A primeira referencia que temos de que se achega un ciclo novo, o do Nadal hoxe recibímola a través da publicidade na TV:
Todo isto de seren galegxs mola, iso de de estar orgullosos do noso está moi ben, pero imos máis alá mergullemos nas raíces do Nadal en Galicia.
O CICLO AGRARIO DO SOLSTICIO DE INVERNO
O ciclo do ano do Sol e da Lúa dende moi antigo foron marcas para organizar os traballos do campo en toda Europa. Os romanos por exemplo celebraban por estas datas da entrada do inverno e de falta de luz, o Sol Invictus
A nosa tradición oral conserva fórmulas propias de Galicia coas que se entra neste ciclo de Nadal ou do Solsticio de Inverno que podemos denominar das trece lúas.
Estamos a poucos días de que dea comezo o ciclo das trece lúas que van do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro, trece noites máxicas e moi longas para rematar o ano e convivir con figuras tan curiosas como o noso Apalpador.
Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:
Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:
Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.
San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?
O Cristianismo cando se oficializou a relixión por parte do Imperio Romano fixo coincidir a festa do Solsticio coa chegada ao mundo do Neno Xesús simbolizando a luz e a vida, os mesmos atributos que tiña o Sol Invictus.
O APALPADOR
Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador:
O ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:
1- Por que se chama a este ciclo Nadal, que significa esta palabra?
2- Investiga e explica coas túas palabras a razón de chamarlle tamén das trece lúas.
3- Que personaxes aparecen na panxoliña tradicional? Que intención ou conclusión podemos deducir das palabras finais do vilancico?
4- En que consiste o costume do Apalpador? Como o describirías?
Rematamos cunha mensaxe do Apalpador e logo a súa canción: