narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

OS MAIOS!

É unha festa antropolóxica galega. Para facer propicios os espíritos que a superstición supoñía na Natureza(montañas, ríos, plantas,clima, etc), certos pobos recurriron a unha seriede actos e ceremonias relixiosas e máxicas, creando un verdadeiro ritual propiciatorio que constitúe undos capítulos máis interesante da historia das crenzas populares. Especialmente as agrupacións agrícolas e sedentaria, nas que a vidadependía por completo das boas colleitas e da ordenada reprodución dos fenómenos naturais, estableceronnos momentos críticos da vida vexetal(semente, floración e recolleita) un ritual máis ou menos complicado coa finalidade primordial de festexar a morte do inverno e a chegada da primavera, así como de propiciar as boas colleitas, alonxando das terras todo tipo de axentes que puideran danalas, tales como fenómenos meteorolóxicos adversos, pragas de animais, seres maléficos(meigas), etc.

No Concilio de Elvira celebrado ó redor do ano 300 condenouse o feito de solicitar ós sacerdotes xaculatorias a finais do mes de abril co afín de alonxar das colleitas os raios, o granizo, etc. No Concilio de Braga do ano 570 prohibiuse colocar ramos nas portas das casas. O Concilio de Lugo, celebrado no século VIII, prohibiu todo este tipo de manifestacións populares consideradas como contrarias o cristianismo. No século XVIII o cabildo compostelán acorda prohibi-la entrada á catedral ós maios co pretexto de que as súas cancións e danzas eran indecentes. En épocas posteriores a maioría dos gobernantes mantiveron e reforzaron estas prohibicións, provocando que os habituais maios viñeran a menos e se converteran nun xogo de nenos, que xa pouco tiñan que ver cos antigos rituais; pero nunca conseguiron erradicalos completamente.


A continuación describo as principais manifestacións que se fan ou fixeron en Galicia, encamiñadas na súa maioría a conseguir abundantes froitos e a festexar a chegada do bo tempo, a pesar de que hoxe en día moitas delas xa non teñan o seu primitivo significado.
Alumea-lo pan: Non se dá en toda Galicia, se ben noutros tempos a súa área de dispersión debeu de ser moito máis grande. Actualmente mantense nas ribeiras próximas a desembocadura do Ulla, rías de Noia e Muros, comarcas de Amaía e Barbanza, e algúns lugares dos municipios de Cuntis, Caldas de Reis e Vilanova de Arousa.
A medianoite do 30 de abril (noite de Walpurgis), mulleres, homes e nenos saían das súas casas e adicábanse a percorrer os campos encendendo fogueiras neles, á vez que lanzaban conxuros referidos á colleita que esperaban.
Bendeci-los campos: En moitas comarcas galegas, en particular as próximas a Santiago de Compostela é costume cravar nos campos sementados un ramo de laurel ou olivo bendito o Domingo de Ramos.
Nalgunhas zonas en vez de crava-los ramos benditos o que fan é bendeci-la semente antes de plantala.


Maios do Sur de Galicia: Son os máis coñecidos. Son famosos os de Pontevedra e os de Ourense, pero tamén saen en Marín, Vilagarcía de Arousa, Redondela, Caldas de Reis, Allaríz, Valdeorras e Verín.
Pontevedra: A estrutura, de forma cónica, está feita con varas e bimbia, recuberta con fiuncho, edras, espadañas, etc... e adornándose con flores, naranxas, bandeirolas de papel, cáscara de ovo, etc... O cerimonial incluía o roubo, máis ou menos encuberto, dos elementos necesarios para a construción do maio. O neno que fai as veces de solista acóchase dentro do maio, mentres os demais compoñentes do grupo dan voltas calados o seu redor. Cando o solista cala os que están xirando repiten a misma estrofa dando golpes no chan con fungueiros. As letras das coplas maioritariamente soen ser de tono crítico, burlón ou satírico
Ourense: Os maios de Ourense diferéncianse dos de Pontevedra principalmente polos materiais e pola forma, pois ainda que se dá algún piramidal ou cónico, os mais abundantes son os de forma caprichosa: potes, horreos, cruceiros, cruces, etc... Outra característica que os diferencia e que os nenos que fan de coro non dan voltas golpeando con paus, sinon collidos da man.


MARTÍNEZ LOVEIRA, Gabriel
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0