Imos facer un repaso polos nomes da casa por fóra e por dentro. Comezamos logo por un gráfico sinxelo a aprender:
CASA POR DENTRO (Primeira ilustración)
1-soto
2-salón
3-faiado
4-cociña
5-andar
6-cuarto/dormitorio
7-cuarto de baño
8-escaleira
9-cuarto/ dormitorio principal
10-vestíbulo
CASA RURAL POR DENTRO E POR FÓRA
1-cheminea
2-tellado
3-bufarda
4-solaina
5-corte
6-invernadoiro
7-hórreo
8-horta
9-pombal
10-peche
11-cancela
12-adega
13-cataventos
14-canceira
15-eira
16-sebe
17-alpendre/alboio
18-lareira
19-beiril (da cuberta)
Aquí deixamos un enlace por se queres seguir xogando coas palabras. |