narciblog



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CONTOS E CANTOS DE MARÍN
Disque contan os nosos avós que na praia de Mogor hai unha serea (non unha sirena que iso é unha bucina) falamos dun ser máxico co corpo dunha muller, pero con cola de peixe que seica canta moi ben. E un deses avós de Mogor tamén contou que nunha cova da illa agochábase un tesouro dos mouros, disque esa é a Illa de Ons, pero que nos saibamos nesta illa polo menos hai unha cova da moura no Castro e outra furna ou buraco chamado do Inferno:
"Hai un buraco que se tiras unha pedra óese como se estiveras cortando unha árbore. Por terra non se pode ir pero por mar sí, e cando a marea está chea mírase a auga desde enriba?... ?En días de temporal óense berros e salaios das almas que ten atrapadas o diaño?... ?Un soldado ao achegarse sentiu como se o estiveran empuxando para que caíra e así pasou. Foron varias as expedicións a dentro del, pero non o atoparon. Sospeitase que o soldado estea nun asento de pedra?...

Subamos nun barco con dous do continente a ver que nos contan alí:



E logo xa de volta, como empezabos falando dos cantos das sereas, nunha taberna mariñeira escoitamos un canto mariñeiro que fala de Marín.

En Marín tamén é terra de cantos, consérvanse cantos populares. Podes coñecer a historia dunha cantiga emblemática de Marín no vídeo do seguinte enlace a historia da cantiga do rodaballo:

Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 11-06-2020 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0