
Marzo, marzán, pola maña cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
Miguel, Miguel, non tes abellas e mais vendes mel.
Moscas comen a mel i o gando.
Non está feito o mel prá boca do burro.
Non hai máis cera cá que arde.
Non se fixo o mel pró fuciño do porco.
Non sea tanta a cera que prenda lume.
Ó que ha de morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
O que mata unha abella, ten cen anos de pena (pero o que mate un abellón ten cen anos de perdón).
O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muiño onde moer.
Ó que se fai mel cómeno as moscas.
O viño con mel sabe mal e fai ben.
Ofrece-lo pez, que a cera vai cara.
Os recíos de agosto son mel e mosto.
Ovella e abella, e pedra que trebella, e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella.
Ovella vella, enxamio probe, no maio morre.
Ovella, abella, pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.
Ovella, abella, pedra que trebella, partes na igrexa e péndola tras da orella, deseaba para o seu fillo a vella.
Ovellas e abellas nas túas devesas e non nas alleas.
Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.
Polo san Miguel sabe o touciño a mel.
Prá boca do burro non se fixo o mel.
Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
Quen todo é mel, cómeno as abellas.
San Pedro por unha abella matounas todas.
Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa.
Se queres mel, por San Miguel.
Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san Miguel. (As Candeas ou a Candelaria é o 2 de febreiro; e san Miguel, o 29 de setembro)
Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel.
Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra (a vela fai referencia ós cirios que se poñen rodeando ó cadaleito)
Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abilleiro, ¿a quen acodirías primeiro?
Todos ó mel e todos ó fel. (é dicir, hai que andar ás duras e ás maduras)
Unha mala abella revolve un cobo.
Unha mala abella revolve unha colmea.
Unha mestra pra moitas abellas e un pastor pra moitas ovellas.
Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
Vinagre e mel saben mal e fan ben.


VIQUEIRA MOREIRA, Manuel
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0