narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O ENTROIDO E O LOBO NA TRADICIÓN ORAL (I)

Febreiro é un bo momento para falar dos lobos por que? Galicia, como xa sabedes, é o país das marabillas entre outras cousas por ter un dos 10 entroidos do mundo máis orixinais. Agora que comezamos xa o mes de febreiro imos saber máis cousas deste ciclo que denominamos de Entroido.

NA CANDELORIA MEDIO INVERNO VAI FÓRA
Comeza o mes coa CANDELOIRA, o día 2 de febreiro que é o día que casan os paxaros. Cando xa se sabe que os días vese que medraron e se achega o Entroido ou talvez xa comezara ao rematar o ciclo das trece lúas en xaneiro...

O ENTROIDO E O LOBO
Entroido é o tempo de preparación para a primavera, a época posterior a da fecundidade, no que hai que facilitar a entrada da primavera e o tempo da calor que se está achegando. Nestes días a Natureza, as plantas e animais, mesmo os homes andan cos preparativos previos ao agromar dos vexetais, á floración, ás crianzas de todo tipo de bechos grandes e pequenos, tamén das colleitas que logo virán.
Entón o Entroido é un ritual moi antigo dos seres humanos do mundo enteiro para que evitar todo o que impida o triunfo posterior da primavera. En Europa había un animal que temían especialmente homes e mulleres e que procuraban manter afastado dos seus rabaños especialmente nestes tempos de frío.
Antigamente sabemos que os romanos festexaban neste mes unha festa onde os lobos e a fecundidade estaban ligadas a un ritual moi curioso: As Lupercais.

AS LUPERCAIS ROMANAS E O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO
Hoxe descubriremos como as Lupercais que celebraban os romanos ao deus da fertilidade pode coincidir nas súas raíces co tradicional entroido de Galicia. Os romanos na antigüidade eran un pobo de pastores que temían ao lobo e de feito tiñan un deus denominado Luperco da fertilidade e dos rabaños, ao cal rendían culto no mes de febreiro dun xeito moi semellante ao que se segue a celebrar nalgunhas das zonas onde mellor se conserva o entroido propio de Galicia. Falamos dos peliqueiros de Laza ou dos cigarróns de Verín (na zona oriental e montañosa de Galicia) que saen ás rúas cunhas máscaras moi particulares nas que debe haber unha fera pintada (un lobo habitualmente como animal totémico moi temido). Estas máscaras perseguen aos viandantes fustigándoos e danlles cos látegos mentres fan soar as chocas profusamente.

Este parecido indica que este tipo de ritual estaba estendido por toda Europa entre os pobos pastores, lembrade que Galicia, unha terra de montes, ten aínda hoxe unha actividae pastoril moi notable.

PELIQUEIROS EN ACCIÓN





O CALENDARIO DE ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO
Domingo fareleiro
Domingo oleiro
Xoves de compadres
Domingo corredoiro
Xoves de comadres
Domingo de entroido
Luns de entroido
Martes de entroido
Mércores de cinza:Enterro da sardiña
Domingo de piñata.

A DIVERSIDADE DO ENTROIDO GALEGO

Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 08-02-2023 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0